Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Dirección: Coirós de Arriba, 16 CP: 15316 Concello: Coirós, A Coruña Teléfono: 981 79 64 14 CONCELLO DE COIRÓS CERTIFICACIÓN María Cristina Varela García, secretaria-interventora do Concello de Coirós, CERTIFICO: Que o día 30-09-2026 ditouse a Resolución de Alcaldía/Presidencia 319/2026 cuxo contido deseguido transcribo: “RESOLUCIÓN ASUNTO: Aprobación prego de prescricións técnicas, prego de cláusulas administrativas e expediente para a contratación da subministración de maquinaria para prevención de incendios forestais. PR486F EXPEDIENTE: 2026/C005/000001 ANTECEDENTES: Consta providencia da Alcaldía asinada en data 30/09/2026, polo que se inicia o expediente de contratación da subministración en cuestión. Preténdese utilizar o procedemento aberto simplificado. Consta proposta de prego de prescricións técnicas emitido pola arquitecta municipal en data 29/09/2026 e prego de cláusulas administrativas asinado pola secretaria-interventora en data 30/09/2026. Consta memoria xustificativa asinada pola Alcaldía en data 30/09/2026, respecto da definición do obxecto do contrato, división en lotes, prezo, elección do procedemento, duración, criterios de adxudicación e condicións especiais de execución. Tendo en conta a natureza das actuacións, estamos ante un contrato administrativo de subministración regulado no art. 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro de contratos do sector público ( en diante LCSP), cuxa necesidade, de acordo co art. 28 da LCSP ven xustificada polas competencias en materia de protección do medio ambiente e do espazo natural dentro das competencias que o art. 25.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, modificada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de Racionalización e Sostenibilidade da Administración Local, lle outorga aos municipios. Mediante a execución do presente contrato preténdese satisfacer a necesidade administrativa de dotar aos servizos municipais do concello de Coirós das ferramentas necesarias para a execución de tarefas específicas de silvicultura preventiva, mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa de titularidade municipal ou subsidiaria, e a conservación das vías e camiños do termo municipal, reducindo o risco de incendios forestais e garantindo a protección dos núcleos de poboación. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) )00:21:90 6202/01/10 :AHCEF( ojieuqeR aletniuQ ocsicnarF , )00:70:90 6202/01/10 :AHCEF( aícraG aleraV anitsirC aíraM ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.sorioc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV p1HYqp6TkwusIoPVmEVx :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.