Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
DON JAVIER PASTOR DIAZ MOSQUERA, CONCELLEIRO SECRETARIO DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO EXCMO. CONCELLO DE FERROL. C E R T I F I C O: Que a Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 28 de setembro de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo: “14. PROPOSTA DE APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO E MELLORA DO LOCAL SOCIAL DA AAVV DE PAZOS” (AVSS 03007 26/66), INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (POS+2026). (CIVIDAS 2025051841). Examinada a proposta que eleva o Concelleiro Delegado de Contratación, que textualmente di: “INFORME-PROPOSTA: O concelleiro delegado de Servizos, Zona Rural e Obras remitiu ao Servizo de Contratación a solicitude de inicio do expediente de contratación para a execución da obra de ACONDICIONAMENTO E MELLORA DO LOCAL SOCIAL DA AAVV DE PAZOS, incluida no POS+2026, xunto coa restante documentación integrante do expediente que foi completada en data 23.09.2026. A Xunta de Goberno Local en sesión de data 6.02.2026 (corrección de erros de data 30.04.2026) acordou participar no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) “POS+2026” e aprobar os proxectos dos investimentos entre os que se atopa incluída a obra obxecto deste expediente. O proxecto inicialmente aprobado foi modificado para adaptalo aos requirimentos da Excma. Deputación de A Coruña presentándose un novo proxecto asinado dixitalmente en data 23.04.2026 e aprobado pola Xunta de Goberno Local en data 25.08.2026. Consonte o disposto na Circular de aprobación do POS+2026 de xuño de 2026, a contratación das obras farase utilizando os Pregos Tipo de cláusulas Administrativas Particulares que, na actualidade, son os aprobados polo Pleno da Deputación en sesión celebrada o 26 de febreiro de 2021, cuxo texto íntegro foi publicado no BOP nº 42 do 4 de marzo do 2021 (correción de erros no BOP nº 46 de 10 de marzo do 2021) e na páxina web www/dacoruna.gal/contratación/pregos-tipo, debendo cumprimentarse en cada expediente o cadro de características do contrato e os Anexos, no su caso. Figura como Anexo a dita Circular o seguinte cadro de financiación da obra: Código Denominación Deputación Concello Total Condicións 2026.2000.0135.0 Acondicionamento e 82.105,74 € 0,00 € 82.105,74 € mellora do local social da AAVV de Pazos O prazo para a execución dos investimentos rematará o 30 de novembro de 2027. Non obstante este prazo poderá ser prorrogado mediante Resolución da Presidencia, de oficio ou previa solicitude motivada dos concellos, cando concorran causas que así o xustifiquen. En cumprimento das actuacións preparatorias do contrato de obras, previstas nos artigos 231 a 236 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público por la que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante LCSP), constan incorporados ao expediente: - Proxecto da obra asinado dixitalmente pola arquitecta María Fernández Pernás en data 23.04.2026; DOELF8TCPSZX7Y97:nóicacifirev ed ogidóc oc ,sotnemucod ed nóicacifireV - acinórtcele edeS únem lag.lorref.www//:sptth :ne otnemucod etse ed edadirgetni a racifirev edoP

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.