Memoria justificativa
Otros Documentos
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image -->
SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIA DE TURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
ASUNTO: CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
EXPTE:
10287-336
## MEMORIA XUSTIFICATIVA
## 1.- OBXECTO
- -O obxecto do presente contrato é a prestación do servizo de xestión do centro de usos múltiples VIGOSÓNICO e o desenvolvemento das accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e actividades de dinamización xuvenil.
- Este servizo de dinamización xuvenil está especialmente pensado para integrar a mocidade en actividades de ocio e tempo libre a través da creatividade e o desenvolvemento de servizos ao servizo da música e, en xeral, das manifestacións artísticas.
## 2.- LOTES
Por tratarse dunha xestión integral do centro NON se contempla a división por lotes.
## 3.- XUSTIFICACIÓN DA INSUFICIENCIA DE MEDIOS
- Tendo en conta o obxecto específico deste contrato, que require de persoal especializado, é necesario proceder a súa contratación, toda vez que o Concello de Vigo, non dispón de recursos propios suficientes para levar a cabo as funcións esixibles para o desenvolvemento das actividades do contrato, sendo preciso contar con entidades especializadas no sector que aporten persoal cualificado, con titulación pertinente e con experiencia contrastada. Por estas razón faise necesario encomendar este servizo a unha entidade externa, para que o Plan de organización e da prestación de servizos poida ser desenvolvido correctamente por persoal especializado na materia sen esquecer que este contrato ten un matiz social importante ao tratarse de menores de idade e do colectivo mozo en xeral.
## 4.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN E FORMA DE TRAMITACIÓN 4.1.- Procedemento de adxudicación.
- A contratación a realizar cualifícase como contrato administrativo de servizos, de conformidade co o establecido nos artigos 17 e 25 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP).
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 1/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 1 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
- O tipo de procedemento será aberto de acordo co estabelecido no artigo 156 da LCSP.
- O contrato non está suxeito a regulación harmonizada ao ser un servizo dos incluídos no Anexo IV da LCSP, cuxo umbral para a súa regulación harmonizada establécese en 750.000 € (valor estimado).
## 4.2.-Forma de tramitación:
- A forma de tramitación do expediente será ORDINARIA (artigo 116 LCSP)
## 4.3.- O obxecto do contrato identifícase co código CPV seguinte :
79952100-3 ' Servicios de organización eventos culturales'
## 5.- PRAZO DE EXECUCIÓN E PRÓRROGA (artigo 29)
- Co obxecto de conseguir unha organización estable do servizo, considérase que o prazo de execución máis axeitado e suficiente do contrato debe ser de DOUS ANOS (24 meses), contemplándose a posibilidade de 1 prórroga dun ano; para conseguir así unha realización do servizo eficaz motivada pola necesidade de darlle estabilidade ao servizo e garantir unha prestación integral do mesmo.
- A estimación da data de inicio estimada do contrato é a do 9 de maio de 2026 ou a partir da data de formalización do contrato se esta fose en data posterior .
- A prórroga será anual e obrigatoria para o contratista sempre que se lle teña comunicado con dous meses de antelación e nos demais termos establecidos no artigo 29.2 da LCSP.
- No obstante a duración do contrato quedará condicionada á existencia de consignación orzamentaria adecuada e suficiente en cada exercicio orzamentario.
- Transcorrido o prazo de duración quedará terminado o contrato, debendo o contratista cesar na prestación dos seus servizos, sen que en ningún caso poida percibir retribución algunha polos traballos que houber podido realizar .
## 6.- SOLVENCIA ECONÓMICA E TÉCNICA
O/s contratista/s deberán acreditar estar en posesión das condicións mínimas de solvencia económica e financeira e profesional que a continuación se indican:
## 6.1.- Solvencia económica e financeira:
- Considérase suficiente a que ven empregando o servizo de contratación para contratos de servizos, sen que se advirta a existencia de riscos especiais vinculados ao obxecto deste
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 2/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 2 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
contrato. Neste suposto considérase axeitado ao favorecer a concorrencia, en canto se fixa un volume de negocio esixible por debaixo do previsto con carácter xeral no art. 87 da LCSP. Neste sentido enténdese suficiente a acreditación, indistintamente, por calquera dos seguintes medios:
- a) Declaración do volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores cuxo volume anual de negocios, no ámbito do contrato, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos sexa, cando menos, igual ou superior: Igual ou superior ao 70% da anualidade media do orzamento base de licitación.
## 6.2.- Solvencia técnica o profesional:
- En relación coa solvencia técnica considérase suficiente a previsión do art. 90.2 da LCSP, con carácter xeral en defecto de previsión expresa. En consecuencia, acreditarase cunha relación dos principais servizos ou traballos realizados de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, nos últimos tres anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos tres anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior ao 70% da anualidade media do orzamento base de licitación do contrato .
- Considérase de especial relevancia que as empresas licitadoras, conten cunha solvencia técnica axeitada para garantir o bo desenvolvemento do servizo. Neste sentido, é necesario precisar o criterio da experiencia do contratista en obxectos de similar natureza.
## 6.2.1.- Xustificación da solvencia técnica.
- -Para celebrar contratos co sector público os empresarios deberán acreditar estar en posesión das condicións mínimas da solvencia económica e financeira e técnica e profesional. Os requisitos solicitados na presente contratación de conformidade co establecido no artigo 74 da LCSP, están directamente vinculados co obxecto do contrato e son totalmente proporcionais, considerándose deste modo que a achega da requirida solvencia garantirá a capacidade do contratista para contratar coa administración, así como a calidade do servizo.
- É primordial que as empresas participantes teñan experiencia acreditada na execución deste tipo de servizos dirixidos ao colectivo diana (menores de idade e mozos/as de ata 30 anos de idade), o que implica unha prestación plural de traballos básicos que estén relacionados DIRECTAMENTE coas prestacións detalladas no PPT (Apdos 3; 3.1; 3.2;) . A
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 3/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 3 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
documentación acreditativa destes extremos achegarase polo primeiro clasificado con carácter previo á adxudicación do contrato.
- Para as empresas de nova creación (aquelas que teñan unha antigüidade inferior a cinco anos) poderán acreditar a súa solvencia técnica por algún dos medios previstos nas letras b) a i) do apartado 1 do artigo 90. A documentación acreditativa destes extremos achegarase polo primeiro clasificado con carácter previo á adxudicación do contrato.
- Segundo o art. 77.1.b) para este procedemento non será esixible a clasificación empresarial ao tratarse dun contrato de servizos.
## 7.- CRITERIOS DE VALORACIÓN E XUSTIFICACIÓN
- En cumprimento do establecido no artigo 145.1 da LCSP, a adxudicación do presente contrato realizarase utilizando unha pluralidade de criterios de adxudicación en base a unha mellor calidade-prezo que se avaliará con arranxo a criterios económicos e cualitativos utilizando un sistema de ponderación/puntuación que permita preservar a nota da mellor relación calidade-prezo.
- A tenor do disposto no artigo 145.3.g) da LCSP, no caso dos contratos de servizos deberá aplicarse máis dun criterio de adxudicación, que deberán estar directamente vinculados co obxecto do contrato.
- O servizo deste contrato encádrase no Anexo IV da LCSP, polo que os criterios relacionados coa calidade (xuízo de valor e fórmula) deben representar o 51% da puntuación asinable, propoñéndose a aplicación dun 60% dos criterios de adxudicación a criterios avaliables a través de fórmula e un 40 % a través de criterios avaliables a través de xuízo de valor.
## 7.1.- CRITERIOS VALORABLES MEDIANTE XUIZO DE VALOR: ATA 40 PUNTOS
## 7.1.1.- Plan de organización e da prestación de servizos: ata 40 puntos.
- O contido da Plan de organización e da prestación de servizos proporcionará ao órgano de contratación a información necesaria para poder coñecer as propostas do contratista para o desenvolvemento dos servizos obxecto desta licitación, de acordo coas esixencias do Prego de Prescricións Técnicas para un correcto funcionamento dos mesmos e terá que contemplar os seguintes contidos e apartados:
- 1/ Memoria de execución do Plan de organización e da prestación de servizos a desenvolver. Puntuación máxima 35 puntos, distribuídos da seguinte forma:
- ° Descrición das accións previstas dirixidas a dinamizar a utilización dos espazos atendendo ás necesidades das persoas usuarias: 10 puntos
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 4/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 4 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
- ° Estratexias para a consecución dos obxectivos propostos tendo en conta o colectivo diana do servizo: 8 puntos
- Actividades novidosas, creativas e alternativas, que fomenten a participación e que manteñan o interese : 6 puntos.
- Metodoloxía a empregar en cada actividade proposta: valorarase a programación, organización, temporalización e funcionamento das actividades e do persoal en relación aos dous espazos: 3 puntos
- Metodoloxía utilizada no traballo para desenvolver desde a atención directa coas persoas usuarias, e, por outro, nunha importante cantidade de tarefas englobadas no que se denomina traballo interno (planificación, coordinación, avaliación e formación). A valoración máxima: 3 puntos.
- Actividades que teñan en conta a promoción de valores de respecto á igualdade, coeducación, integración e solidaridade. A valoración máxima : 3 puntos.
- Actuacións ou actividades tendentes a fomentar un maior coñecemento da lingua e cultura galega, axeitadas ás idades dos/as participantes. A valoración máxima : 2 puntos.
2/ Mate riais, r ecursos económicos, e equipos técnicos cos cales vai executar o plan de organización e de prestación de servizos. Valorarase con un máximo de 5 puntos os seguintes aspectos:
- Materiais e equipos que achegue o/a contratista/a. Valorarase a funcionalidade e o carácter actual dos mesmos. Ata un máximo de 3 puntos .
- Número, características e calidades dos materiais a empregar . Puntuación máxima 2 puntos.
## 7.1.2.- Valores para puntuar os criterios avaliables mediante xuízo de valor.
- A calidade e claridade narrativa i expositiva dos contidos do Plan de organización e da prestación de servizos para obter unha comprensión global dos diferentes aspectos a valorar do mesmo.
- A calidade da organización e estructura da exposición de contidos do Plan de organización e da prestación de servizos.
- Grado de detalle e especificidade dos obxectivos do Plan de organización e da prestación de servizos en concordancia coa actividade do contrato.
- -O grado de detalle adecuado, a xustificación e coherencia da metodoloxía indicada para a
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 5/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 5 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
execución dos traballos.
- A calidade dos medios, recursos ou procesos propostos en relación ao obxecto do contrato.
- A coherencia e idoneidade dos contidos expostos de acordo aos medios e procesos propostos en relación cos requisitos mínimos obrigatorios descritos no PPT.
- O interese das estratexias propostas pensadas para o colectivo mozo. Deben ser coherentes cos parámetros sociais que caracterizan a este colectivo.
- Valorarase así mesmo a orixinalidade e a capacidade transversal das accións propostas.
+ Da avaliación destes aspectos, procederase a asignación da puntuación en cada un dos apartados.
+ A puntuación será de 0 (cero) puntos, cando a descrición do apartado a avaliar conteña aspectos contraditorios internos ou en relación co obxecto do contrato ou, conteña propostas incoherentes entre o ofertado e os recursos propostos.
## 7.1.3.- Requisitos para a presentación do Plan de organización e da prestación de servizos técnico:
- Deberá ser un único arquivo dixital coas seguintes limitacións:
- Un máximo de 50 páxinas en total, en formato A-4. Na cuantificación deste documento se terán en conta as carátulas ,anexos,gráficos e imaxes e demáis páxinas incorporadas.
- O arquivo dixital non debe superar os 5 MB de tamaño.
- As propostas que non cumpran cos requisitos de presentación da documentación do sobre B 'Plan de organización e da prestación de servizos' (tamaño de arquivo, nº de páxinas máximas e formato DIN A4) procederase a súa valoración técnica pero a puntuación obtida diminuirase nun 10% dos puntos asignados ao citado criterio.
## 7.2.- CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE A APLICACIÓN DE FÓRMULAS : Ata 60 puntos
- 7.2.1. Redución do prezo: Ata un máximo de 40 puntos . Valorarase a oferta do prezo máis económico atendendo á fórmula estabelecida no apartado 8.4. xustificación das fórmulas desta memoria.
## 7.2.2.Experiencia do persoal: valorarase ata un máximo de 10 puntos.
Para a valoración da experiencia do persoal que repercuta na calidade no Plan de organización e da prestación de servizos presentado, terase en conta:
- Para o coordinador/a ( 5 puntos) pola experiencia demostrada superior a 3 anos
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 6/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 6 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
da esixida no PPT. Asignarase 1 punto por cada ano a maiores de experiencia demostrada relacionada co traballo no eido da música con xoves dende calquera perspectiva artística.
Para o/a técnico/a de son ( 5 puntos) pola experiencia demostrada superior a tres anos en traballos relacionados con: imaxe e son , en animación, lecer e tempo libre e dinamización de grupos, e en especial en organización de actividades musicais e culturais dirixidas a mocidade. Asignarase 1 punto por cada ano a maiores de experiencia demostrada.
## 7.2.3.Formación do persoal: valorarase ata un máximo de 8 puntos.
Para a valoración da formación do persoal que repercuta na calidade no Plan de organización e da prestación de servizos presentado, terase en conta:
- Para o/a coordinador/a (6 puntos) pola formación formación complementaria nalgunha das seguintes áreas:
- Animación Xuvenil ou monitor/a de tempo libre, ou Coordinador/a de tempo libre, xestión cultural con mozos/as. ( 4 puntos)
- Informática, en especial en bases de datos, follas de cálculo, deseño de páxinas web, así como en outro tipo de aplicacións e soportes para a xeración de contidos e o seu mantemento na internet.( 2 puntos), Valorarase con 0,5 puntos por cada curso de 20h de duración en cada un dos contidos sinalados.
- ° Para o/a técnico/a de son ( 2 puntos) pola formación complementaria, Valorarase con 1 punto por cada 100 horas de formación relacionada con calquera das seguintes materias:
- Vídeo Son DJ Produción Musical.
- Sonorización en Directo.
- Produción Musical, de audio e MIDI con software Pro Tools
- Especialista en Vídeo Son DJ.
- Microfonía
## 7.2.4.Pola achega a maiores, por parte do persoal adscrito, de formación en menores con NEE (Necesidades Especiais) : valorarase con ata un máximo de 2 puntos.
- Para valorar este criterio se outorgará 1 punto por cada curso de mínimo 20 horas realizado por parte do persoal requerido. Non se valorará máis dun curso por monitor/a.
- Os cursos deberán estar realizados en entidades tanto públicas como privadas e deberán especificarse as materias do mesmo por horas co fin de confirmar as características de contido requiridas.
## 7.3.- XUSTIFICACIÓN DOS CRITERIOS DE VALORACIÓN.
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 7/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 7 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
- Xustifícase a elección destes criterios de adxudicación por canto todos eles proporcionan información adecuada para a elección do contratista máis capacitado desde o punto de vista técnico, así como tamén en proporción coa mellor oferta en relación calidade-prezo para a Administración.
- Ao ser un servizo cun elevado carácter social, é moi importante para a administración o contido e as actividades que conforman o mesmo, razón pola que o Plan de organización e da prestación de servizos de execución será valorado en base a súa calidade e contido de actividades a desenvolver , debendo estar minuciosamente detalladas para a súa valoración.
- A realización de cursos de formación para o persoal adscrito capacitará a este para a atención ás problemáticas que poidan presentar os/as menores usuarios do servizo e en consecuencia redundará na mellora das prestacións obxecto do contrato.
## 7.4.- XUSTIFICACIÓN DAS FÓRMULAS
Os criterios avaliables mediante fórmula, valoraranse da seguinte forma:
1. Para valorar as baixas ou aqueles criterios nos que se valore unha diminución dos valores propostos pola Administración (menor prezo, menor prazo, menores consumos, etc.) con carácter previo á aplicación das fórmulas é preciso calcular o valor de referencia das baixas.
## a) Cálculo do valor referencia das baixas (Vrb):
- O valor da baixa ofertada obterase restando ao valor proposto pola Administración o valor ofertado polo contratista.
As ofertas ordenaranse por orde decrecente do valor da baixa. En función do número de ofertas admitidas que non conteñan valores anormais ou desproporcionados serán descartadas para este cálculo:
- Entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- Entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as tres primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Máis de 15 ofertas: eliminaranse as catro primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Entre os valores de baixa non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá o Valor referencia das baixas (Vrb).
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 8/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 8 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
- b) Para valorar baixas inferiores ao Vrb aplicarase a seguinte fórmula: P = 0,80 * Pmx * Vof
Vrb
Onde:
Pmx: puntuación máxima do criterio
Vof: valor ofertado de baixa
Vrb: valor referencia das baixas
- c) Para valorar baixas iguais ou superiores ao Vrb aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: Puntuación máxima do criterio
A: diferenza entre o valor da baixa ofertada e o Vrb
B: a maior diferenza entre o valor de baixas ofertadas e o Vrb
2. Para valorar aqueles criterios nos que se valore un aumento dos valores propostos pola Administración (aumento prazo de garantía, incrementos de persoal, incremento do control da calidade, etc) con carácter previo á aplicación das fórmulas é preciso calcular o valor de referencia dos incrementos.
- a) Calculo do valor referencia dos incrementos (Vri):
O valor do incremento ofertado obterase restando ao valor ofertado polo contratista o valor proposto pola Administración. As ofertas ordenaranse por orden decrecente do valor do incremento. En función do número de ofertas admitidas, por cada fracción de 5 ofertas admitidas, serán descartadas para este cálculo:
- Entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- Entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as tres primeiras.
- Ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Máis de 15 ofertas: eliminaranse as catro primeiras ofertas da lista da
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 9/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 9 de 16 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Entre os valores de incremento non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá o Valor referencia dos incrementos (Vri).
## b) Para valorar incrementos inferiores ó Vri aplicarase a seguinte fórmula: P = 0,80 * Pmx * Vof
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: puntuación máxima do criterio
Vof: valor ofertado de incremento
Vri: valor referencia dos incrementos
- c) Para valorar incrementos iguais ou superiores ao Vri aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: Puntuación máxima do criterio
A: diferenza entre o valor do incremento ofertado e o Vri
B: a maior diferenza entre o valor de incremento ofertadas e o Vri3.- As fórmulas só serán de aplicación para valorar ofertas admitidas. As ofertas que contendan valores anormais ou desproporcionados de acordo co establecido na cláusula 17 deste prego, non serán obxecto de valoración. Tampouco serán de aplicación cando no procedemento só exista un contratista admitido. Neste caso outorgaráselle a máxima puntuación sen necesidade de aplicar a fórmula.
3. Na aplicación das fórmulas só se terán en conta dous decimais.
4. Os eventuais empates resolveranse aplicándose os criterios de desempate previstos no artigo 147 da LCP.
5. Xustificación das fórmulas. Estas fórmulas son adecuadas e proporcionais, outorgando a maior puntuación á oferta que resulte máis vantaxosa en relación calidade-prezo, respectan a concorrencia e non favorecen a ningún contratista.
4. 8.- DISTRIBUCIÓN DA PUNTUACIÓN E PREVALENCIA DOS CRITERIOS DE CALIDADE
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 10/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 10 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## ( Anexo IV).
- -En atención ao obxecto deste contrato e a finalidade perseguida, considerouse oportuno establecer unha fase de avaliación mediante xuízo de valor (40%), que teña como obxectivo identificar entre as ofertas presentadas aquelas que proporcionen unha maior calidade respecto dos elementos esenciais para garantir unha correcta execución dos servizos obxecto do contrato. Nos criterios de fórmula (60%), ademais da redución do prezo de contrato, prevense a maiores outros criterios que redundarán na calidade do servizo prestado por estar relacionados coa maior formación/ experiencia do persoal adscrito a prestación do servizo en temas relacionados cos menores e co colectivo mozo en xeral.
- Os criterios establecidos permiten valorar a calidade das ofertas en base ao estudo pormenorizado das achegas que cada contratista realice e que mellor atendan aos obxectivos perseguidos con este contrato.
## 9.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS
- 1.- Considerarase que a proposición contén ofertas anormalmente baixas nos seguintes casos:
- a) Considerarase que son ofertas anormalmente baixas aquelas nas que a baixa sobre o
- orzamento de licitación sexa superior ao valor resultante da suma de dez puntos porcentuais do valor da media aritmética das baixas ofertadas en valor porcentual. As ofertas ordenaranse por orde decrecente do valor da baixa. Para o cálculo da
- media aritmética das baixas serán descartadas as seguintes ofertas:
- Entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- Entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse a oferta que conteña o valor máis alto e a que conteña o valor máis baixo.
- Entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas ofertas que conteñan o valor máis alto, aínda que o valor de baixa sexa idéntico e a que conteña o valor máis baixo.
- Máis de 15 ofertas: eliminaranse as dúas ofertas que conteñan o valor máis alto, aínda que o valor de baixa sexa idéntico e as dúas ofertas que conteñan o valor máis baixo.
Entre os valores de baixa en euros non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá a media aritmética das baixas ofertadas. Será calculado en valor porcentual e aplicarase con dous decimais.
## 10.- CONDICIONES ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
- a) Toda a documentación, publicidade, imaxes ou materiais deberán empregar un uso non
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 11/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 11 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
sexista da linguaxe. Non se poderán empregar imaxes que discriminen ás mulleres ou que favorezan estereotipos sexistas. Usarán unha linguaxe inclusiva e fomentarán unha imaxe con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, corresponsabilidade e pluralidade de roles e identidades de xénero.
- b) Así mesmo, no deseño e produción das actividades deberán ter en conta o uso recurrente de material reciclable, normas de uso dentro dentro e fora dos espazos utilizados, elaboración de recursos con material reciclado ou reciclaxe do material utilizado nas actividades diarias.
- Esta condición especial de execución está directamente relacionada cos servizos obxecto deste contrato, son axeitadas coa finalidade perseguida, non resultan discrimatorias e son plenamente axustadas ao Dereito da Unión Europea.
## 11.- MEDIOS PERSOAIS A ADSCRIBIR Á EXECUCIÓN DO CONTRATO
Consultar esta información no PPT do presente expte.
## 12.- INFORMACIÓN ESIXIDA POLO ARTIGO 130 LCSP
- O contratista aterase á lexislación vixente e ao previsto no correspondente convenio colectivo aplicable en materia de subrogación nos contratos laborais do persoal afectado polo presente expediente de contratación: ' Resolución de 10 de marzo de 2021, de la Dirección General de Trabajo, por la que se rexistra e publica o III Convenio colectivo marco estatal del sector ocio educativo y animación sociocultural.' Artigo 37, 'Derecho de subrogación' se adxunta documento informativo do persoal a subrogar no ANEXO I.
- De conformidade co artigo 130 da Lei de Contratos do Sector Público no listado do anexo (ANEXO I do expte 10.287-336, 'Información esixida polo artigo 130 da LCSP') figuran os datos básicos da plantilla de traballadores que actualmente prestan os servizos obxecto de licitación, datos proporcionados pola empresa actual contratista do servizo de dinamización infantil.
- Neste ANEXO I falta a figura do/a Coordinador/a dado que, ao amparo do citado convenio, artigo 37 ( Derecho de subrogación ), apdo 1, no párrafo donde di' No será subrogable ni el cónyuge ni el personal con parentesco hasta segundo grado de consanguinidad o afinidad con el empresario saliente. Tampoco será subrogable si tiene dicho parentesco con las personas integrantes de su órgano de gobierno y/o Administración, así como el que tenga algún cargo ejecutivo en la empresa o accionista o socio de la empresa.' se da esta circustancia polo que este persoal NON será persoal subrogable.
## 13.- PRAZO DE GARANTÍA
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 12/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 12 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
Non se establece por tratarse dun servizo de mera actividade, sen prexuízo da prerrogativa que dispón o artigo 331.6 LCSP de depurar responsabilidades do contratista por calquera eventual incumprimento detectado con posterioridade.
## 14.- SUBCONTRATACIÓN
Non se establecen limitacións.
## 15.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO
Non se prevé ningunha modificación do contrato.
## 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO
Aos efectos do artigo 62 da LCSP, o seguimento e execución do contrato correspóndelle ao Servizo de Xuventude á quen lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización das prestación pactada. En ausencia da Xefatura de Servizo será a Técnico de Xuventude, Belén Mediero Rodriguez a persoa responsable.
## 17.- SEGURO
Esixirase a suscripción das oportunas pólizas de seguros, que deberá cumprir cos requisitos acto seguido sinalados:
- 1.- Seguro de Responsabilidade Civil con entidade aseguradora legalmente autorizada, co obxeto de cubrir as obrigas derivadas do obxeto do contrato. Dito seguro de Responsabilidade Civil deberá ter un límite de indemnización non inferior a 600.000 euros por sinistro e ano para cubrir os danos materiais e/ou persoais ocasionados a terceiros. - As garantías mínimas esixidas para este seguro de Responsabilidade Civil serán: RCivil Explotación - incluíndo a garantía de RCivil Subsidiaria no caso de subcontratar algún servizo do contrato. RCivil Patronal - cun sublímite por vítima nunca inferior a 300.000 €
- RCivil Profesional de técnicos en plantilla (si é o caso)
- RCivil Locativa que non poderá ser nunca inferior a 150.000 €
- RCivil Post-traballos / Servizos
- RC por danos a bens confiados cun sublímite nunca inferior a 15.000 € por sinistro e ano
- A póliza reseñada deberá prestar cobertura durante todo o período da execución do contrato e ata a conclusión da mesma e polas reclamacións acontecidas durante éste período de execución e que sexan reclamados tras 24 meses despois da súa finalización.
- Defensa xurídica e Fianzas.
- 2.- Seguro de Accidentes con entidade aseguradora legalmente autorizada, co obxeto de cubrir os accidentes que poidan sufrir os/as participantes nas actividades/talleres organizados.
As garantías e capitais mínimos esixidos para este seguro de seguro de Accidentes serán: Morte por Accidente - 3.000 €/Asegurados
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 13/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 13 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
- Invalidez Permanente Parcial según baremo por accidente - 3.000 €/Asegurado
- Asistencia Sanitaria por accidente: Ilimitada en centros concertados.
- A garantía da Asistencia Sanitaria deberá garantizar o pago dos Gastos da Asistencia Sanitaria en que incurran os/as participantes como asegurados, e comprende os gastos de asistencia urxente ou primeiros auxilios, asistencia médica, ambulancia e traslados de carácter urxente, hospitalización e rehabilitación.
- Por centro concertado entenderase un establecemento público ou privado, Hospital, Centro Sanitario ou Clínica, legalmente autorizado para o tratamento médico de enfermidades ou lesións corporais cos medios materiais e personais necesarios para facer diagnósticos ou intervencións quirúrxicas.
- 3.- Calquer outro seguro de contratación obrigatoria conforme a lexislación en vigor durante o período de duración do contrato.
- Antes do comenzo do inicio do contrato, o Concello de Vigo disporá de copia das pólizas suscritas, así como tamén dos correspondentes xustificantes dos recibos liquidados, sendo obrigación do contratista o pago dos recibos xenerados polas pólizas, tanto no momento da súa contratación como na súa renovación ou calquer outro que se devengue durante a vida das pólizas, sendo da súa exclusiva responsabilidade calquer defecto de cobertura orixinada pola falta de pago.
- En caso de sinistro, calquer diferencia que surxa no pago das indemnizacións, xa sexa por aplicación de franquías ou outro tipo de descuberto dos seguros contratados, deberá ser soportada pola contratista.
- A contratista se obriga a reparar os danos e responder por aqueles riscos que non queden garantizados nas pólizas de seguro descritas anteriormente, a fin de levar a bo término o obxeto do contrato, conforme as obrigas e responsabilidades asumidas. A contratación das pólizas descritas non eximirá nin limitarán as obrigas e responsabilidades derivadas do obxeto do contrato.
- Os xustificantes de suscripción das pólizas de seguros agora esixidas, sólo se esixirá á contratista cuxa oferta sexa determinada como a mellor relación calidade-prezo e deberá ser presentado, en todo caso, antes do inicio de execución do contrato.
## 18.- LUGAR DE PRESTACIÓN
As actividades previstas no presente contrato desenvolveranse nos espazos integrados no denominado Vigosónico ubicado no Polígono de Valadares en Vigo, ou naquel outro espazo ou lugar que fixe o Servizo de Xuventude por necesidades de programación.
## 19.- DATA PREVISTA PARA O INICIO DO CONTRATO
A data prevista para o inicio do contrato é o 9 de maio de 2026 ou a partir da data na que se formalicen os contratos coa contratista.
## 20.- CESIÓN DE DATOS Á CONTRATISTA
Si.
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 14/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 14 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIADETURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
- Os datos e información dos/das menores e dos pais/nais e titores/as, se ceden ao contratista coa finalidade exclusiva de poder realizar de xeito óptimo as prestacións obxecto do contrato
## 21.- OUTROS ASPECTOS A TER EN CONTA NA REDACCIÓN DO PCAP: OBRIGACIÓNS DA CONTRATISTA.
## a) Obrigas xerais:
Ademais de todas as obrigas inherentes ao prego de prescricións técnicas:
- Deseño calendarizado da programación a medio prazo do espazo Vigosónico.
- Xestionar correctamente as necesidades concretas e puntuais que poidan xurdir no desenvolvemento diario das distintas actividades.
- Participar nas reunións de coordinación .
- Realizar as labores de información individualizada a familiares e/ou educadores que o soliciten sobre o colectivo usuario, tendo en conta a LOPD.
## b) O brigas respecto ao persoal
- 1.- A contratista nomeará a unha persoa responsable que será o/a interlocutor/a entre a empresa e o Servizo de Xuventude, que velará pola correcta execución das prestacións obxecto do contrato. Terá que ter capacidade de decisión e resolución e estar sempre localizable en horario laboral para asistir ao Concello en todo o relacionado coas prestacións do contrato, e deberá estar dispoñible para calquera convocatoria de reunión presencial por parte do Servizo de Xuventude.
- 2.- Absolutamente todo o persoal da contratista que se relacione dunha ou outra forma cos traballos que aquí se licitan deberá estar provisto do certificado de non estar incluído na Base de Datos do Rexistro Central de Delincuente sexuais . Para acreditar esta circunstancia o contratista que resulte proposto deberá aportar o certificado antes de que os profesionais teñan contacto cos/as menores.
## 22.- DECLARACIÓN CONFLITO DE INTERESES:
Os/as abaixo asinantes declaran a ausencia do conflito de intereses en relación con este expediente nos termos da resolución aprobada pola concelleira delegada da Área de Contratación, Patrimonio e Xestión Municipal de data 3 de marzo de 2021, adoptada en execución do obxectivo 3.4.1 do do plan operativo ( Resolución concellería 17/12/2019) correspondente a liña estratéxica 3 do marco estratéxico ( AXGL 12/12/2019) do Plan de Integridade na Contratación do Concello de Vigo.
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 15/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 15 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |
<!-- image -->
## SERVIZODE XUVENTUDE
## CONCELLERIA DE TURISMO EXUVENTUDE
## CONCELLO DEVIGO
<!-- image -->
Asemade, a concelleira delegada de Xuventude e Turismo e a técnica de xuventude; subscriben declaración de non estar incursas en posible conflito de intereses, nos termos establecidos no modelo aprobado para a Xunta de Goberno Local por resolución da concelleira delegada de Xestión Municipal de 24 de febrero de 2021 e no Plan de Integridade na Contratación.
## 23.- OUTRAS CUESTIÓNS
Non existe cesión de dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
BM
Vigo, a data da sinatura dixital,
A Técnica de Xuventude, Belén Mediero Rodriguez
Conforme, (Decreto delegación de firma do 24/02/2026 por ausencia de María del Carmen Lago Barreiro).
Dna Ana María Mejías Sacaluga, A Concelleira da Área de Goberno de Emprego, Patrimonio, Tecnoloxía e Relación coas empresas, Turismo e Xuventude (Resolución de Alcaldía de data 25/09/2025, BOPPO nº 186 do 30/09/2025 )
Contratación da XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DE VIGOSÓNICO EXPTE 10.287-336
Páx. 16/16
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:07 Páxina 16 de 16 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 | CSV: ABBAAH-C131EE-39DB2D-ZHEVLQ-SM71WH-FD |