PPT.pdf

Pliego Técnico Ver licitación
ORDES – A CORUÑA PROXECTO DE: ACTUACIÓNS MELLORA ACCESIBILIDADE NO NÚCLEO URBÁN DE ORDES AUTOR: Pablo Blanco Ferreiro Enxeñeiro de Camiños, C. e P. Col. Nº.: 22.992 DATA: XULLO DE 2026 POLÍGONO DEL TAMBRE - VÍA LA CIERVA Nº 15 T 1 el 5 é 8 f 9 o 0 n o - : ( S 9 A 8 N 1) T 5 I 7 A 0 G 7 O 7 0 D - E F C ax O :( M 98 P 1 O ) S 5 T 7 E 0 L 1 A 1 1 ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO, S.A. e-mail: estudiotg@estudiotg.es Ref: 18OD26033 MEMORIA ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA PROXECTO DE: ACTUACIÓNS MELLORA ACCESIBILIDADE NO NÚCLEO URBÁN DE ORDES (ORDES - A CORUÑA) I.- ANTECEDENTES Redáctase o presente Proxecto a petición do Excmo. Concello de ORDES, coa finalidade de presentar ante os Organismos Competentes, ao obxecto de solicitar as oportunas subvencións que lle permitan executar as obras á maior brevidade posible. II.- DESCRICIÓN DAS OBRAS E XUSTIFICACIÓN DA SOLUCIÓN ADOPTADA Pretendese a mellora da accesibilidade mediante a adaptación de pasos de peón e prazas de mobilidade reducida para adaptarse a normativa de accesibilidade vixente. Para tal fin será necesario a execución dun total de 1889,5 m² de beirarrúa granallada de 60x40 mm., 350 m² de pavimento podotactil e 931 metros de bordo de formigón. Tamén será necesario a colocación 61 sinais verticais de pasos de peón (S 13), 11 de praza de mobilidade reducida S-17 m, 8 de peligro de resalto (P-15 A) e o pintado de símbolos de praza de mobilidade reducida. Nos planos, cadros de medicións e presupostos, especifícanse as unidades de obra a realizar, así como as características, dotacións e dimensións dos materiais propostos. En función das necesidades e pretensións municipais, dispoñibilidades orzamentarias, estado das obras e resposta de actuacións similares na zona, considérase que as unidades presupostadas representan a solución máis acorde co fin a acadar. III.- CONDICIÓNS DOS MATERIAIS O Prego prescribe as condicións que han de cumprir os materiais. Cando para a súa descrición se utilicen marcas comerciais, enténdese que poden ser substituídas, en todo caso, por outras ESTUDIO TÉCNICO GALLEGO S. A. MEMORIA de características semellantes ou superiores, aínda que non figure así na descrición incluída nalgún dos apartados deste Proxecto. IV.- NORMAS CONSTRUTIVAS Esixiranse as normas construtivas que aparecen no Prego de Condicións, ademais das incluídas nas normas de carácter xeral vixentes. Nos prezos unitarios entenderanse incluídos os medios auxiliares, ferramentas e dispositivos necesarios para a completa terminación da obra. As unidades de obra deben estar totalmente terminadas aínda que algúns elementos non aparezan taxativamente determinados nos Cadros de Prezos e Presupostos. V.- PREZOS O cálculo dos prezos das distintas unidades de obra realizase considerando custes directos e indirectos precisos para a súa execución. Os prezos nomeados en letra no apartado de Cadro de Prezos, coa rebaixa que resulte na subasta ou concurso, son os que serven de base ó contrato, e o contratista non poderá reclamar que se introduza modificación algunha neles baixo ningún pretexto de error ou omisión. Nos custes da man de obra e rendementos tense en conta o determinado no vixente Convenio da Construción da Provincia. Os custes dos materiais son os habituais da zona. VI.- PRAZO DE EXECUCIÓN Dadas as características das obras, considérase necesario e suficiente un prazo de SEIS (6) meses para a correcta terminación das mesmas. VII.- CLASIFICACIÓN DO CONTRATISTA

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.