C ONC E LLO DE OR DE S
(A CORUÑA)
PROVIDENCIA DA ALCALDÍA
Con data 16 de xullo de 2026 redactouse o proxecto denominado “ACTUACIÓNS MELLORA
ACCESIBILIDADE NO NÚCLEO URBÁN DE ORDES” por Pablo Blanco Ferreiro, enxeñeiro
de Camiños, C. e P. (colexiado nº 22.992).
As obras contemplan actuacións de reparación do pavimento e obras de sinalización asociadas
en viarios de titularidade municipal xa existentes.
O dito investimento está financiado con Remanente líquido de tesourería, para o que o Pleno
Corporativo, en sesión celebrada o día 31/07/2026, aprobou o correspondente expediente de
modificación de créditos n.º 2026/T002/000017. O citado expediente permaneceu exposto ao
público durante quince días hábiles nas dependencias da secretaría municipal, trala publicación
levada a cabo no BOP número 148, de 6 de agosto de 2026.
Durante o período de exposición pública non se rexistraron reclamacións contra acórdoo de
aprobación inicial do citado expediente, en consecuencia, e de conformidade co establecido
nos artigos 169.3 e 177.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, fíxose pública a
aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos: crédito extraordinario-
suplemento de crédito n.º 2026/T002/000017 e procedeuse á publicación do seu resumo por
capítulos no BOP nº 167, de 02/09/2026.
Procede iniciar expediente de contratación por procedemento aberto, por ser o procedemento
máis axeitado para a consecución da mellor oferta para a execución das obras, con
multiplicidade de criterios de adxudicación vinculados ao obxecto do contrato, tramitación
ordinaria (artigo 156 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola
que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do
Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 - LCSP).
Deberase incorporar ao expediente:
- Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.
- Certificado de existencia de crédito orzamentario.
- Informes da Secretaría e da Intervención do Concello.
Ordes, na data da sinatura electrónica
Perante min,
O ALCALDE-PRESIDENTE A SECRETARIA
José Luis Martínez Sanjurjo Marta Vázquez Garea
(asinado dixitalmente)
C/. Alfonso Senra, 108 - C.P. 15680 - Teléfono 981 68 00 02 - Fax 981 68 22 21
/lag.sedro.edes//:sptth
.omsinagrO
led
acinórtcelE
edeS
al
ne
elbacifireV
65zGTjrW4JVc7k+g7IFV
:DVC
La vista PDF está disponible solo para usuarios registrados.