Informe de valoración de los criterios de adjudicación cuantificables mediante juicio de valor
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
SERVIZODE XUVENTUDE
EXPEDIENTE:
10.287-336
SERVIZO:
XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
TIPO:
PROCEDEMENTO ABERTO
PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
EXPTE: 10287-336
## INFORME DE VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO DE VALOR. SOBRE B
- A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión de data 30 de abril de 2026 procedeu á apertura administrativa/Cualificación da documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos do procedemento aberto para a contratación da xestión do centro de usos múltiples de Vigosónico da Concellería de Xuventude, (expte. 10.287-336), admitindo neste procedemento ao ÚNICO licitador presentado que deseguido se relaciona, por ter presentado correctamente a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas para declarar o cumprimento dos requisitos previos:
## 1.- LA DÉCIMA PLANTA SL/ LICITADOR: B75928697
- Comprobouse en primeiro lugar que a licitadora presentada cumpre os requisitos establecidos no apartado 6 das FEC relativos aos Requisitos de presentación da documentación do sobre B ' Plan de organización e da prestación de servizos: ':
- Deberá ser un único arquivo dixital coas seguintes limitacións:
- Un máximo de 50 páxinas en total, en formato A-4. Na cuantificación deste documento se terán en conta as carátulas ,anexos,gráficos e imaxes e demáis páxinas incorporadas.
- O arquivo dixital non debe superar os 5 MB de tamaño.
- A valoración das ofertas realizarase de acordo co establecido no Prego de Prescricións Técnicas así como no apartado 7.A).1 das FEC, no cal se indican os criterios para a avaliación mediante xuízo de valor, así como as regras de puntuación seguintes (PPS) :
## '7. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN .
- A) CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO DE VALOR: valoraranse con ata 40 puntos
2. 7.A.1.- Plan de organización e prestación do servizo: valorarase con ata 40 puntos Incluirá os seguintes contidos e apartados:
1
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 1 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
A) Memoria de execución: valorarase con ata 35 puntos, distribuídos da seguinte forma:
- a) Descrición das accións previstas dirixidas a dinamizar a utilización dos espazos atendendo ás necesidades das persoas usuarias: máximo 10 puntos
- b) Estratexias para a consecución dos obxectivos propostos tendo en conta o colectivo diana do servizo: máximo 8 puntos
- c) Actividades novidosas, creativas e alternativas, que fomenten a participación e que manteñan o interese: 6 puntos
- d) Metodoloxía a empregar en cada actividade proposta: valorarase a programación, organización, temporalización e funcionamento das actividades e do persoal en relación aos dous espazos: 3 puntos
- e) Metodoloxía utilizada no traballo para desenvolver desde a atención directa coas persoas usuarias e, por outro, nunha importante cantidade de tarefas englobadas no que se denomina traballo interno (planificación, coordinación,avaliación e formación): 3 puntos
- f) Actividades que teñan en conta a promoción de valores de respecto á igualdade, coeducación, integración e solidaridade: 3 puntos
- g) Actuacións ou actividades tendentes a fomentar un maior coñecemento da lingua e cultura galega, axeitadas ás idades dos/as participantes: 2 puntos
- B) Materiais, recursos económicos e equipos técnicos cos cales vai executar o plan de organización e de prestación de servizos: valorarase con ata 5 puntos, distribuídos da seguinte forma:
- a) Materiais e equipos que achegue o/a contratista/a. Valorarase a funcionalidade e o carácter actual dos mesmos: 3 puntos
- b) Número, características e calidades dos materiais a empregar: 2 puntos
## - Regras de puntuación deste criterio:
- A calidade e claridade narrativa e expositiva dos contidos do Plan de organización e da prestación de servizos para obter unha comprensión global dos diferentes contidos e apartados a valorar do mesmo.
- A calidade da organización e estrutura da exposición de contidos do Plan de organización e da prestación de servizos.
- Grao de detalle e especificidade dos obxectivos do Plan de organización e da prestación de servizos en concordancia coa actividade do contrato.
- O grao de detalle adecuado, a xustificación e coherencia da metodoloxía indicada para a execución dos traballos.
- A calidade dos medios, recursos ou procesos propostos en relación ao obxecto do contrato.
- A coherencia e idoneidade dos contidos expostos de acordo aos medios e procesos propostos en relación cos requisitos mínimos obrigatorios descritos no PPTT.
- O interese das estratexias propostas pensadas para o colectivo mozo. Deben ser coherentes cos parámetros sociais que caracterizan a este colectivo.
- Valorarase así mesmo a orixinalidade e a capacidade transversal das accións propostas.
2
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 2 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
<!-- image -->
SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
- Da avaliación destes aspectos, procederase á asignación da puntuación en cada un dos apartados.
- A puntuación será de 0 puntos, cando a descrición do apartado a avaliar conteña aspectos contraditorios internos ou en relación co obxecto do contrato ou, conteña propostas incoherentes entre o ofertado e os recursos propostos.
- As propostas que non cumpran cos requisitos de presentación do Plan de organización e da prestación de servizos (tamaño de arquivo, nº de páxinas máximas e formato A4) serán obxecto de valoración técnica pero a puntuación reducirase nun 10% dos puntos asignados ao citado criterio.
## VALORACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO PRESENTADA POLA EMPRESA :
La Décima Planta, SL / LICITADOR: B75928697
| DENOMINACIÓN: ' MEMORIA TÉCNICA DE XESTIÓN, ORGANIZACIÓN DINAMIZACIÓN VIGOSÓNICO 2026-2029' | E Puntos |
|------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------|------------|
| Plan de organización e prestación do servizo ( ata 40 puntos) | 36,50 |
| A/ Memoria de execución (ata 35 puntos) ________________________________________________________________________ | 31.5 |
| Descrición das accións previstas dirixidas a dinamizar a utilización dos espazos atendendo ás necesidades das persoas usuarias: máximo 10 puntos | 7.5 |
| O plan presenta unha construccion xeral óptima e ben estructurada. Todos os elementos están desenvolvidos acorde ao requerido no PPT. A proposta elabórase dende a experiencia de ser a adxudicataria anterior e parte polo tanto, do modelo xa implantado pero, optimizando os elementos que así consideran. Todo o proxecto está baseado na experiencia mencionada da xestión da licitadora pero engadindo elementos de mellora cara á próxima posible adxudicación deste espazo. Esta permanente intención de mellora persiste en toda a narrativa do proxecto e valórase | |
3
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 3 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
CONCELLO DE VIGO
positivamente esta búsqueda de optimización continua dos obxectivos deste espazo municipal.
As accións están basadas na especialización funcional de cada espazo (Salas de ensaio, cabinas de formación, sala de control e gravación, sala de informática, salón multiusos, zona de cafetería/terraza...). Estas accións son esbozadas sen demasiado desenrolo de contido pero cunha óptima estructuración e concisión de propósitos a conquerir. Realizan unha relación detallada dos espazos en canto ás funcións de cada un destes, e os acompañan con uns breves 'compromisos operativos' nos que describen de xeito sucinto os propósitos a conquerir .
En resumo se observa un coñecemento do espazo suliñable e ben aproveitado e, unha claridade nos obxectivos de mellora. Este apartado podería estar maís desenrolado en canto as accións. Non obstante no apdo de actividades posterior , relatan con gran destalle e extensión as actividades concretas propostas e desenvolven os conceptos que neste apartado están esbozados.
Estratexias para a consecución dos obxectivos propostos tendo en conta o colectivo diana do servizo: máximo 8 puntos
A proposta de estratexias se condensan en tres grupos: por tramos de idade, por itinerarios de participación e estratexias de captación, acollida e permanencia .
Resulta especialmente positiva a 'segmentación por tramos de idade e perfís de participación' que polo variado perfil e diversidade de intereses das persoas usuarias deste espazo, é bastante oportuna.
Igualmente interesante é o concepto -idea no que estructuran as intervencións ( tramo, necesidades, recursos e estratexias) . De novo amosan ,positivamente, coñecemento directo do espazo e claridade nas opcións de mellora. Moi axeitado dadas as características do plan plantexado é a estratexia dos 'itinerarios de participación' (iniciación, continuidade e proxección) xa que amosan atender as particularidades das persoas usuarias e tratan de adaptarse ás súas necesidades e sobre todo, aos intereses destes ao participar neste servizo especializado. Conquerir a participación do colectivo xove dende as institucións non sempre é doado. Por isto as estratexias son importantes.
Se quere proxectar un espazo que sexa percibido como propio (cara á mocidade), recoñecible e estable. Unha referencia cultural xuvenil na cidade.
Obxectivo que se comparte dende a Concellería de Xuventude ao respecto deste espazo adicado á creación musical.
Actividades novidosas, creativas e alternativas, que fomenten a participación e que manteñan o interese: 6 puntos
Este apartado presenta unha narración ampla e moi descritiva das actividades propostas.
Moitas delas son iniciativas postas en marcha en edicións anteriores creadas por esta mesma adxudicataria. Aportan e suman outras tantas mais que complementan moi positivamente o conxunto de accións propostas.
Destacan entre outras: Academia Vigosónico, Combo Vigosónico, Demosónico,
4
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 4 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
<!-- image -->
7
6
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DE VIGO
Vigosónico xoga, Vigosónico K-pop, salas de ensaio e como actividades totalmente novas: Distrito creativo, Showcase Vigosónico, Autoproducción musical, mentorías e acompañamentos artísticos, punto de lectura .
En cada unha delas explican en qué consiste e quen está implicado. Ademais concretan compromisos de número de accións en cada actividade.
Todas as actividades resultan tremendamente interesantes e novidosas para este espazo. Amplifican o seus obxectivos de orixe e os complementan, convertendo este servizo nun espazo transversal de creatividade artística y cultural que fomenta o coñecemento enriquecedor da música e as súas derivadas artísticas como focos xeneradores de cultura e participación rica en valores i experiencias. O factor xuvenil está presente en todas elas dende unha perspectiva a ter en conta en canto grupo con necesidades específicas e con receptividades as veces difíciles de atraer .
Incorporan un cadro de ' compromisos cuantitativos mínimos garantidos' .
Neste senso a proposta de actividades resulta moi axeitada e ilustrativa.
Metodoloxía a empregar en cada actividade proposta: valorarase a programación, organización, temporalización e funcionamento das actividades e do persoal en relación aos dous espazos: 3 puntos
Os apartados adicados á metodoloxía son especialmente destacables pola súa calidade e desenrolo.
Suliñar a especificación e o detalle descrito que contempla diversos aspectos: periodicidade da planificación (trimestral e anual), a metodoloxia de execución (proceso metodolóxico por fases), criterios de acceso e uso e participación e, un completo esquema da metodoloxía por cada actividade proposta. Neste esquema se distribúen os conceptos de actividade/espazos a usar/temporalización/persoal Engaden ademais unha distribución da documentación a elaborar no continuo proceso metodolóxico: deseño curricular por cada disciplina/ unidades didácticas operativas/fichas técnicas de cada actividade formativa e de dinamización.
En conxunto este apartado amosa estar ben traballado e con sabiduría das necesidades do servizo a xestionar .
Metodoloxía utilizada no traballo para desenvolver desde a atención directa coas persoas usuarias e, por outro, nunha importante cantidade de tarefas englobadas no que se denomina traballo interno (planificación, coordinación, avaliación e formación): 3 puntos
Este apartado está igualmente ben desenvolvido e estructurado, cunha narración clarificadora e completa dos diferentes aspectos que conforman o traballo do día a día deste espazo.
Inclúen tratamento da función da atención ao público e do funcionamento ordinario. A xestión de control de ocupación e seguimento de uso, a coordinación e con especial amplitude e detalle describen o perfil profesional do equipo de coordinación e son.
Así mesmo aportan un esquema dos postos, das persoas concretas e as súas funcións, horas de traballo e cobertura efectiva.
Destacar neste punto que incrementan unha persoa a maiores do requerido como
5
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 5 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
<!-- image -->
3
3
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
CONCELLO DEV VIGO
<!-- image -->
| apoio puntual e complementario á difusión, comunicación e proxección dos programas e actividades que non altera o requerido o PPT. Apartado polo tanto ben explicado, con detalle e amplitude. | |
|--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------|----|
| Actividades que teñan en conta a promoción de valores de respecto á igualdade, coeducación, integración e solidaridade: 3 puntos | 3 |
| Neste aspecto aportan o compromiso de implementar a transversalidade da igualdade en toda a programación tanto na creación das accións, na metodoloxía, na difusión da información e na contratación dos recursos humanos. Inclúen datos sobre a evolución favorable da participación femenina durante a súa xestión anterior do espazo e, especialmente positivo resulta a especificación de elementos e indicadores incorporados na metodoloxía de traballo proposta, para observar e garantir a igualdade. Por exemplo: incorporación preferente de docentes e poñentes mulleres, bonificacións de puntos nos sistema de selección nos concursos de música propostos, uso da linguaxe inclusiva e seguimento anual do indicador de participación feminina, entre outros. Existe un claro compromiso de atención ao tema da igualdade que se materializa en accións concretas a asumir durante a xestión deste espazo. | |
| Actuacións ou actividades tendentes a fomentar un maior coñecemento da lingua e cultura galega, axeitadas ás idades dos/as participantes: 2 puntos | 2 |
| uso do galego. A destacar bonificacións no sistema de selección de proxectos para as accións de participación musical, creación dunha actividade musical con motivo do día das letras galegas, programación de artistas e proxectos en galego. Indican a adaptación das accións da promoción da lingua galega segundo os tramos de idade das persoas participantes. Interesante dada a amplitude das idades das persoas participantes neste espazo. B/ Materiais, recursos económicos e equipos técnicos cos cales vai executar o o plan | 5 |
| Materiais e equipos que achegue o/a contratista/a. Valorarase a funcionalidade e o carácter actual dos mesmos: 3 puntos Este aspecto do plan é de especial relevancia nun espazo adicado á creación musical e artistica, dadas as necesidades técnicas requeridas derivadas dos equipamentos necesarios nun espazo como o Vigosónico. E ademais neste plan suliñan a importancia da obrigada actualización e modernización do equipamento musical do que se dispón de xeito que se garanta a calidade na consecución dos obxectivos fundamentais do espazo: salas de gravación, | 3 |
6
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 6 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
de edición, de cursos de formación musical...
Por outro lado e dadas as actividades propostas neste proxecto non sería suficiente o material existente de carácter municipal. Tendo isto en conta neste apartado aportan diverso equipamento de son principal e instrumentos e backline que en total suman 13 elementos novos (altavoces, mesa,micrófonos, guitarras, piano e mais.)
Así mesmo co fin de reforzar os obxectivos e actividades deseñados no plan, incorporan a adquisición de diverso material de carácter audiovisual (equipamento fotográfico, sistema de producción audiovisual, pantalla para formación e presentacións, equipamento informátivo variado e software profesional.)
Explican a necesidade e o interese da incorporación deste material co fin de razonar a súa necesidade para a realización do proxecto proposto. Resumen isto nun esquema final aclaratorio.
Por último engaden unha dotación complementaria para o aproveitamento dos espazos exteriores que resulta de gran interese para un servizo destas características: adquisición de 5 carpas, catenarias e mesas plegables para mellorar o uso da terraza e dos espazos exteriores que favorezan a convivencia e a interrelación entre as distintas persoas usuarias e visitantes.
Número, características e calidades dos materiais a empregar: 2 puntos
Equipamento de son principal (8 elementos)
Instrumentos e backline (5 elementos)
Medios audiovisuais( 5 grupos de elementos)
Dotación para aproveitamento dos espazos exteriores (17 elementos)
Resumo de valoración.A proposta presentada pola mercantil LA DÉCIMA PLANTA S.L. considérase ben estruturada, cunha narrativa clara e concisa e especialmente interesante no referente ao plantexamento metodolóxico e ao concepto-idea que a caracteriza: concebir o espazo Vigosónico non só como un servizo de locais de ensaio senon un espazo aberto de creación artística transversal a diferentes materias que pretende ser lugar de referencia xuvenil no eido da música en todas as súas facetas creativas.
Adoece nalgún apartado de amplitude de desenrolo de contidos pero en xeral desenvolven todos os contidos requeridos no PPT con claridade e calidade.
Destacan varios aspectos como o referido á descrición das actividades propostas polo interese das mesmas e a orixinalidade de moitas delas. Así mesmo suliñar os apartados referidos as metodoloxías pola correcta exposición e organización dos mesmos. E, por último, resultan destacables os elementos referidos aos aspectos de valores como o da igualdade e o fomento da lingua galega e as aportacións a maiores de equipamento e material de son e audiovisual de gran importancia no espazo Vigosónico.
7
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 7 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
2
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIA DE TURISMO EXUVENTUDE
## Puntuación: 36,50 puntos
O que se ten a ben informar á Mesa de Contratación.
Vigo, a data de sinatura dixital.
Asdo: Belén Mediero Rodriguez Técnica de Xuventude
8
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/05/2026 08:22 Páxina 8 de 8 |
|-----------------------------------------|--------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: AFB3A8-DHEDD7-5CAAD5-DFD9PJ-VDAG3H-FD |
CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->