PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
Dirección: Coirós de Arriba, 16 CP: 15316 Concello: Coirós, A Coruña Teléfono: 981 79 64 14 CONCELLO DE COIRÓS PREGO DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS QUE REXERÁ A LICITACIÓN PARA A SUBMINISTRACIÓN DE MAQUINARIA PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS EN COIRÓS MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, MULTICRITERIO E TRAMITACIÓN ORDINARIA. EXPTE. 2026/C005/000001 1. OBXECTO O presente prego de prescricións técnicas ten como obxecto definir as condicións técnicas que han de rexer o contrato de subministro para a adquisición de maquinaria para prevención de incendios en Coirós, por procedemento aberto, de acordo co establecido na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante LCSP). Dita maquinaria vai ser adquirido con cargo ao ao procedemento **PR486F** (cofinanciado polo programa Galicia FEDER 2021-2027), DOG nº 110 do 15 de xuño. A finalidade é dotar aos servizos municipais das ferramentas necesarias para a execución de tarefas específicas de silvicultura preventiva, mantemento da rede de faixas de xestión de biomasa de titularidade municipal ou subsidiaria, e a conservación das vías e camiños do termo municipal, reducindo o risco de incendios forestais e garantindo a protección dos núcleos de poboación. Atendendo ás características da maquinaria que se pretende adquirir, o destino e uso funcional ao que se vai adscribir e o persoal habilitado para a súa utilización, enténdese que non resulta necesaria a esixencia de adaptación, accesibilidade e deseño para persoas con discapacidade. O obxecto do contrato é susceptible de división en lotes: LOTE 1: Brazo rozadoira hidráulico articulado LOTE 2: Retroexcavadora 2. CARACTERÍSTICAS XERAIS DA MAQUINARIA A modalidade de contratación da maquinaria en réxime de ADQUISICIÓN. A maquinaria será nova e de recente fabricación. Así mesmo, tratarase de maquinaria que se atope no mercado nacional de maquinaria nova. No momento da entrega do subministro a maquinaria estará debidamente homologada e ao corrente de todos os tributos que correspondan, xunto con toda a documentación técnica Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe. (artigo 42.b da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público) )00:05:90 6202/90/92 :AHCEF( adnariM zereP airI ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV /se.sorioc.edes//:sptth .omsinagrO led acinórtcelE edeS al ne elbacifireV xAe0YK5LxBgun4V7wQpe :DVC

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.