Mesa de Contratación. Apertura del sobre A y B

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
## AREA DE CONTRATACIÓN E NOVOS PROXECTOS Expediente 10287 -336 A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión do 30 de abril de 2026, realizou entre outras, as seguintes actuacións: - 2.- Cualificación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos (procedementos abertos) - b) Procedemento aberto para a contratación Do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) A secretaria le o listado de licitadores presentados a este procedemento segundo consta na Plataforma de Contratos do Sector Público e no certificado expedido polo Rexistro Xeral e pregunta aos membros asistentes se teñen algún conflito de intereses co licitador presentado. Ningún dos asistentes manifesta ter conflito de intereses con el. A continuación procédese á cualificación dos documentos que compoñen o sobre A 'Documentación persoal', tras a súa desencriptación pola Secretaría, e acórdase, por unanimidade dos/as membros presentes: Admitir neste procedemento a LA DÉCIMA PLANTA, SL por ter presentado correctamente a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas para declarar o cumprimento dos requisitos previos. ## 3. Apertura das proposicións avaliables mediante xuízo de valor (procedementos abertos) - b) Procedemento aberto para a contratación Do servizo para a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico (10287-336) Procédese á desencriptación dos documentos que compoñen o sobre B 'Proposición avaliable mediante xuízo de valor' do licitador admitido. A Mesa, por unanimidade dos/as membros presentes, acorda solicitar informe sobre a referida documentación ao servizo xestor. O que publicamos para coñecemento xeral e demais efectos. O contido íntegro da acta da sesión da Mesa de Contratación da que se publica este extracto pode consultalo no seguinte enderezo WEB: [https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/actasmesacontratacion.jsp?lang=gal](https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/actasmesacontratacion.jsp?lang=gal) A secretaria da Mesa de Contratación (sinatura dixital) <!-- image --> | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 30/04/2026 12:54 Páxina 1 de 1 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A8B8A4-DHB729-48ABA6-V4NXTH-3GXHMD-FD | ## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL ## CONCELLO DE VIGO <!-- image -->