Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
Ana María Cacharrón Castelos, secretaria xeral do Concello de Bergondo (A Coruña) CERTIFICO: Que, con data xoves 24 de setembro de 2026, a xunta de goberno local, en sesión Ordinaria, adoptou, entre outros, o acordo que de seguido se transcribe literalmente: 5. APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DA OBRA: «BEIRARRÚAS NA AC-214 ENTRE O PK. 0+220 E PK. 0+454 MARXE ESQUERDA. GUÍSAMO. (BERGONDO)», INCLUIDO NO POS+ADICIONAL 2/2026, 1ª FASE EXPEDIENTE: 2026/C003/000002 A continuación dáselles conta aos/ás asistentes do expediente referente a este asunto no que consta, entre outros, a proposta de Alcaldía, que transcrita literalmente di: « Logo de ver o proxecto da obra de «Beirarrúas na AC-214 entre o PK. 0+220 e PK. 0+454 marxe esquerda. Guísamo. (Bergondo)», redactado pola enxeñeiro de camiños, canles e portos, Ana López López, colexiada núm. 34.305, asinado en xullo de 2026, cun presuposto de execución por contrata de 164.800,97 euros, IVE incluído, proxecto incluido no Plan Complementario do Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal POS+ 2026, aprobado por Resolución da alcaldía núm. 792/2026, do 28 de xullo do 2026 (previamente por acordo plenario en sesión ordinaria do 29.01.2026) e por acordo plenario da Deputación Provincial en sesión do 29 de maio de 2026, e o levantamento das condicións para a súa contratación por Resolución da Presidencia núm. 35966/2026. Logo de ver que o o establecido na base 8ª das Bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026 (BOP núm. 231, do 02.12.2025) que dispón que: «(...)Todos os investimentos deberán estar rematados o 30 de novembro de 2027. Non obstante, este prazo poderá ser prorrogado mediante Resolución da Presidencia, de oficio ou previa solicitude motivada dos concellos, cando concorran causas que así o xustifiquen. Neste caso, o prazo máximo para a execución dos investimentos remata o 30 de novembro de 2028. Non obstante, este prazo poderá prorrogarse ata o 30 de novembro de 2029 para o caso daqueles investimentos que o 30 de novembro de 2028 estean aínda pendentes de rematar por causas non imputables ao concello, sempre que na dita data xa estivera iniciada a súa execución. Tamén se poderá prorrogar o prazo máximo de execución ata o 30 de novembro de 2029 naqueles investimentos nos que, aínda que non teñan iniciada a súa execución o 30 de novembro de 2028, estean condicionados á obtención de permisos doutras Administracións ...» Neste expediente, a contratación destas obras faina o Concello por delegación da Deputación, resultando de aplicación, segundo as bases reguladoras do Plan Provincial de Cooperación ás obras e Servizos de competencia municipal (Plan Único de Concellos) POS+2026, o Prego-Tipo de Cláusulas Administrativas Particulares que haberán de rexer para a contratación mediante procedemento aberto simplificado (mediante a aplicación de fórmulas) das obras comprendidas no plans provinciais e outras obras provinciais, publicado no BOP nº 42, de 04.03.2021. Documento electrónico asinado dixitalmente cuxa integridade garántese mediante cotexo na Sede Electrónica deste Organismo co Código de Verificación Dixital (CVD) especificado á marxe (artigo 42.b da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público). )00:72:90 6202/90/52 :AHCEF( zeuqáM zeréP ardnajelA , )00:12:12 6202/90/42 :AHCEF( soletsaC nórrahcaC aíraM anA ROP ODAMRIF elbimirpmi nóisreV

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.