Acuerdo adjudicación XGL

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> ## Dª. YOLANGA AGUIAR CASTRO, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO C E R T I F I C O : Que a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 22 de maio de 2026, adoptou o seguinte acordo: ## 23.ADXUDICACIÓN DA CONTRATACIÓN DO SERVIZO PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES VIGOSÓNICO. EXPTE. 10287/336. A Xunta de Goberno Local, co quorum regulamentario, acorda declara-la urxencia do asunto de referencia por estar fóra da orde do día, de conformidade coa xustificación que consta no expediente aportada polo servizo correspondente. Visto o informe de fiscalización de data 21/05/2026, sométese a aprobación a proposta da Mesa de Contratación realizada na mesma data, que di o seguinte: 11. Propostas de adxudicación - c) Procedemento aberto para a contratación do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) ## LEXISLACIÓN APLICABLE - Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 - Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público (RLCSP) - Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas (RLCAP), no que non se opoña ao Real decreto lexislativo 3/2011 - Prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o procedemento aberto para a contratación do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) ## ANTECEDENTES Primeiro.Con data do 6 de abril de 2026 a Xunta de Goberno local, acordou: 'PRIMEIRO.- 'Autorizar a tramitación do expediente de PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE EXPTE: 10287-336 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 22/05/2026 13:55 Páxina 1 de 5 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A7BCB9-B624CH-4AB924-RGDQGB-DZKWC5-FD | <!-- image --> <!-- image --> SEGUNDO.- Aprobar o gasto total de 328.356,82€ (trescentos vinteoito mil trescentos cincoenta e seis con oitenta e dous euros) IVE incluído, sendo o importe correspondente ao 10% de IVE 29.850,62 € ( vintenove mil oitocentos cincuenta con sesenta e dous euros). - e, dos cales 106.603,52€ corresponden ao período de 2026; 164.178,41€ ao período correspondente a 2027 e, 57.574,89€ ao período do 2028 que corresponda, con cargo á partida orzamentaria 3370.227.99.01 'GASTOS DE XESTIÓN E MANTEMENTO DE VIGOSÓNICO' TERCEIRO.- Aprobar o expediente de contratación que contén o prego de cláusulas administrativas particulares asinado en data 31 de marzo de 2026 para a CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE , así como o prego de prescricións técnicas para a prestación do servizo de data 26 de marzo de 2026 . CUARTO.Acordar a apertura do procedemento de licitación para a selección de contratista/s na forma prevista na lexislación vixente.' Segundo.A concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación, Festas e Xestión Municipal, por delegación da Xunta de Goberno local (acordo do 7 de novembro de 2025), o 7 de maio de 2026 adoptou a seguinte resolución: 'Primeiro.- Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, a proposición admitida neste procedemento aberto para a contratación do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) na seguinte orde descendente: | | Licitador | Puntuación total | |----|----------------------|--------------------| | 1 | LA DÉCIMA PLANTA, SL | 96.50 | Segundo.- Requirir ao licitador clasificado en primeiro lugar, LA DÉCIMA PLANTA, SL, para que presente, no prazo de dez días hábiles, a seguinte documentación (artigo 150.2 LCSP): 1. A documentación esixida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP). 2. Resgardo da garantía definitiva esixible de acordo co disposto na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares. Recordar que tal e como establece a cláusula 18.4 do PCAP, os licitadores que estivesen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia ou no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público, están exentos de presentar a documentación acreditativa dos datos que obren neles sempre que se atope vixente.' Terceiro.Esta resolución foi notificada ao licitador clasificado en primeiro lugar, LA DÉCIMA PLANTA, SL, o día 8 de maio de 2026, que presenta a documentación requirida os días 11, 13, 14, 15, 18 e 21 de maio de 2026, dentro do prazo concedido. Esta documentación, xunto coa que figura no expediente, consta de: - A escritura de constitución da licitadora na figuran estatutos co obxecto social e o nomeamento do seu representante. | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 22/05/2026 13:55 Páxina 2 de 5 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A7BCB9-B624CH-4AB924-RGDQGB-DZKWC5-FD | <!-- image --> - Anexo IV do PCAP, asinado dixitalmente polo seu representante. - Anexo V do PCAP, asinado dixitalmente polo seu representante. - Para a acreditación da solvencia económica e financeira (114.924,89 €), presentan o Modelo 390 do IVA do ano 2025 nas que o importe neto da cifra de negocios supera esta cantidade. - Para a acreditación da solvencia técnica e profesional (114.924,89 €), presentan certificado de boa execución do ano 2025 do terceiro que integra a solvencia e, sendo empresa de nova creación, relación de recursos humanos e materiais que posúe a licitadora. - Solicitude de retención no prezo do contrato do importe da garantía definitiva (13.850,69 €). Ademais desta documentación, figuran no expediente, os certificados positivos de débedas do Concello de Vigo, a AEAT, a TGSS e a ATRIGA. Cuarto.A Mesa de Contratación na presente sesión do 21 de maio de 2026 comproba a documentación presentada pola licitadora e detallada pola secretaria e, sendo esta correcta, acorda, por unanimidade dos/as membros presentes, propoñer ao órgano de contratación a adxudicación deste procedemento. ## FUNDAMENTOS XURÍDICOS Primeiro.A nosa lexislación contractual impón ao órgano de contratación a obriga de adxudicar o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación. O acordo de adxudicación deberá ser motivado, notificarase aos licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante no prazo de quince días (artigo 151.1 LCSP). Recibida tanto a documentación presentada polo licitador clasificado en primeiro lugar LA DÉCIMA PLANTA, SL, como a solicitada de oficio pola Administración municipal e, comprobado que esta é correcta, procede adxudicar este contrato. Segundo.A competencia para formular a proposta de adxudicación ao órgano de contratación correspóndelle á Mesa de Contratación. A proposta realizarase a favor do licitador que teña presentado a mellor oferta, de conformidade coo disposto no artigo 145, segundo proceda de conformidade co prego de cláusulas administrativas particulares que rexa a licitación. A oferta máis vantaxosa para a administración contratante é a formulada por LA DÉCIMA PLANTA, SL, de acordo co informe de valoración das proposicións avaliables mediante xuízo de valor, de data 4 de maio de 2026 e co acordo da Mesa de Contratación, de data 7 do mesmo mes, polo que se outorga ao licitador a máxima puntuación pola súa proposición avaliable a través de fórmula, por ser o único admitido, de conformidade coa cláusula 15.3 do PCAP. Terceiro.A competencia para a resolución deste expediente correspóndelle á Xunta de Goberno local (apartado 4 da disposición adicional segunda da LCSP), na súa calidade de órgano de contratación. | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 22/05/2026 13:55 Páxina 3 de 5 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A7BCB9-B624CH-4AB924-RGDQGB-DZKWC5-FD | <!-- image --> <!-- image --> En base ao que antecede, proponse á Xunta de Goberno local como órgano de contratación, en uso das facultades que lle confire a lexislación vixente, a adopción do seguinte acordo: 'Adxudicar a LA DÉCIMA PLANTA, SL o procedemento aberto para a contratación do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) por un prezo total do contrato de 304.715,13 euros, sendo a cota correspondente ao IVE de 27.701,38 euros coas seguintes condicións: - a) Incrementa a experiencia do persoal, por riba da esixida no punto 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares, en: - Coordinador/a do programa: 5 (cinco) anos. - Técnico/a de son: 5 (cinco) anos - b) Incrementa a formación do persoal, por riba da esixida no punto 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares, en: - Coordinador/a do programa (cursos de como mínimo 20 horas de duración): - Posúe 4 (catro) cursos en animación xuvenil ou monitor/a de tempo libre, ou coordinador/a de tempo libre, xestión cultural con mozos/as. - Posúe 4 (catro) cursos en informática, en especial en bases de datos, follas de cálculo, deseño de páxinas web, así como noutro tipo de aplicacións e soportes para a xeración de contidos e o seu mantemento na Internet. - Técnico/a de son: - Posúe 200 horas ou máis de formación en vídeo, son, DJ e produción musical. - Posúe formación específica incluída no Ciclo de Grao Superior de Son en sonorización en directo. Posúe formación específica incluída no Ciclo de Grao Superior de Son en produción musical, audio e MIDI con software Pro Tools. - Posúe formación específica incluída no Ciclo de Grao Superior de Son como - c) Comprométese a adscribir ao contrato a persoal que realizou cursos de formación en menores con NEE (necesidades especiais) de como mínimo 20 horas: - Monitor 1 (1 curso): SI. - Monitor 2 (1 curso): SI. Todo iso de acordo cos pregos de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares aprobados por acordo da Xunta de Goberno e a oferta presentada'. ## ACORDO A Xunta de Goberno local aproba a proposta contida no precedente informe. | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 22/05/2026 13:55 Páxina 4 de 5 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A7BCB9-B624CH-4AB924-RGDQGB-DZKWC5-FD | <!-- image --> E para que así conste e produza os seus efectos, emito a presente certificación coa salvedade do artigo 206 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, de orde do Excmo. Alcalde, en Vigo na data da sinatura dixital. SGF/me. V. e Pr. O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez. | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 22/05/2026 13:55 Páxina 5 de 5 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A7BCB9-B624CH-4AB924-RGDQGB-DZKWC5-FD | <!-- image -->