Acuerdo de iniciación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them (so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
<!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE EXPEDIENTE: 10.287-336. ASUNTO: PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE DENOMINADO VIGOSÓNICO Expte: 10287/336. ## INFORME SOBRE A XUSTIFICACIÓN DA NECESIDADE E IDONEIDADE DO CONTRATO E ORDE DE INICIO DE EXPEDIENTE. ## 1. Motivación da necesidade e a idoneidade do contrato. - Este informe-proposta redáctase de conformidade co establecido no artigo 28 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP), e os artigos 165.1, 172.1 e 175 do Real Decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais. - O presente contrato ten por obxecto a contratación daprestación do servizo de xestión do centro de usos múltiples da Concellería de Xuventude: VIGOSÓNICO e o desenvolvemento das accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e actividades de dinamización xuvenil que se desenvolven no citado espazo. ## 2. Necesidades a satisfacer pola Administración: - O obxecto específico deste contrato require de persoal especializado nos temas de dinamización xuvenil e accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e, en consecuencia é necesario proceder a súa contratación externa, toda vez que o Concello de Vigo, non conta con persoal para levar a cabo as funcións esixibles para o desenvolvemento desta actividade. Por estas razón faise necesario encomendar este servizo a unha entidade externa, para que o programa poida ser desenvolto correctamente por persoal cualificado. 1 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 1 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE - As necesidades se relacionan a continuación: - Apertura e peche das instalacións. - Control e manexo de equipamento técnico ( alarma, calefacción e iluminación ). - Custodia de chaves. - Efectuar pequenas reparacións ordinarias de fontanería, carpintería, albanelería, que non precisen especial cualificación como: arranxos de bisagras, pechaduras, colgadoiros, billas que pinguen, sanitarios, pequenas fugas de auga. - Atender incidencias puntuais de limpeza que poidan xurdir ao longo do horario, filtracións, humidades, por entrada de auga o rotura. - Atención público: presencial, telefónica, electrónica. - Realizar control da ocupación, número usuarios/as das instalacións. - O deseño de programación e contidos de actividades, recursos e avaliación dos mesmos. - A execución, coordinación, control e seguimento das actividades. - A xestión dos grupos que soliciten ensaiar confeccionando o correspondente calendario. - Elaboración do deseño curricular, das unidades didácticas e fichas técnicas das accións formativas (ou doutro tipo) correspondentes a cada área de docencia. - A provisión de recursos humanos, materiais e equipamentos necesarios para seu desenvolvemento. - O mantemento e substitución,no caso avaría irreparable, do material musical que forma do centro. - O seguimento e avaliación do programa. - -A Concellería de Xuventude non dispón de recursos humanos e materiais suficientes nin adecuados para a realización dos traballos que require a xestión do Centro de Usos Múltiples de Vigosónico, sobre todo tendo en conta a especialidade de dito centro relacionada coa música. 2 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 2 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE ## 3. Contratación e procedemento. - A contratación a realizar cualifícase como contrato de servizos de carácter administrativo , de conformidade co establecido nos artigos 17 e 25 da Ley 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP). A presente contratación encádrase no contrato de servizos administrativos, sociais, educativos, sanitarios e culturais do Anexo IV da citada Lei. A forma de tramitación será a ordinaria. - O tipo de procedemento será aberto de acordo co establecido no artigo 156 da LCSP. O contrato que terá carácter administrativo atópase no suposto recollido no artigo 22.1.c), polo que non estará suxeito a regulación harmonizada. A tramitación do procedemento é a ordinaria conforme ao artigo 156 da LCSP. CODIFICACIÓN correspondente coa categoría 92000000-1 'Servizos de esparcemento, culturais e deportivos '. - En cumprimento do establecido no art. 99.3.b) da L.C.S.P., considérase adecuado non dividir este contrato en lotes a fin de conseguir a execución deste por unha única empresa: O obxecto do contrato non se divide en lotes conforme ao artigo 99 da LCSP, por no ser compatible coa natureza que integra o servizo, dado que calquera fraccionamento en lotes poñería en risco a correcta e adecuada execución do contrato que debe ofrecer unha atención integral ao colectivo mozo usuario, asegurándose de este modo o desenvolvemento de actividades que estimulen a creatividade e aprendizaxe e potencien a participación e, por tal motivo considérase adecuado non dividir este contrato en lotes a fin de conseguir a execución deste por unha única empresa e non interferir na coordinación da execución da prestación das actividades, o cal incidiría de xeito negativo tanto na prestación do servizo como no prezo deste. Polo exposto, o obxecto do presente contrato é a prestación do servizo de xestión do centro de usos múltiples VIGOSÓNICO e o desenvolvemento das accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e actividades de dinamización xuvenil. 3 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 3 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE - As prestacións que abranguen o presente contrato son: - Apertura e peche das instalacións. - A provisión de recursos humanos, materiais e equipamentos necesarios para seu desenvolvemento. - Atención público: presencial, telefónica, electrónica. - O deseño de programación e contidos de actividades, recursos e avaliación dos mesmos. - Atender ás demandas do colectivo usuario e formular- coordinados co equipo técnico da Concellería de Xuventude-, posibles iniciativas e accións de interese xuvenil a desenvolver . - A execución, coordinación, control e seguimento das actividades. - A xestión dos grupos que soliciten ensaiar confeccionando o correspondente calendario. - Comunicar e coordinarse co equipo técnico da Concellería de Xuventude para garantir a consecución de obxectivos. - O seguimento e avaliación do programa. - Elaboración do deseño curricular, das unidades didácticas e fichas técnicas das accións formativas (ou doutro tipo) correspondentes a cada área de docencia. - Control e manexo de equipamento técnico ( alarma, calefacción e iluminación ). - Custodia de chaves. - Efectuar pequenas reparacións ordinarias de fontanería, carpintería, albanelería, que non precisen especial cualificación como: arranxos de bisagras, pechaduras, colgadoiros, billas que pinguen, sanitarios, pequenas fugas de auga. - Atender incidencias puntuais de limpeza que poidan xurdir ao longo do horario, filtracións, humidades, por entrada de auga o rotura. - Realizar control da ocupación, número usuarios/as das instalacións. - O mantemento e substitución,no caso avaría irreparable, do material musical que forma do centro. 4 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 4 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE <!-- image --> - O presente contrato está previsto no Plan anual de contratación e poderá imputarse á aplicación orzamentaria '3370.2279901. GASTOS XESTIÓN E MANTENEMENTO VIGOSÓNICO' ## 4. Ámbito competencial. A Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuída a competencia exclusiva en materia de réxime local, de acordo co artigo 27 do seu Estatuto de Autonomía, respectando a autonomía que á entidades locais lles recoñecen os artigos 140 e 142 da Constitución e de acordo co artigo 27.2 do Estatuto. O artigo 2.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril (LBRL), que na súa redacción actual derivada da reforma da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, continúa facendo referencia a que para a efectividade da autonomía garantida constitucionalmente ás Entidades Locais, a lexislación do Estado e a das Comunidades Autónomas, reguladora dos distintos sectores de acción pública, segundo a distribución constitucional de competencias, deberá 'asegurar aos municipios o seu dereito a intervir en cantos asuntos afecten directamente ao círculo dos seus intereses, atribuíndolles as competencias que proceda en atención ás características da actividade pública de que se trate e á capacidade de xestión da Entidade Local, de conformidade cos principios de descentralización, proximidade, eficacia e eficiencia, e, como engade agora a reforma, con estrita suxeición á normativa de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira'. Na Sentenza do Tribunal Constitucional 214/1989, do 21 de decembro, exprésase que a función constitucional encomendada ao lexislador estatal é a de garantir os mínimos competenciais que dotan de contido e efectividade á garantía da autonomía local, xa que non se descende á fixación detallada de tales competencias, pois o propio Estado non dispón de todas elas. De aí que esa ulterior operación quede deferida ao lexislador competente por razón da materia, respectando as bases estatais e, en particular , o artigo 2.1 e os artigos 25.2, 26 e 36 da LBRL. 5 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 5 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE <!-- image --> - O servizo de Xuventude ten atribuído en virtude da resolución da alcaldía do 17 de agosto de 2020 competencias en materia de xestión de actividades e programas e o mantemento de equipamentos e instalacións adscritos á Concellería de Xuventude na Concelleria delegada Mª del Carmen Lago Barreiro. ## PROPOSTA DE RESOLUCIÓN: Iniciar o expediente administrativo nº 10.287-336 para a contratación da prestación do servizo de xestión do centro de usos múltiples da Concellería de Xuventude: VIGOSÓNICO e o desenvolvemento das accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e actividades de dinamización xuvenil que se desenvolven no citado espazo. Vigo, na data da sinatura dixital Asdo: Belén Mediero Rodriguez Técnico de Xuventude ## DECRETO Vista a precedente proposta, RESOLVO de conformidade coa mesma. A Concelleira Delegada de Xuventude ( Resolución da Alcaldía de data 28/06/2023, BOPPO nº129 de data 5/07/2023) Asdo: Mª Carmen Lago Barreiro 6 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 6 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image --> SERVIZO DE XUVENTUDE ## CONCELLERÍA DE TURISMO E XUVENTUDE DOU FE, A secretaria de administración municipal Susana Gallardo Fariña. 7 | Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:08 Páxina 7 de 7 | |-----------------------------------------|--------------------------------------------------| | 10287-336 | CSV: A2B2AF-C639E9-3DDFC2-VX9HL5-GGQFVK-FD | <!-- image -->