Providencia da alcaldia

Otros Documentos Ver licitación
Dirección: Coirós de Arriba, 16 CP: 15316 Concello: Coirós, A Coruña Teléfono: 981 79 64 14 CONCELLO DE COIRÓS PROVIDENCIA DA ALCALDÍA Nº Expediente: 2026/C005/000001 Data expediente: 09/09/2026 Subministración de maquinaria para prevención de Obxecto: incendios forestais. PR486F O Concello de Coirós resultou beneficiario dunha subvención para a adquisición de maquinaria destinada á prevención de incendios, por parte da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, por importe de 14.955,60 euros, ao abeiro da Orde do 3 de xuño de 2026 (DOG nº 110 do 15 de xuño). O contrato definido ten a cualificación de contrato administrativo de subministración, de acordo co artigo 16 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014. Faise necesario iniciar o expediente de subministración de maquinaria, mediante procedemento aberto simplificado, dividido en dous lotes: Lote Descrición adquisición dun brazo rozadoira hidráulico acoplable a tractor municipal 1 adquisición dunha retroexcavadora 2 O valor estimado do contrato ascende á contía de 20.000,00 euros (IVE excluído). En data 29/09/2026 redatouse o prego de prescricións técnicas por parte da arquitecta municipal, e en data 30/09/2026 o prego de cláusulas administrativas por parte da secretaria-interventora. No uso das facultades que me confire a normativa vixente, DISPOÑO: Único.- Que, unha vez elaborados os pregos, acompañados da documentación preceptiva, se sometan á aprobación polo órgano competente, neste caso a Xunta de Goberno Local, en virtude de delegación de competencias (punto 3º) feita pola Alcaldía na Xunta de Goberno Local, por Decreto núm. 75/2026 de data 13 de abril de 2026 (BOP n.º 75 do 23.04.2026). Coirós, a mércores 30 de setembro de 2026. O alcalde Asinado: Francisco Quintela Requeijo Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) )00:45:71 6202/90/03 :AHCEF( ojieuqeR aletniuQ ocsicnarF ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.sorioc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV HMBaxeMYzHecUM219wRY :DVC