Memoria justificativa

Otros Documentos Ver licitación
MEMORIA XUSTIFICATIVA DA NECESIDADE DE CONTRATACIÓN 1. SERVIZO OU DEPARTAMENTO QUE PROPÓN A CONTRATACIÓN E AO QUE VAI DIRIXIDA A PRESTACIÓN EN QUE SE CONCRETA O CONTRATO.- Negociado de Vías e Obras 2. PRESTACIÓN CUXA CONTRATACIÓN SE PROPÓN (OBXECTO DO CONTRATO).- Execución de Obras de: "Acondicionamento e mellora do Local Social da Asociación de veciños de Pazos". 3. NECESIDADES QUE PRETENDEN CUBRIRSE CO CONTRATO PROXECTADO, E XUSTIFICACION DO CUMPRIMENTO E REALIZACIÓN DOS FINS INSTITUCIONAIS DO ÓRGANO DE CONTRATACIÓN COA SATISFACCIÓN DESTA NECESIDADE (Competencia Municipal).- O local social presenta unha serie de deficiencias como goteiras no interior do edificio, é necesario facer o acondicionamento da planta semisoto. Tamén é necesario realizar a mellora da ventilación no local dedicado á realización de clases de pintura e manualidades e na zona exterior, atópase en mal estado a pintura da zona de acceso ás escaleiras, entre outras. Para solucionar estas deficiencias, é necesario levar a acabo unha serie de actuacións que se recollen a continuación: - Reparación de cuberta para eliminación de goteiras. - Reparación de falsos teitos danados polas goteiras - Acondicionamento de parte da planta semisoto, sen uso na actualidade. - Reparación de humidades por condensación na aula adicada a clases de pintura e manualidades. - Motorización da persiana metálica da entrada principal. - Reparación de humidade por condensación na cociña - Reparación de tapa dun dos aseos, en mal estado - Construción dun altillo ou recrecido nunha franxa de terreo no exterior da edificación. - Pintado exterior da zona de escaleiras existente - Substitución de tres luminarias da zona de baños que se atopan danadas Sen prexuízo da competencia do Servizo de Facenda e Patrimonio do Concello de Ferrol para certificar, en caso necesario, a titularidade municipal dos bens, pode indicarse que, consultado o inventario de bens de titularidade municipal, a parcela sobre a que se sitúa o local da Asociación de Veciños de Pazos consta no devandito inventario como ben patrimonial de titularidade municipal, co código de inventario 1200030. 99B1VBVXY5QOZKPV:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.