10287-336-0143-PPS-SEC.pdf
Pliego / Legal
Ver licitación
{# full_text keeps real newlines; whitespace-pre-wrap renders them
(so no |linebreaks filter, which would double the spacing). #}
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
PREGO DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO DO SERVIZO PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES VIGOSÓNICO
## ÍNDICE
## I. ELEMENTOS DO CONTRATO
1. NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO
2. ÓRGANO DE CONTRATACIÓN
3. SERVIZO XESTOR E RESPONSABLE DO CONTRATO
4. OBXECTO DO CONTRATO
5. NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER MEDIANTE O CONTRATO
6. RÉXIME ECONÓMICO-ORZAMENTARIO DO CONTRATO
7. APLICACIÓN ORZAMENTARIA E ANUALIDADES NAS QUE SE DISTRIBÚE
8. PRAZO
9. APTITUDE PARA CONTRATAR
## II. ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
10. PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN E FORMA DE TRAMITACIÓN
11. PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS
12. COMUNICACIÓNS E NOTIFICACIÓNS
13. PRESENTACIÓN DAS PROPOSICIÓNS
14. CONTIDO DOS SOBRES
15. CRITERIOS PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
16. CRITERIOS PARA A CONSIDERACIÓN DE OFERTAS ANORMALMENTE BAIXAS
17. APERTURA DA DOCUMENTACIÓN E DAS PROPOSICIÓNS
18. CLASIFICACIÓN DE OFERTAS
19. GARANTÍAS ESIXIBLES
20. ADXUDICACIÓN
21. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
22. ACORDO DE NON ADXUDICACIÓN DO CONTRATO OU DE NON FORMALIZACIÓN E DESISTENCIA
23. CÓDIGO ÉTICO
## III. EXECUCIÓN DO CONTRATO
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
Data impresión: 07/04/2026 08:05
<!-- image -->
24. EXECUCIÓN DO CONTRATO
25. OBRIGAS DO CONTRATISTA
26. CUMPRIMENTO DOS PRAZOS E MORA
27. CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
28. PERSOAL DO CONTRATISTA
29. CUMPRIMENTO DA NORMATIVA RELATIVA Á PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
30. RÉXIME DE PAGAMENTOS
31. REVISIÓN DE PREZOS
32. SUSPENSIÓN DO CONTRATO
33. MODIFICACIÓN DO CONTRATO
34. INCUMPRIMENTOS CONTRACTUAIS
35. CRITERIOS DE GRADACIÓN DOS INCUMPRIMENTOS CONTRACTUAIS
36. PENALIDADES
37. PROCEDEMENTO PARA A IMPOSICIÓN DE PENALIDADES
38. SUBCONTRATACIÓN
39. CESIÓN
## IV.CUMPRIMENTO E EXTINCIÓN
40. CUMPRIMENTO DO CONTRATO
41. PRAZO DE GARANTÍA
42. LIQUIDACIÓN E DEVOLUCIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA
43. RESOLUCIÓN DO CONTRATO
## V. XURISDICIÓN E RECURSOS
44. XURISDICIÓN
45. RECURSO DE REPOSICIÓN
46. RECURSO DE ALZADA
47. RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN
## VI. ANEXOS
ANEXO I: FEC
ANEXO II: DECLARACIÓN RESPONSABLE (A PRESENTAR POLOS LICITADORES NO SOBRE A)
ANEXO III: COMPROMISO DE POSTA A DISPOSICIÓN DE MEDIOS POR UN TERCEIRO (A PRESENTAR POLO POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR CANDO PROCEDA)
ANEXO IV: NOMEAMENTO DO DELEGADO DO CONTRATO E ACORDO DE CONFIDENCIALIDADE E PARA A AUTORIZACIÓN DO ACCESO Á REDE DO CONCELLO DE VIGO (A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR)
ANEXO V: DECLARACIÓN DE AUSENCIA DE CONFLITO DE INTERESES (DACI) PARA OS CONTRATISTAS E SUBCONTRATISTAS (A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR)
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 2 de 69 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## ANEXO I: FEC
## 1. DATOS DO EXPEDIENTE
- A) NÚMERO DE EXPEDIENTE:
- B) SERVIZO XESTOR:
- C) RESPONSABLE DO CONTRATO:
- D) UNIDADE TRAMITADORA:
- E) OFICINA CONTABLE:
- F) ÓRGANO XESTOR:
- G) TRAMITACIÓN:
- H) TIPO DE PROCEDEMENTO:
- I) TRÁTASE DUN CONTRATO DE REGULACIÓN HARMONIZADA:
- J) TRÁTASE DUN CONTRATO SOMETIDO A RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN:
- K) TRÁTASE DUN CONTRATO RESERVADO AO ABEIRO DO PREVISTO NA DISPOSICIÓN ADICIONAL 4ª DA LCSP:
## 2. OBXECTO
- A) OBXECTO DO CONTRATO:
- B) CODIFICACIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO:
- CPV:
- CATEGORÍA DO SERVIZO NO ANEXO IV DA LCSP:
- C) NECESIDADES A SATISFACER POLA ADMINISTRACIÓN:
- D) LOTES:
## 3. CONTIDO ECONÓMICO
- A) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN (IVE incluído):
- B) IVE A SOPORTAR POLA ADMINISTRACIÓN:
- C) DESAGREGACIÓN DOS CUSTES DIRECTOS E INDIRECTOS DO ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN (artigo 100.2 LCSP):
- D) DESAGREGACIÓN DOS CUSTES SALARIAIS POR XÉNERO E CATEGORÍA PROFESIONAL:
- E) VALOR ESTIMADO DO CONTRATO:
- F) MÉTODO DE CÁLCULO DO VALOR ESTIMADO E CONCEPTOS QUE COMPRENDE:
- G) ANUALIDADES CON IVE:
- H) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN E VALOR ESTIMADO DE CADA LOTE:
- I) PREZOS UNITARIOS (con IVE ):
- J) APLICACIÓN ORZAMENTARIA:
- K) ANTICIPADO DE GASTO:
- L) FINANCIADO/COFINANCIADO POR OUTRAS INSTITUCIÓNS (en caso afirmativo, indicar cal):
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- M) TRÁTASE DUN CONTRATO DE SERVIZOS EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES DA ADMINISTRACIÓN CON ORZAMENTO MÁXIMO (DISPOSICIÓN ADICIONAL 33ª DA LCSP):
## 4. PRAZO
- A) PRAZO TOTAL:
- B) PRAZOS PARCIAIS:
- C) PRÓRROGA DO CONTRATO E, EN CASO AFIRMATIVO, DURACIÓN:
- D) DATA PREVISTA PARA O INICIO DO CONTRATO:
5. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA E PROFESIONAL
- A) CLASIFICACIÓN ALTERNATIVA QUE ACREDITE A SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA E PROFESIONAL:
- B) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA:
- C) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL:
- D) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN:
- E) TAREFAS OU TRABALLOS QUE DEBERÁ REALIZAR DIRECTAMENTE O LICITADOR NO CASO DE QUE INTEGRE A SÚA SOLVENCIA CON MEDIOS EXTERNOS:
- F) MEDIOS PERSOAIS E MATERIAIS A ADSCRIBIR Á EXECUCIÓN DO CONTRATO:
- G) HABILITACIÓN PROFESIONAL:
- H) CONDICIÓNS ESPECIAIS DE COMPATIBILIDADE:
6. CONTIDO DA DOCUMENTACIÓN DOS SOBRES B E C
- A) CONTIDO SOBRE B:
- B) CONTIDO SOBRE C:
7. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
- A) CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO DE VALOR:
- B) CRITERIOS AVALIABLES A TRAVÉS DE FÓRMULA:
- C) COMITÉ DE EXPERTOS (En caso afirmativo, composición):
- D) CRITERIOS PARA DETERMINAR QUE A OFERTA CONTÉN VALORES ANORMAIS:
8. VARIANTES
- A) ADMÍTENSE VARIANTES:
- B) REQUISITOS MÍNIMOS:
- C) MODALIDADES:
- D) CARACTERÍSTICAS:
9. GARANTÍAS
- A) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA PROVISIONAL (EN CASO AFIRMATIVO IMPORTE):
Data impresión: 07/04/2026 08:05
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- B) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA COMPLEMENTARIA (EN CASO AFIRMATIVO IMPORTE):
- C) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA DEFINITIVA:
10. PRAZO DE GARANTÍA
4. 11.RÉXIME DE PAGAMENTO
5. 12.LUGAR DE ENTREGA DAS PRESTACIÓNS
6. 13.ASEGURAMENTO
- A) PROCEDE CONSTITUÍR SEGURO ESPECÍFICO (en caso afirmativo, clase e contía)
14. SUBCONTRATACIÓN
- A) TAREFAS CRÍTICAS NON OBXECTO DE SUBCONTRATACIÓN:
## 15. MODIFICACIÓN DO CONTRATO
- A) ESTÁ PREVISTA A MODIFICACIÓN DO CONTRATO:
- B) ASPECTOS A MODIFICAR:
- C) CIRCUNSTANCIAS QUE DETERMINAN A MODIFICACIÓN:
- D) LIMITES DA MODIFICACIÓN:
- E) ESPECIALIDADES, NO SEU CASO, DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN:
## 16.OUTROS ASPECTOS DO CONTRATO:
- A) OUTRAS CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN:
- B) OUTROS DEREITOS E/OU OBRIGAS DO CONTRATISTA:
- C) OUTROS SUPOSTOS DE INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL E/OU PENALIDADES:
- D) OUTRAS CAUSAS DE RESOLUCIÓN DO CONTRATO:
- E) INFORMACIÓN ESIXIDA POLO ARTIGO 130 DA LCSP:
- F) ESÍXESE INFORME DE PROBAS OU UN CERTIFICADO COMO MEDIO DE PROBA DO CUMPRIMENTO DAS PRESCRICIÓNS TÉCNICAS ESIXIDAS, DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN OU DAS CONDICIÓNS DE EXECUCIÓN DO CONTRATO:
- G) CESIÓN DE DATOS AO CONTRATISTA:
- H) CESIÓN DE DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL OU INDUSTRIAL:
- I) EXCEPTÚASE A OBRIGA DE PRESENTAR PROGRAMA DE TRABALLO:
- J) OBSERVACIÓNS:
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 5 de 69 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
## I. ELEMENTOS DO CONTRATO
## CLÁUSULA 1.NATUREZA E RÉXIME XURÍDICO DO CONTRATO
1.1.- Este contrato, de natureza administrativa, cualifícase como de servizos (artigo 17 LCSP). Rexerase polo disposto neste prego, no que se inclúen os pactos e condicións definidoras dos dereitos e obrigas que asumirán o órgano de contratación, os licitadores e, no seu momento, os adxudicatarios. Este prego establece as condicións xerais aplicables ás contratacións que tendo natureza análoga se adecúen ás condicións previstas nas cláusulas do prego. A individualización de cada contratación conformarase mediante as especificacións previstas nas Follas de Especificación do Contrato (FEC), recollidas como Anexo I deste prego.
1.2.- Terán carácter contractual, pola orde de prelación na que se indican, os seguintes documentos:
- a) Este prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP)
- b) O prego de prescricións técnicas (PPT)
- c) A oferta do adxudicatario
- d) O documento no que se formalice o contrato
Prevalecendo o prego de cláusulas administrativas particulares no caso de discrepancia co resto dos documentos contractuais.
1.3.- Sen prexuízo do disposto con carácter xeral para os contratos das Corporacións Locais, o contrato rexerase polas seguintes normas:
- a) Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014 (LCSP)
- b) Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do Sector Público, no que non se opoña á Lei 9/2017 (RLCSP).
- c) Regulamento xeral da Lei de contratos das Administracións Públicas aprobado por Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, no que non se opoña á Lei 9/2017 (RLCAP).
1.4.- Se o contrato é financiado con Fondos europeos indicarase no apartado 3.J das FEC. Neste caso deberá someterse ás disposicións do tratado da Unión Europea e aos actos fixados en virtude do mesmo e será coherente coas actividades, políticas e prioridades comunitarias a prol do desenvolvemento sustentable e mellora do medio ambiente, debendo promover o crecemento, a competitividade, o emprego e a inclusión social, así como a igualdade entre homes e mulleres, de conformidade co disposto no Regulamento (CE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións xerais relativas aos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos.
- 1.5.- O órgano de contratación ostenta, en relación con este contrato, as prerrogativas de interpretalo, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 6 de 69 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
interese público, declarar a responsabilidade imputable ao contratista a raíz da execución do contrato, suspender a execución, acordar a resolución e determinar os efectos desta, consonte ao previsto nos artigos 190 e seguintes da LCSP.
## CLÁUSULA 2.- ÓRGANO DE CONTRATACIÓN
- 2.1.- O órgano de contratación é a Xunta de Goberno local do Concello de Vigo.
- a) O enderezo postal é Praza do Rei, 1 - 36202 Vigo
- b) O enderezo web do Rexistro Electrónico do Concello de Vigo é https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=ga
- 2.2.- Toda a información relativa a súa actividade contractual publicarase no seu Perfil de contratante, aloxado na Plataforma de Contratos del Sector Público. Poderá consultarse en https://contrataciondelestado.es/wps/poc?
[uri=deeplink:perfilContratante&idBp=MXWpfb1rXoYQK2TEfXGy%2BA%3D%3D](https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:perfilContratante&idBp=MXWpfb1rXoYQK2TEfXGy%2BA%3D%3D)
## CLÁUSULA 3.- SERVIZO XESTOR E RESPONSABLE DO CONTRATO
- 3.1.- O servizo xestor do expediente, que figura no apartado 1.B das FEC, é a unidade encargada do seguimento e execución ordinaria do contrato, de conformidade co previsto no artigo 62 da LCSP. Unha vez aprobado o prego poderá cambiarse á petición do/as concelleiro/as delegado/as do servizo xestor actual e do que o vai substituír, que o comunicarán á área de Contratación, a cal formulará a proposta ao órgano de contratación para a súa aprobación. Este cambio, se ben afecta ao prego de cláusulas administrativas particulares, non terá a consideración de modificación contractual.
- 3.2.- O/a responsable do contrato será a persoa física ou xurídica designada no apartado 1.C da FEC ou nomeado/a pola Xunta de Goberno local no acordo de aprobación do expediente. Se unha vez designado fose necesario cambialo, o/a concelleiro/a delegado/a do servizo xestor indicará esta circunstancia a área de Contratación, o cal formulará a proposta ao órgano de contratación para a súa aprobación. Este cambio, se ben afecta ao prego de cláusulas administrativas particulares, non terá a consideración de modificación contractual.
- 3.3.- Ao/a responsable del contrato corresponderanlle, entre outras, as seguintes funcións:
- a) Supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada.
- b) Propor ao órgano de contratación as modificacións contractuais e as prórrogas do contrato.
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- c) Comprobar que o contratista achega para a execución do contrato os medios materiais e persoais esixidos.
- d) Cando se esixa algún tipo de seguro, requirir ao contratista a presentación da póliza correspondente.
- e) Propor ao órgano de contratación a incoación de expediente para a imposición de penalidades.
- f) No suposto de mora na execución do contrato, emitir informe sobre se o atraso foi producido por motivos imputables ao contratista.
- g) Conformar as facturas.
- h) Comprobar que o contratista está ao corrente dos seus pagamentos cos provedores e subcontratistas que teña contratado para a execución do contrato.
- i) Comprobar que o contratista cumpre coas condicións especiais de execución e as súas obrigas esenciais.
- j) Velar por que na execución do contrato non se dean situacións que poidan propiciar a existencia dunha cesión ilegal de traballadores/as ou dar lugar á declaración de relacións laborais entre a Administración e o persoal do contratista.
- k) Requirirlle ao contratista toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas de información recollidas na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
## CLÁUSULA 4.- OBXECTO DO CONTRATO
- 4.1.- O contrato terá por obxecto a prestación do servizo sinalado no apartado 2.A das FEC.
- 4.2.- No caso de que se prevexan lotes no apartado 2.D das FEC, indicarase:
- a) O nº de lotes para os que un mesmo/a candidato/a ou licitador pode presentar oferta.
- b) O nº de lotes que poden adxudicarse a cada licitador. Neste caso, fixaranse os criterios a aplicar para o suposto de que un licitador resulte adxudicatario de máis dun lote.
- c) A posibilidade de presentar ofertas combinadas para varios lotes, concretando a combinación ou combinacións que se admitirán, así como a solvencia e capacidade esixida en cada unha delas.
- 4.3.- A CPV e, cando proceda, a categoría do contrato no Anexo IV da LCSP, figuran no apartado 2.B das FEC.
## CLÁUSULA 5.- NECESIDADES ADMINISTRATIVAS A SATISFACER MEDIANTE O CONTRATO
- 5.1.- Mediante a execución do contrato á que se refire este prego de cláusulas administrativas particulares satisfaranse as necesidades que se describen no apartado 2.C das FEC.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 8 de 69 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- 5.2.- A xustificación da necesidade da contratación recollerase nun informe nos termos previstos no artigo 28 da Lei de contratos do Sector Público, que será publicado no perfil de contratante.
## CLÁUSULA 6.- RÉXIME ECONÓMICO-ORZAMENTARIO DO CONTRATO
- 6.1.- O orzamento base de licitación é o que se fixa no apartado 3.A das FEC.
- 6.2.- A cantidade que neste contrato corresponde ao imposto sobre o valor engadido é a que se fixa no apartado 3.B das FEC.
- 6.3.- O valor estimado do contrato, de acordo co establecido no artigo 101 da LCSP, é o fixado no apartado 3.C das FEC. Indicarase o seu método de cálculo e os conceptos que comprende no apartado 3.D.
- 6.4.- No caso de que se establezan lotes, o orzamento base de licitación e o detalle do IVE, así como o valor estimado, para cada lote, fíxase no apartado 3.H das FEC.
- 6.5.- Se o prezo do contrato se formulase en termos de prezos unitarios, estes relacionáranse no apartado 3.I das FEC. Tamén se poderán fixar prezos unitarios para os efectos de calcular o prezo das posibles modificacións do contrato.
- 6.6.- As proposicións dos licitadores deberán ser, en todo caso, iguais ou inferiores ao orzamento base de licitación. En caso contrario, serán excluídas.
## CLÁUSULA 7.- APLICACIÓN ORZAMENTARIA E ANUALIDADES NAS QUE SE DISTRIBÚE
- 7.1.- Para a execución dos compromisos económicos derivados desta contratación existe crédito na aplicación orzamentaria que se indica no apartado 3.J das FEC.
- 7.2.- Se o expediente de contratación se tramitase como anticipado de gasto, indicarase este circunstancia no apartado 3.K das FEC.
- 7.3.- Se a execución do contrato abarcase máis dun exercicio orzamentario, detallarase o gasto previsto para cada anualidade no apartado 3.G das FEC establécese a previsión do detalle do orzamento en anualidades orzamentarias. Este subordinarase ao crédito que durante o prazo contractual autorice o respectivo orzamento conforme ao previsto no artigo 174.1 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais.
## CLÁUSULA 8.- PRAZO
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 9 de 69 |
|-----------------------------------------|---------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 8.1.- O prazo inicial do contrato será o establecido no apartado 4.A da FEC.
- 8.2.- Os prazos parciais para a execución do contrato serán, no seu caso, os establecidos no apartado 4.B das FEC.
- 8.3.- Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa previa formalización.
- 8.4.- Este contrato poderá ser obxecto de prórroga se así se prevé no apartado 4.C das FEC, e polo prazo nel sinalado. Será obrigatoria para o adxudicatario, sempre que medie preaviso do servizo xestor, cando menos, con dous meses de antelación á finalización do prazo de duración do contrato. Quedan exceptuados da obriga de preaviso os contratos cuxa duración fora inferior a dous meses.
- 8.5.- A aprobación da prórroga requirirá acordo expreso da Xunta de Goberno local, a proposta do responsable do contrato, previo informe favorable da Asesoría Xurídica e a Intervención Xeral. Estará condicionada a existencia de crédito adecuado e suficiente.
- 8.6.- A data prevista para o inicio do contrato será a sinalada no apartado 4.D das FEC agás nos supostos que por mor da tramitación do expediente de contratación non fose posible formalizalo na mesma, en cuxo caso se fixará no contrato, dentro do prazo dos 30 días naturais seguintes á data da súa formalización.
- 8.7.- No caso dos contratos declarados urxentes o inicio da execución do contrato non poderá exceder dun mes, contado desde a formalización (artigo 119.2 LCSP).
## CLÁUSULA 9.- APTITUDE PARA CONTRATAR
- 9.1.- Están capacitados para contratar con esta Administración as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, acrediten a correspondente solvencia económica e técnica ou se atopen debidamente clasificadas e non estean afectadas por ningunha das prohibicións de contratar enumeradas no artigo 71 da LCSP. Os contratistas deberán contar tamén coa habilitación empresarial ou profesional esixible, no seu caso, para a realización das prestacións obxecto do contrato. As persoas xurídicas só poderán ser adxudicatarias de contratos cuxas prestacións estean comprendidas dentro dos fins, obxecto ou ámbito de actividade que, a teor dos seus propios estatutos ou regras fundacionais, séxanlles propios.
- 9.2.- No caso de que se trate dun contrato reservado dos previstos na disposición adicional cuarta da LCSP só poderán presentarse á licitación os Centros Especiais de Emprego de iniciativa social e as empresas de inserción reguladas, respectivamente, no texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobada mediante Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e na Lei 44/2007, do 13 de decembro, para a regulación do réxime das empresas de inserción, que cumpran cos requisitos establecidos na devandita normativa para ter esta consideración. Neste caso deberán acreditar esta circunstancia.
- 9.3.- As empresas poderán concorrer agrupadas en unións temporais, que se constitúan temporalmente para o efecto, sen que sexa necesaria a formalización das mesmas en
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 10 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
escritura pública ata que se efectue a adxudicación do contrato ao seu favor. Os empresarios que concorran en UTE quedan obrigados solidariamente e deberán nomear a unha persoa representante ou apoderada única da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións derivadas do contrato, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobranzas e pagos de contía significativa. A efectos da licitación, deberán indicar os nomes e circunstancias dasque a constitúan e a participación de cada unha, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de ser adxudicatarias do contrato.
- 9.4.- Cando non sexa esixible a clasificación para acreditar a solvencia necesaria, as empresas, ou os empresarios que concorran agrupados en UTE, poderán basearse na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que, durante toda a duración da execución do contrato, dispón efectivamente deses medios, e a entidade á que recorra non estea incursa nunha prohibición de contratar, debendo a tal fin achegar o compromiso escrito desta así como da responsabilidade solidaria conxunta de ambas para responder do contrato en caso de que se recorra a un terceiro para integrar a solvencia económica.
Poderá fixarse no apartado 5.E da FEC que certas tarefas ou traballos, de acordo coa súa natureza especial, sexan executadas directamente polo contratista.
- 9.5.- A concorrencia da aptitude para contratar será declarada polos licitadores mediante a presentación do Documento único europeo de contratación (DEUC). Este poderá obterse e cumprimentarse na páxina do Ministerio de Facenda https://visor.registrodelicitadores.gob.es/home.
- 9.6.- Se na fase de preparación do contrato tivese intervido algún empresario:
- a) Na elaboración da documentación preparatoria do contrato.
- b) Asesorando ao órgano de contratación para a súa elaboración.
- c) Participando, no seu caso, nas consultas preliminares ao mercado celebradas.
Indicarase esta circunstancia no apartado 5.H da FEC e relacionaranse as empresas afectadas.
Se esta circunstancia impedise participar ao interesado na licitación será preciso evacuarlle trámite de audiencia, nos termos establecidos no artigo 70 da LCSP.
- 9.7.- As empresas estranxeiras deberán achegar unha declaración de sometemento á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitante. Xúntase modelo no anexo II.
- 9.8.- A aptitude para contratar deberá reunirse na data final de presentación das ofertas e subsistir no momento da perfección do contrato. A Administración poderá requirirlles aos
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 11 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
licitadores a súa acreditación en calquera momento do procedemento anterior á formulación da proposta de adxudicación, con excepción dos certificados que acrediten que está ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias (fronte ao Estado, Comunidade autónoma e Concello de Vigo) e coa Tesourería da Seguridade Social, que serán solicitados de oficio por esta Administración agás cando conste oposición expresa do licitador. Para estes efectos concederáselle un prazo de tres días. De non presentar a documentación requirida no prazo establecido entenderase que o licitador desiste do procedemento. Fóra deste suposto, a documentación acreditativa da capacidade do contratista esixiráselle unicamente ao primeiro clasificado.
## II. ADXUDICACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
## CLÁUSULA 10.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN E FORMA DE TRAMITACIÓN
- 10.1.- O contrato adxudicarase aplicando o procedemento aberto e a forma de tramitación do expediente será a fixada no apartado 1.G da FEC podendo ser:
- a) Ordinaria, conforme ao disposto no artigo 116 da LCSP.
- b) Urxente, segundo o previsto no artigo 119 da LCSP. Neste caso deberá constar no expediente a resolución pola que se declara e motiva esta clase de tramitación.
- 10.2.- A tramitación urxente do contrato suporá a redución dos prazos na forma sinalada nos artigos 119 e 137 da LCSP.
- 10.3.- Se o contrato está suxeito a regulación harmonizada deberá indicarse esta circunstancia no apartado 1.I da FEC.
## CLÁUSULA 11.- PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E ACLARACIÓNS
- 11.1.- O anuncio da licitación publicarase no perfil de contratante do Concello de Vigo. Se o contrato está suxeito a regulación harmonizada a licitación publicarase, ademais, previamente, no Diario Oficial da Unión Europea.
- 11.2.- Os licitadores poderán obter do perfil de contratante os pregos e toda a documentación contractual necesaria para preparar a súa oferta, en formato aberto e editable.
- 11.3.- Con carácter previo á presentación da documentación, os licitadores poderán solicitar a aclaración de dúbidas sobre os pregos e a documentación complementaria.
- 11.4.- As aclaracións e documentación poderán solicitarse, a través da Plataforma de Contratación del Sector Público, ata 12 días antes da finalización do prazo de presentación de ofertas. Estas serán contestadas polo órgano de contratación, mediante respostas que terán carácter vinculante e serán publicadas no perfil de contratante como máximo 6 días antes da finalización do citado prazo. No caso de que o procedemento sexa urxente este último prazo reducirase a 4 días.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 12 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- 11.5.- Os licitadores poderán obter información das obrigas e disposicións vixentes en materia fiscal, medio ambiente, emprego e condicións laborais nos seguintes organismos:
- a) Fiscalidade: Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia e Agencia Estatal de Administración Tributaria da Administración Xeral do Estado.
- b) Protección do medio ambiente: Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e Agencia Europea de Medio Ambiente da Unión Europea.
- c) Protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais e inserción sociolaboral de persoas con discapacidade: Consellería de Emprego, Comercio e Inmigración e Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia; Ministerio de Igualdad, Ministerio de Trabajo y Economía Social; Fundación Estatal para la Prevención de Riesgos Laborales e Instituto Nacional de Seguridad y Salud en el Trabajo.
## CLÁUSULA 12.- COMUNICACIÓNS E NOTIFICACIÓNS
- 12.1.- As comunicacións entre o Concello e os licitadores realizaranse a través do enderezo de correo electrónico sinalado polos licitadores, sen prexuízo da publicidade dos actos emitidos, cando legalmente proceda, e da práctica das notificación esixidas pola lei.
- 12.2.- Para estes efectos, os licitadores deberán designar na Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP) un enderezo de correo electrónico.
- 12.3.- As notificacións practicaranse por medios electrónicos o mesmo día da publicación do seu contido no perfil de contratante. Cando nelas se sinale algún prazo para a práctica dalgunha actuación polo destinatario, este computarase desde a data de publicación no perfil de contratante (disposición adicional 15ª LCSP).
## CLÁUSULA 13.- PRESENTACIÓN DAS PROPOSICIÓNS
- 13.1.- A documentación presentarase dentro do prazo fixado no anuncio da licitación, en formato electrónico, axustándose ás especificacións das disposicións adicionais 15ª e 16ª da LCSP.
- 13.2.- As proposicións dos interesados deberán axustarse ao previsto no prego de cláusulas administrativas particulares e a súa presentación suporá a aceptación incondicionada do seu contido, así como a autorización para consultar os datos recollidos no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do sector público ou nas listas oficiais de operadores económicos dun Estado membro da UE (artigo 139.1), así como no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, salvo que o licitador indique o contrario.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 13 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 13.3.- As proposicións serán secretas. Arbitraranse as ferramentas que garantan que soamente as persoas autorizadas poidan acceder aos datos e á documentación transmitida cando finalice o prazo especificado.
- 13.4.- Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición, sen prexuízo da admisibilidade de variantes cando así se estableza no apartado 8.A das FEC, cos requisitos mínimos, modalidades e características que se fixan nos apartados 8.B, C e D da FEC. En todo caso, as variantes propostas deberán ter relación directa co obxecto do contrato.
Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurar en máis dunha unión temporal.
## A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas.
- 13.5.- A presentación das proposicións deste procedemento realizarase a través da Plataforma de Contratación do Sector Público (PLACSP) ( https://contrataciondelestado.es ), para iso o licitador debe estar rexistrado como usuario na mesma.
A presentación realizarase de conformidade coas indicacións dadas na Guía dos Servizos de Licitación Electrónica para Empresas que poderán atoparse no seguinte enlace: https://contrataciondelestado.es/wps/portal/guiasAyuda. Nesta guía documéntase como o licitador debe preparar e enviar a documentación e os sobres que compoñen as ofertas mediante a 'Ferramenta de Preparación e Presentación de Ofertas'.
- 13.6.- No suposto de que, por razóns técnicas, non puidese facerse efectiva a entrega da proposición na PLACSP, obterase un xustificante de presentación da pegada dixital. Este xustificante entregarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo antes de que remate o prazo de presentación de ofertas. Se a presentación no Rexistro Xeral non fose posible, o xustificante enviarase ao correo de Contratación: contratacion@vigo.org
- O licitador, neste suposto, presentará os sobres en soporte electrónico encriptados no Rexistro Xeral no prazo das 24 horas posteriores á pegada dixital.
- 13.7.- En ningún caso deberán presentarse documentos non encriptados. A presentación de documentos non encriptados dos que puidese coñecerse o seu contido antes do correspondente acto de apertura dará lugar á non admisión do licitador .
## CLÁUSULA 14.- CONTIDO DOS SOBRES
- 14.1.- Para tomar parte na licitación será preciso que o interesado achegue a documentación distribuída en tres sobres ou arquivos electrónicos: 1) SOBRE A: DOCUMENTACIÓN PERSOAL; 2) SOBRE B: PROPOSICIÓN AVALIABLE MEDIANTE XUÍZO DE VALOR e 3) SOBRE C: PROPOSICIÓN AVALIABLE MEDIANTE FÓRMULA.
- 14.2.- Nos procedementos nos que a totalidade dos criterios de adxudicación sexan avaliables mediante fórmula, unicamente se presentarán dous sobres: o sobre A, coa
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 14 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
documentación persoal e o sobre C, que conterá o modelo de proposición que figura no apartado 6.B das FEC.
## 14.3.- O contido do 'SOBRE A: DOCUMENTACIÓN PERSOAL' será o seguinte:
- 14.3.1.- Presentarase o Documento Europeo Único de Contratación (DEUC) e o Anexo II.
- 14.3.2.- No caso de que varios empresarios concorran agrupados nunha unión temporal, cubrirase o compromiso de constitución en UTE previsto no Anexo II e achegarase un DEUC por cada empresa participante.
- 14.3.3.- Así mesmo, nos casos nos que o empresario recorra á solvencia e medios doutras empresas, cada unha delas deberá presentar un DEUC.
- 14.3.4.- No caso de que os datos incluídos na documentación persoal non sexan veraces , o órgano de contratación con independencia da responsabilidade penal na que puidera incorrer o declarante, excluirá ao licitador do procedemento, previa a tramitación dun procedemento contraditorio, e reclamaralle 250 € en concepto de penalidade. Así mesmo, poderá iniciar procedemento para declarar a existencia de prohibición para contratar de acordo co previsto no artigo 72 da LCSP.
## 14.4.- O contido do 'SOBRE B: PROPOSICIÓN AVALIABLE MEDIANTE XUÍZO DE VALOR' será o seguinte:
- 14.4.1.- Incluirá aqueles documentos que sexan precisos para a valoración dos criterios que dependan dun xuízo de valor. O seu contido detallarase no apartado 6.A da FEC.
- 14.4.2.- Se así se establece no apartado 16.G da FEC poderase esixir neste sobre un informe de probas , ou un certificado expedido por algún dos 'Organismos de Avaliación da Conformidade' acreditados pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) ou entidade análoga a nivel europeo, como medio de proba do cumprimento das prescricións técnicas exixidas, dos criterios de adxudicación ou das condicións de execución do contrato.
No caso de que o licitador non teña acceso a ditos certificados ou informes de probas nin á posibilidade de obtelos nos prazos fixados, supletoriamente, aceptaranse polo órgano de contratación outros medios de proba adecuados distintos aos sinalados no parágrafo anterior, tales como un informe técnico do fabricante, sempre que a falta de acceso non sexa por causa imputable ao mesmo e que este sirva para demostrar que o obxecto do contrato que proporcionará cumpre cos requisitos anteriormente sinalados.
- 14.4.3.- Os licitadores poderán designar como confidencial parte da información facilitada por eles neste sobre, en especial, con respecto aos segredos técnicos ou comerciais e aos seus aspectos confidenciais.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 15 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
Poderá solicitarse a confidencialidade da documentación na que concorra algunha das seguintes circunstancias:
- a) Que comporte unha vantaxe competitiva para a empresa
- b) Que se trate dunha información verdadeiramente reservada, é dicir, descoñecida por terceiros
- c) Que represente un valor estratéxico para a empresa e poida afectar á súa competencia no mercado
Non resultan admisibles as declaracións xenéricas de confidencialidade de todos os documentos ou datos da oferta, nin dos documentos que sexan publicamente accesibles. De formularse unha declaración xenérica de confidencialidade, non será admitida.
A solicitude de confidencialidade deberá reflectirse claramente, sobreimpresa, á marxe ou de calquera outra forma claramente identificable no propio documento que teña tal condición.
Para que o órgano de contratación acepte a solicitude de confidencialidade e a declare, deberán indicarse os motivos que a xustifiquen.
O órgano de contratación non poderá divulgar a información declarada confidencial sen o consentimento do licitador.
14.4.4.- A Mesa, en resolución motivada, excluirá da licitación ás proposicións nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
- a) A incorporación a este sobre de información relativa aos criterios que poidan valorarse mediante cifras ou porcentaxes obtidos a través da aplicación de fórmulas previstas no apartado 7.B da FEC.
- b) A falta de presentación dos documentos esixidos no apartado 6.A da FEC.
- c) Que incumpra o disposto no prego de prescricións técnicas.
## 14.5.- O contido do 'SOBRE C: PROPOSICIÓN AVALIABLE MEDIANTE FÓRMULA' será o seguinte:
- 14.5.1.- A proposición avaliable mediante fórmula deberá axustarse ao modelo que se recolle no apartado 6.B das FEC.
- 14.5.2.- A Mesa, en resolución motivada, excluirá da licitación as proposicións nas que concorra algunha das seguintes circunstancias:
- a) Que non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida
- b) Excedese do orzamento base de licitación
- c) Se apartase substancialmente do modelo establecido
- d) Comportase erro manifesto no importe da proposición
- e) Existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 16 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## CLÁUSULA 15.- CRITERIOS PARA A ADXUDICACIÓN DO CONTRATO
- 15.1.- O órgano de contratación acordará a adxudicación mediante a aplicación dos criterios previstos nos apartados 7.A e 7.B da FEC.
- 15.2.- Os criterios avaliables mediante fórmula, agás que se fixe outro sistema de valoración no apartado 7.B da FEC, valoraranse da seguinte forma:
15.2.1.- Para valorar as baixas ou aqueles criterios nos que se valore unha diminución dos valores propostos pola Administración (menor prezo, menor prazo, menores consumos, etc.) con carácter previo á aplicación das fórmulas é preciso calcular o valor de referencia das baixas.
## a) Cálculo do valor referencia das baixas (Vrb):
O valor da baixa ofertada obterase restando ao valor proposto pola Administración o valor ofertado polo licitador.
As ofertas ordenaranse por orde decrecente do valor da baixa. En función do número de ofertas admitidas que non conteñan valores anormais serán descartadas para este cálculo:
- Entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- Entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as tres primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
- Máis de 15 ofertas: eliminaranse as catro primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor de baixa sexa idéntico.
Entre os valores de baixa non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá o Valor referencia das baixas (Vrb).
- b) Para valorar baixas inferiores ao Vrb aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: puntuación máxima do criterio
Vof: valor ofertado de baixa
Vrb: valor referencia das baixas
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 17 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- c) Para valorar baixas iguais ou superiores ao Vrb aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: Puntuación máxima do criterio
A: diferenza entre o valor da baixa ofertada e o Vrb
B: a maior diferenza entre o valor de baixas ofertadas e o Vrb
15.2.2.- Para valorar aqueles criterios nos que se valore un aumento dos valores propostos pola Administración (aumento prazo de garantía, incrementos de persoal, incremento do control da calidade, etc.) con carácter previo á aplicación das fórmulas é preciso calcular o valor de referencia dos incrementos.
## a) Cálculo do valor referencia dos incrementos (Vri):
O valor do incremento ofertado obterase restando ao valor ofertado polo licitador o valor proposto pola Administración.
As ofertas ordenaranse por orde decrecente do valor do incremento. En función do número de ofertas admitidas, por cada fracción de 5 ofertas admitidas, serán descartadas para este cálculo:
- entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas primeiras ofertas da lista do orde decrecente, aínda que o valor do incremento sexa idéntico.
- entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as tres primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor do incremento sexa idéntico.
- máis de 15 ofertas: eliminaranse as catro primeiras ofertas da lista da orde decrecente, aínda que o valor do incremento sexa idéntico.
Entre os valores de incremento non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá o Valor referencia dos incrementos (Vri).
## b) Para valorar incrementos inferiores ao Vri aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: puntuación máxima do criterio
Vof: valor ofertado de incremento
Vri: valor referencia dos incrementos
Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- c) Para valorar incrementos iguais ou superiores ao Vri aplicarase a seguinte fórmula:
<!-- formula-not-decoded -->
Onde:
Pmx: Puntuación máxima do criterio
A: diferenza entre o valor do incremento ofertado e o Vri
B: a maior diferenza entre o valor de incremento ofertadas e o Vri
- 15.3.- As fórmulas só serán de aplicación para valorar ofertas admitidas. As ofertas anormalmente baixas de acordo co establecido na cláusula 16 deste prego, non serán obxecto de valoración. As fórmulas tampouco serán de aplicación cando no procedemento só exista un licitador admitido. Neste caso outorgaráselle a máxima puntuación sen necesidade de aplicar a fórmula.
- 15.4.- Na aplicación das fórmulas só se terán en conta dous decimais.
- 15.5.- Os eventuais empates resolveranse no primeiro lugar a favor das proposicións presentadas por aquelas empresas que, no momento de vencemento do prazo de presentación de ofertas, teñan no seu persoal un número de traballadores con discapacidade superior ao imposto pola normativa vixente. Para acreditar esta circunstancia será preciso presentar os contratos de traballo e documentos de cotización á Seguridade Social dos traballadores discapacitados. Se esta circunstancia concorrese en varias das empresas empatadas, terá preferencia na adxudicación do contrato o licitador que dispoña de maior porcentaxe de traballadores fixos con discapacidade no seu cadro de persoal (artigo 147 LCSP).
Se continuase o empate aplicaranse o resto dos criterios de desempate regulados no artigo 147 da LCSP segundo a orde que nel se establece.
## CLÁUSULA 16.CRITERIOS PARA A CONSIDERACIÓN DE OFERTAS ANORMALMENTE BAIXAS
- 16.1.- Considerarase que a proposición contén ofertas anormalmente baixas nos seguintes casos:
- 16.1.1- Se o contrato debe adxudicarse tendo en conta o prezo como único criterio de valoración , aplicaranse os parámetros obxectivos que se prevexan regulamentariamente.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 19 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 16.1.2- Cando a adxudicación deba facerse tendo en conta máis dun criterio de adxudicación , considerarase que son ofertas anormalmente baixas aquelas nas que a baixa sobre o orzamento de licitación sexa superior ao valor resultante da suma de dez puntos porcentuais do valor da media aritmética das baixas ofertadas en valor porcentual.
As ofertas ordenaranse por orde decrecente do valor da baixa. Para o cálculo da media aritmética das baixas serán descartadas as seguintes ofertas:
- a) entre 3 e 5 ofertas admitidas: eliminarase só a oferta que conteña o valor máis alto.
- b) entre 6 e 10 ofertas admitidas: eliminaranse a oferta que conteña o valor máis alto e a que conteña o valor máis baixo.
- c) entre 11 e 15 ofertas admitidas: eliminaranse as dúas ofertas que conteñan o valor máis alto, aínda que o valor de baixa sexa idéntico e a que conteña o valor máis baixo.
- d) máis de 15 ofertas: eliminaranse as dúas ofertas que conteñan o valor máis alto, aínda que o valor de baixa sexa idéntico e as dúas ofertas que conteñan o valor máis baixo.
Entre os valores de baixa en euros non descartados será calculada a media aritmética e dito valor constituirá a media aritmética das baixas ofertadas. Será calculado en valor porcentual e aplicarase con dous decimais.
- 16.2.- No apartado 7.D das FEC poderán fixarse outros criterios para determinar cando as ofertas son anormalmente baixas.
- 16.3.- Cando aplicando estes criterios, a Mesa de Contratación identifique unha o varias ofertas incursas en presunción de anormalidade, notificaráselle ao licitador e concederáselle audiencia por un prazo de tres días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións de acordo co establecido no artigo 149 da LCSP. A xustificación presentarase a través do Rexistro Electrónico Xeral.
- 16.4.- A Mesa solicitará informe ao servizo xestor da xustificación presentada polo licitador, no seu caso.
- 16.5.- Á vista da xustificación presentada e do informe do servizo xestor, a Mesa de Contratación deberá propoñer ao órgano de contratación a aceptación ou rexeitamento da citada proposición por non poder ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais. Neste último caso, o órgano de contratación terá que excluíla do proceso de licitación.
- 16.6.- De conformidade co disposto no artigo 149.4 da LCSP, o órgano de contratación, en todo caso, rexeitará as ofertas se comproba que son anormalmente baixas porque vulneran a normativa sobre subcontratación, ou non cumpren as obrigas aplicables en materia medioambiental, social ou laboral, nacional ou internacional, incluíndo o incumprimento dos convenios colectivos sectoriais vixentes.
- 16.7.- Cando presentasen ofertas empresas que pertenzan a un mesmo grupo conforme ao previsto no artigo 42.1 do Código de comercio, tomarase en conta unicamente aquela que sexa máis baixa, e iso con independencia de que presenten a súa oferta en solitario ou conxuntamente con outra empresa ou empresas alleas ao grupo e coas cales concorran en unión temporal.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 20 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## CLÁUSULA 17.- APERTURA DA DOCUMENTACIÓN E DAS PROPOSICIÓNS
17.1.- A cualificación dos documentos e o exame e a valoración das proposicións correspóndelle á Mesa de contratación do Concello de Vigo , cuxa composición figura no perfil do contratante, que se atopa na páxina https://contrataciondelestado.es/wps/poc? uri=deeplink:perfilContratante&idBp=MXWpfb1rXoYQK2TEfXGy%2BA%3D%3D, agás nos procedementos nos que se designe un Comité de expertos, en cuxo caso, correspóndelle a este a valoración do sobre B. A súa composición indicarase no apartado 7.C das FEC.
## Realizarase do seguinte xeito e por esta orde:
1. No prazo máximo de vinte días contado dende a data de finalización do prazo de presentación de ofertas, a Mesa reunirase para a cualificación da documentación do sobre A e a apertura do sobre B. Con carácter previo a esta sesión, a Secretaría procederá á desencriptación e apertura do sobre A.
2. Cualificada a documentación do sobre A, a Mesa declarará admitidos inicialmente á licitación aos licitadores que teñan presentado correctamente a documentación persoal.
3. Se a Mesa de Contratación observase defectos ou omisións no DEUC ou nas declaracións responsables que se inclúen no sobre A, ou do seu contido puidera deducirse que algún dos licitadores non reúne os requisitos para ser admitido como licitador neste procedemento, notificaralle aos interesados esta circunstancia, concedéndoselles un prazo de tres días para que os corrixan ou emenden, presentando a documentación requirida a través do Rexistro electrónico xeral do Concello.
4. Recibida a documentación achegada en prazo de emenda reunirase a Mesa para a súa cualificación e procederá a declarar a admisión ou non admisión do/s licitador/es segundo se considere que a documentación é ou non correcta.
5. Unha vez que a Mesa decida sobre a admisión, ou a non admisión por non emendar a documentación persoal, dos licitadores, abrirase o sobre B .
6. Para a valoración do sobre B a Mesa poderá solicitar os informes técnicos que estime precisos, que deberán emitirse no prazo de 10 días hábiles. Naqueles procedementos nos que se designe un comité de expertos, corresponderalle a este a valoración deste sobre, para o cal terá un prazo de 15 días hábiles. O resultado da valoración darase a coñecer no perfil de contratante con carácter previo á apertura do sobre C.
7. O sobre C abrirase en acto público no día anunciado no perfil de contratante. Unha vez aberto darase a coñecer aos asistentes o contido das proposicións económicas dos licitadores admitidos.
8. Para a valoración do sobre C a Mesa poderá solicitar os informes técnicos que estime precisos, que deberán emitirse no prazo de 10 días hábiles. En caso de que algunha das ofertas sexa anormalmente baixa, procederase conforme ao previsto no artigo 149 da LCSP e na cláusula 16 deste prego.
17.2.- De todo o actuado deixarase constancia documental no expediente.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 21 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
## 17.3.- Procedemento para a suplencia de membros do comité de expertos:
- a) Nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade, ou cando teña sido declarada a abstención, recusación ou conflito de intereses dalgún dos membros, o servizo xestor coa conformidade da concellería delegada indicará esta circunstancia á Área de Contratación e Novos Proxectos, a cal formulará a proposta de nomeamento de suplentes ao órgano de contratación.
- b) O acordo de nomeamento de suplentes deberá publicarse no perfil de contratante para os efectos de que os interesados poidan promover a recusación dos seus membros.
- c) O comité non poderá reunirse antes de que transcorran 3 días desde a publicación do acordo.
## CLÁUSULA 18.- CLASIFICACIÓN DE OFERTAS
- 18.1.- A Mesa de Contratación clasificará as proposicións presentadas de acordo co disposto no artigo 150 da LCSP e elevará a correspondente proposta ao órgano de contratación para a súa aprobación.
## 18.2.Documentación a presentar polo primeiro clasificado:
No acordo de clasificación requirirase ao licitador cuxa oferta estea clasificada en primeiro lugar, para que presente, se non a achegara xa con anterioridade ou non figurase nun rexistro de contratistas, no prazo máximo de dez días hábiles:
- 1) A documentación acreditativa da súa aptitude para contratar de conformidade co que dispón o artigo 140 da LCSP, que se detalla no apartado 18.3.
- 2) A acreditación da constitución de garantía definitiva , tal e como se detalla na cláusula 19.
- 3) Os anexos IV e V deste prego.
- 4) No caso de que varios empresarios concorran agrupados nunha unión temporal , achegarase a documentación por cada empresa participante.
- 5) Así mesmo, se se integra a solvencia coa dun terceiro , presentará o Anexo III así como a documentación acreditativa dos seguintes extremos: a personalidade xurídica deste, da súa representación, da solvencia que aporte, do contrato/acordo/convenio/ou calquera outro negocio xurídico a celebrar/celebrado coa citada entidade, e que permitirá a comprobación de que dispón dos medios que porá a disposición do licitador para completar a súa solvencia.
## 18.3.Documentación acreditativa da aptitude para contratar
## 18.3.1.Documentos acreditativos da personalidade xurídica
- a) Os empresarios individuais, DNI.
- b) Os empresarios persoas xurídicas, a escritura ou os documentos nos que conste a constitución da entidade e os estatutos polos que se rexa, debidamente inscritos no Rexistro Mercantil ou no que corresponda.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 22 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- c) A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea ou de Estados signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde estean establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación.
- d) Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa.
## 18.3.2.Documentos acreditativos da representación
Cando a proposición non apareza asinada polos licitadores deberá incluírse o poder outorgado a favor de quen subscriba/n a proposición.
## 18.3.3.Acreditación da solvencia económica e financeira
Acreditarase, indistintamente, por calquera dos seguintes medios excepto que no apartado 5.B das FEC se determinen outros distintos:
- a) Volume anual de negocios. Considerarase con solvencia económica e financeira aos licitadores cuxo volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos concluídos sexa, cando menos, igual ou superior ao 70% da anualidade media do orzamento base de licitación, ou do lote correspondente, cando o contrato se licite por lotes, excepto no caso de que a súa duración, incluídas as prórrogas, non sexa superior a un ano, suposto no que se terá en conta ou 70% do valor estimado do contrato, ou do lote correspondente.
Para calcular a anualidade media do orzamento base de licitación dividirase este entre os meses de duración do contrato, sen ter en conta as eventuais prórrogas, e multiplicarase por 12.
Acreditarase por medio das contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estivera inscrito en dito rexistro, e no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito.
Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 23 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
De non existir obriga de depósito de contas nun rexistro público, poderá acreditarse mediante a presentación de calquera modelo oficial declarado ante a Axencia Tributaria onde quede reflectido o volume anual de negocios.
- b) Documento acreditativo de posuír a clasificación alternativa prevista no apartado 5.A.
## 18.3.4.Acreditación da solvencia técnica e profesional
Acreditarase, indistintamente, por calquera dos seguintes medios, excepto que no apartado 5.C das FEC se determinen outros distintos:
- a) Unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos tres anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos tres anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior ao 70% da anualidade media do orzamento base de licitación do contrato ou do lote, excepto no caso de que a duración do contrato sexa inferior a un ano, suposto no que se terá en conta o 70% do orzamento base de licitación do contrato ou do lote.
Para determinar se un servizo é de igual ou similar natureza atenderase aos tres primeiros díxitos do código CPV.
Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, acompañado dos documentos que consten no seu poder que acrediten a realización da prestación.
- b) Documento acreditativo de posuír a clasificación alternativa prevista no apartado 5.A.
## 18.3.5.Acreditación da solvencia técnica e profesional das empresas de nova creación
Se o contrato non está suxeito a regulación harmonizada, as empresas de nova creación (aquelas que teñan unha antigüidade inferior a 5 anos) poderán acreditar a solvencia técnica por algún dos medios previstos nas letras b) a i) do apartado 1 do artigo 90 da LCSP, agás que no apartado 5 das FEC se sinalen outros distintos.
## 18.3.6.Medios persoais e materiais a adscribir á execución do contrato
Deberá achegar a acreditación destes medios que, no seu caso, se esixan no apartado 5.F das FEC.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 24 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## 18.3.7.Habilitación profesional
Achegarase a documentación acreditativa da habilitación empresarial ou profesional, cando resulten esixibles pola normativa vixente relativa ao servizo obxecto do contrato se así se especificase no apartado 5.G da FEC.
## 18.3.8.Documentación acreditativa da condición de centro especial de emprego ou empresa de inserción
Unicamente para os contratos que se tiveran cualificado como contratos reservados ao abeiro do previsto na disposición adicional cuarta da LCSP, e así se indique no apartado 1.K das FEC.
## 18.3.9.Documentación acreditativa de contar cun plan de igualdade de mulleres e homes
Se o licitador conta con máis de 50 traballadores, deberá acreditar contar cun plan de igualdade de mulleres e homes inscrito no correspondente rexistro, conforme ao disposto no artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade de mulleres e homes.
O órgano de contratación poderá consultar por medios electrónicos no correspondente rexistro de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade, da autoridade laboral competente, a efectiva inscrición do plan de igualdade da empresa, agás que conste a súa oposición expresa, en cuxo caso deberá presentar o certificado de inscrición nel.
## 18.3.10.Documentación acreditativa de contar cun mínimo do 2% de traballadores con discapacidade
No caso de empresas de 50 ou máis traballadores, o licitador deberá acreditar que polo menos o 2 por cento dos seus empregados sexan traballadores con discapacidade, de conformidade co artigo 42 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.
- 18.4.- Os licitadores que estivesen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia ou no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Sector Público, están exentos de presentar a documentación acreditativa dos datos que obren neles sempre que se atopen vixentes.
- 18.5.- A Mesa de Contratación cualificará a documentación achegada polo licitador clasificado en primeiro lugar e, cando esta non sexa conforme co previsto no artigo 140 da
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 25 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- LCSP e no apartado 2 desta cláusula, poderá requirirlle a súa emenda, concedéndolle para o efecto un prazo de tres días. A non presentación da garantía definitiva, e no seu caso, da complementaria, non será emendable.
- 18.6.- Se o licitador clasificado en primeiro lugar non cumprimentase adecuadamente o requirimento inicial ou o requirimento de emenda nos prazos sinalados, entenderase que retira a súa oferta, e procederase a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte, pola orde na que quedaron clasificadas as ofertas (artigo 150.2 da LCSP). Ao licitador que non cumprimentase a documentación esixiráselle o importe do 3 por cento do orzamento base de licitación (IVE excluído) en concepto de penalidade, e no seu caso, poderá iniciarse un procedemento para a imposición dunha prohibición para contratar, consonte ao previsto no artigo 71.2.a da LCSP.
## CLÁUSULA 19.- GARANTÍAS ESIXIBLES
- 19.1.- Poderán esixirse as seguintes garantías:
- a) Provisional: se así se indica no apartado 9.A das FEC. Só poderá esixirse de modo excepcional, por motivos de interese público e xustificándoo motivadamente no expediente.
- b) Definitiva: ao licitador clasificado en primeiro lugar, por un importe do 5% do prezo ofertado, sen incluír o IVE. Cando o prezo do contrato se formule en función de prezos unitarios, o importe da garantía será do 5% do orzamento base de licitación, IVE excluído. Cando a contratación se realice por lotes, deberá presentarse garantía definitiva por cada lote.
- c) Complementaria: se así o esixe o apartado 9.B das FEC para casos especiais ou para o suposto de que a oferta clasificada en primeiro lugar resultara inicialmente incursa en presunción de anormalidade (artigo 107.2 LCSP).
- 19.2.- As garantías poderán constituírse en calquera das formas previstas no artigo 108 da LCSP, cos requisitos esixidos nos artigos 55 a 62 do RXLCAP.
- 19.3.- Admitirase a constitución de garantía definitiva mediante retención no prezo do contrato. Neste caso, o primeiro clasificado deberá indicalo por escrito, que se achegará coa documentación enumerada na cláusula 18 deste prego. A retención practicarase integramente no primeiro pagamento. Se este fose inferior á contía da garantía, reterase a cantidade restante dos seguintes pagamentos ata completala.
- 19.4.- A constitución de garantía xustificarase, segundo sexa a súa forma de constitución, do seguinte xeito:
- a) En efectivo ou mediante certificados de inmobilización de valores anotados públicos ou privados , co resgardo xustificativo do seu depósito na Caixa do Concello de Vigo.
- b) Mediante aval , coa presentación do documento no que se formalice.
- c) Mediante contrato de seguro de caución , coa presentación do certificado individual de seguro.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 26 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- 19.5.- De non cumprir este requisito por causas imputables ao licitador, entenderase que este retirou a súa oferta procedéndose conforme ao previsto no artigo 150.2 da LCSP.
- 19.6.- A garantía provisional extinguirase automaticamente e será devolta aos licitadores tras a perfección do contrato. Ao adxudicatario non se lle devolverá ata que constitúa a garantía definitiva, agás que aplique o seu importe á garantía definitiva (artigo 106.4 LCSP).
- 19.7.- A garantía definitiva responderá dos conceptos mencionados no artigo 110 da LCSP.
- 19.8.- A devolución e cancelación da garantía definitiva efectuarase de conformidade co disposto no artigo 111 da LCSP e o previsto na cláusula 42 deste prego.
## CLÁUSULA 20.- ADXUDICACIÓN
- 20.1.- A documentación presentada polo primeiro clasificado será revisada pola Mesa de contratación. De resultar correcta, a Mesa formulará proposta de adxudicación ao órgano de contratación. En caso contrario, procederase a solicitar a mesma documentación ao licitador seguinte, pola orde na que quedaron clasificadas as ofertas ou, cando proceda, propoñerase declarar deserta a licitación cando non exista ningunha proposición admisible.
- 20.2.- O contrato deberá adxudicarse no prazo de cinco días hábiles seguintes á recepción da citada documentación (artigo 150.3 LCSP).
- 20.3.- O órgano de contratación deberá adoptar o acordo de adxudicación nos seguintes prazos:
- a) 15 días, a contar desde o seguinte ao de apertura das proposicións, cando o único criterio de adxudicación sexa o prezo.
- b) 2 meses a computar desde a data de apertura das proposicións, cando se fixen unha pluralidade de criterios de adxudicación.
Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles cando sexa preciso seguir o procedemento fixado no artigo 149 para a xustificación das ofertas anormais (artigo 158 LCSP).
- 20.4.- Se o procedemento non se adxudicase nestes prazos, os licitadores terán dereito a retirar as súas ofertas.
- 20.5.- A adxudicación do contrato será motivada, notificarase aos participantes na licitación e publicarase no perfil de contratante nun prazo máximo de 15 días (artigo 151 LCSP).
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 27 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 20.6.- A proposta de adxudicación non crea dereito ningún en favor do licitador proposto fronte á Administración. No entanto, cando o órgano de contratación non adxudique o contrato de acordo coa proposta formulada deberá motivar a súa decisión (artigo 157.6 LCSP).
- 20.7.- Se o adxudicatario fose unha unión temporal de empresas, deberá acreditar a súa constitución en escritura pública, así como o NIF asignado a mesma con carácter previo á formalización do contrato. A súa duración deberá ser coincidente coa do contrato.
## CLÁUSULA 21.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO
- 21.1.- A formalización do contrato efectuarase en documento administrativo dentro dos quince días hábiles seguintes á recepción polos licitadores da notificación da adxudicación.
- 21.2.- Poderá formalizarse tamén en escritura pública, a solicitude do adxudicatario, sendo neste último caso do seu cargo os correspondentes gastos, conforme ao artigo 153 da LCSP.
- 21.3.- Se o contrato é susceptible de recurso especial en materia de contratación conforme ao artigo 44 da LCSP, a formalización non poderá efectuarse antes de que transcorran quince días hábiles desde que se remita a notificación da adxudicación aos licitadores.
- 21.4.- Se por causas imputables ao adxudicatario, de conformidade co disposto no artigo 153.4 da LCSP, non se formalizara o contrato no prazo sinalado, esixiráselle o importe do 3 por cento do orzamento base de licitación, IVE excluído, en concepto de penalidade, que se fará efectivo en primeiro lugar contra a garantía definitiva, se se constituíra. No seu caso, poderá iniciarse un procedemento para a imposición dunha prohibición para contratar, consonte ao previsto no artigo 71.2.b da LCSP.
Neste caso, o contrato adxudicarase ao seguinte licitador, pola orde na que quedasen clasificadas as ofertas, previa presentación da documentación establecida no artigo 150.2 da LCSP.
- 21.5.- Cando o contrato non se formalizase por causas imputables ao Concello indemnizarase ao contratista polos danos e perdas coa cantidade de 100 euros.
## CLÁUSULA 22.- ACORDO DE NON ADXUDICACIÓN DO CONTRATO OU DE NON FORMALIZACIÓN E DESISTENCIA
- 22.1.- O órgano de contratación poderá acordar non adxudicar ou non celebrar o contrato, por razóns de interese público debidamente xustificadas, ou a desistencia do procedemento, baseado nunha infracción non emendable das normas de preparación do contrato ou das reguladoras do procedemento de adxudicación, en ambos os dous casos antes da formalización do contrato.
- 22.2.- Esta circunstancia deberá ser notificada aos licitadores e comunicarse á Comisión Europea cando o contrato fose anunciado no Diario Oficial da Unión Europea (artigo 152 da LCSP).
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 28 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
22.3.- En caso de que o órgano de contratación acorde non adxudicar ou non celebrar o contrato, ou a súa desistencia, compensarase a cada un dos licitadores aptos para participar na licitación polos gastos xustificados nos que tivese incorrido (artigo 152 LCSP). Iso no entanto, esta indemnización non superará en ningún caso a cantidade de 100 euros.
## CLÁUSULA 23.- CÓDIGO ÉTICO
23.1.- Os licitadores e contratistas, nos procedementos de contratación, observarán os seguintes principios éticos e de conduta:
- a) Cumprir cos principios éticos e, no seu caso, o código deontolóxico, da súa profesión ou oficio.
- b) Deberán ter unha conduta eticamente exemplar, absténdose de fomentar, propoñer ou promover calquera práctica eticamente reprobable. De ter coñecemento de prácticas deste tipo deberán poñelo inmediatamente en coñecemento do órgano de contratación.
- c) Comprometeranse a que a súa participación no procedemento sexa competitiva, e absteranse de realizar prácticas colusorias que impidan a libre competencia concertándose para iso con outros licitadores. De ter coñecemento de prácticas deste tipo, deberá poñelo inmediatamente en coñecemento do órgano de contratación.
- d) Comunicarán inmediatamente ao órgano de contratación as posibles situacións de conflito de intereses que lles afecten, ou que poidan afectar a outros licitadores.
- e) Denunciar ao órgano de contratación as situacións irregulares que se produzan nos procesos de licitación e execución dos contratos.
- f) Non solicitarán, nin directa nin indirectamente, aos cargos ou empregados públicos do Concello que inflúan na licitación, adxudicación ou execución do contrato.
- g) Non ofrecerán nin directa nin indirectamente aos cargos ou empregados públicos do Concello que inflúan na licitación, adxudicación ou execución do contrato, vantaxes ou beneficios persoais ou materiais.
- h) Comprometeranse a que os datos incluídos na documentación que presente sexan veraces e a non incorrer en falsidade.
- i) O contratista deberá respectar o carácter confidencial daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se lle deu o referido carácter nos pregos ou no contrato, ou que pola súa propia natureza deba ser tratada como tal. Este deber manterase durante un prazo de cinco anos desde o coñecemento desa información, agás que os pregos ou o contrato establezan un prazo maior.
- j) Cumprir co Plan antifraude do Concello de Vigo, aprobado por acordo da Xunta de Goberno Local de 11 de marzo de 2022.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 29 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 23.2.O incumprimento do código ético durante o procedemento de licitación, suporá a exclusión da oferta do licitador e iniciarase procedemento para a imposición de prohibición para contratar, no seu caso. Se o incumprimento se producise durante a execución do contrato, será causa de resolución por causa imputable ao contratista. En ambos casos será necesaria a substanciación do correspondente procedemento contraditorio, que incoará a Concellaría da área de Contratación a instancia da Mesa de Contratación. Iniciado o procedemento se notificará ao licitador, concedéndolle un trámite de audiencia de 10 días hábiles.
## III. EXECUCIÓN DO CONTRATO
## CLÁUSULA 24.- NORMAS QUE REXEN A EXECUCIÓN DO CONTRATO
- 24.1.- O contrato executarase con subxección ao previsto no seu clausulado, neste prego, no prego de prescricións técnicas e na oferta do contratista, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación formule, no seu caso, o órgano de contratación ao contratista.
- 24.2.- A execución do contrato realizarase a risco e ventura do contratista.
- 24.3.- O contratista será responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións realizadas, así como das consecuencias que lle sexan atribuíbles e que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros ou, en xeral, da incorrecta execución do contrato. A estes efectos, poderá esixirse un seguro, sempre que así se determine no apartado 13.A das FEC.
- 24.4.- O órgano de contratación ostenta as facultades de inspección das actividades desenvolvidas polos contratistas durante a execución do contrato, nos termos e cos límites establecidos na Lei para cada tipo de contrato.
- 24.5.- Nos supostos de incumprimento parcial, cumprimento defectuoso ou de mora na execución nos que non estea prevista penalidade, ou nos que estándoa non cubrise os danos causados á Administración, esta esixirá ao contratista unha indemnización polos danos e prexuízos causados. Para tal efecto, seguirase o procedemento fixado na cláusula 39 deste prego.
- 24.6.- O lugar de prestación do servizo será o sinalado no apartado 12 da FEC.
## CLÁUSULA 25.- OBRIGAS DO CONTRATISTA
- 25.1.- O contratista está obrigado a:
- a) Presentar un programa de traballo para a execución do contrato no prazo dos 15 días seguintes ao inicio da execución, no que consten as tarefas que considere necesario realizar para atender o contido do traballo propoñendo, no seu caso, os prazos parciais correspondentes a cada tarefa.. Poderá exceptuarse esta obriga no
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 30 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
caso de que xa se presentara na oferta técnica ou cando pola natureza do servizo, o servizo xestor non o considerase necesario. Neste suposto indicarase esta circunstancia no apartado 16.J da FEC.
- b) Cumprir as obrigas aplicables en materia ambiental, social ou laboral establecidas no dereito da Unión Europea, o dereito nacional, os convenios colectivos ou polas disposicións de dereito internacional ambiental, social e laboral que vinculen ao Estado e en particular as establecidas nos convenios que se recollen no Anexo V da LCSP. O incumprimento destas obrigas e, en especial, os incumprimentos ou os atrasos reiterados no pagamento dos salarios ou a aplicación de condicións salariais inferiores ás derivadas dos convenios colectivos que sexa grave e dolosa, dará lugar á imposición de penalidades nos termos previstos neste prego e na lexislación vixente na materia.
- c) Adoptar as seguintes medidas de carácter medioambiental durante a execución do servizo:
1. Minimización do consumo de auga e a súa reutilización.
2. Minimización do consumo de recursos naturais como materias primas e de combustibles.
3. Minimización da xeración de residuos perigosos e non perigosos así como a súa reutilización ou reciclaxe.
4. Limpeza dos equipos e maquinaria utilizados para a prestación do servizo con produtos non contaminantes e en lugares adecuados para o efecto.
5. Minimización de ruídos e vibracións que poidan ocasionar molestias aos veciños e traballadores.
6. Os traballos que impliquen ruídos e vibracións molestas realizaranse en horarios compatibles co descanso dos cidadáns.
7. Os residuos susceptibles de reciclado depositaranse en colectores independentes para facilitar o seu tratamento.
- d) Adoptar medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir o fraude e a corrupción.
- e) Indemnizar todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia das operacións que requira a execución do contrato, de acordo co disposto no artigo 196 da LCSP.
No caso de que se reclame á Administración por danos causados polo contratista na execución do contrato, no procedemento correspondente o órgano de contratación declarará a responsabilidade imputable ao contratista, imporalle o abono da indemnización ao prexudicado e fixará un prazo para o pagamento.
Se o contratista incumprise a citada resolución, as cantidades determinadas pola Administración terán a consideración de crédito de dereito público, para os efectos da súa recadación polo órgano competente da Administración. As cantidades recadadas serán obxecto de entrega ao prexudicado.
- f) Dispoñer, no seu caso, do seguro preceptivo para o desenvolvemento da súa actividade ou dos esixidos no apartado 13.A das FEC. A estes efectos, unha vez formalizado o contrato e, en todo caso, previamente ao inicio da súa execución, o
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 31 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- contratista achegará, a través do Rexistro Electrónico, acreditación das correspondentes pólizas.
- g) En caso de ter máis de 50 traballadores no seu cadro de persoal, deberá ter empregados traballadores con discapacidade nun 2 por 100, cando menos, do cadro de persoal da empresa, de acordo co artigo 42 do Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, ou adoptar as medidas alternativas establecidas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril.
- h) En caso de ter máis de 50 traballadores no seu cadro de persoal, deberá contar cun plan de igualdade conforme ao disposto no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- i) Cumprir as obrigas previstas no apartado 16.B das FEC.
- 25.2.- Terán a consideración de obrigas de carácter esencial, cuxo incumprimento dará lugar á resolución do contrato, as seguintes:
- a) A obriga do contratista de estar ao corrente dos pagamentos cos seus subcontratistas e subministradores no ámbito deste contrato.
- b) Nos contratos nos que opere a cesión de datos, a obriga do contratista de someterse á normativa nacional e da Unión Europea en materia de protección de datos.
- c) O cumprimento das prestacións esenciais obxecto do contrato identificadas como tales nas FEC.
- d) A obriga de cumprir coa adscrición dos medios persoais e materiais esixidos como solvencia. Esta obriga enténdese cumprida coa adscrición dun ou outro do mesmo tipo, requisitos e calidade, sendo medios substituíbles.
## CLÁUSULA 26.- CUMPRIMENTO DOS PRAZOS E MORA
- 26.1.- O contratista estará obrigado ao cumprimento do prazo total fixado para a execución do contrato, así como dos prazos parciais que, no seu caso, se teñan establecido.
- 26.2.- Cando o contratista, por causas que lle sexan imputables, incorra en mora respecto do cumprimento do prazo total ou dalgún ou varios prazos parciais, ou cando a mora no cumprimento destes últimos faga presumir razoablemente a imposibilidade de cumprir o prazo total, o Concello poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que se establecen no artigo 193 da LCSP.
## CLÁUSULA 27.- CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN
- 27.1.- Establécense como condicións especiais de execución, que terán a consideración de obriga de carácter esencial aos efectos do previsto no artigo 211.f da LCSP:
- a) A obriga do contratista de estar ao corrente dos pagamentos cos seus subcontratistas e subministradores no ámbito deste contrato.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 32 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
Ao obxecto de poder comprobar o seu cumprimento, o contratista remitirá mensualmente coa factura unha declaración responsable de estar ao corrente de pagamento nos prazos acordados cos subcontratistas ou subministradores respecto dos traballos executados no ámbito da factura presentada. A administración resérvase o dereito de requirirlle documentación probatoria destes pagamentos sempre que o estime oportuno.
- b) Nos contratos cuxa execución implique a cesión de datos, a obriga do contratista de someterse á normativa nacional e da Unión Europea en materia de protección de datos.
2. 27.2.- No apartado 16.A das FEC deste prego poderán esixirse outras condicións especiais de execución.
3. 27.3.- O cumprimento destas condicións especiais de execución poderá verificarse en calquera momento polo responsable do contrato, solicitando ao contratista a documentación que estime pertinente. En todo caso, comprobarase esta circunstancia ao tempo da finalización do contrato. Para estes efectos, en todos os contratos, coa última factura, o contratista presentará unha memoria xustificativa deste cumprimento.
4. 27.4.- O incumprimento polo contratista das condicións especiais de execución do contrato poderá motivar a imposición de penalidades nos termos previstos neste prego e na lexislación vixente na materia.
5. 27.5.- Todas as condicións especiais de execución que formen parte do contrato serán esixidas igualmente a todos os subcontratistas que participen da súa execución.
## CLÁUSULA 28.- PERSOAL DO CONTRATISTA
- 28.1.- A empresa contratista disporá en todo momento do persoal preciso e adecuado para a execución dos servizos ao seu cargo en virtude desta adxudicación, nos termos contractuais e os legalmente establecidos, e coa máxima calidade e eficiencia. En concreto, garantirá:
- a) A cobertura permanente do persoal ofertado na súa proposición e coas súas correspondentes funcións. En consecuencia, o contratista efectuará ao seu cargo e inmediatamente as substitucións precisas do persoal que teña asignado ao servizo, por calquera causa que se produzan, de forma que a execución do contrato quede sempre asegurada. Por outro lado, en caso de que o persoal ofertado resultase insuficiente para o cumprimento das prestacións obxecto do contrato, o contratista deberá aumentalo en número suficiente para dar a atención debida ao servizo, sendo ao seu cargo o incremento dos custos que se produza por tal causa.
- b) A categoría, formación, experiencia e aptitude profesional do persoal que teña asignados ao contrato. A incapacidade demostrada dalgún empregado para o servizo, poderá xustificar o requirimento da súa substitución, por parte do órgano de contratación, a través do responsable do contrato.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 33 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 28.2.- O persoal asignado ao contrato dependerá exclusivamente da empresa contratista, que terá todos os dereitos e deberes inherentes á súa calidade de empregador respecto do mesmo, sendo a Administración contratante allea a ditas relacións laborais. Por conseguinte, en ningún caso poderá alegarse dereito ningún por dito persoal en relación coa Administración contratante, nin esixirse a esta responsabilidades de ningunha clase, como consecuencia das obrigas existentes entre o contratista e os seus empregados, aínda no suposto de que os despidos ou medidas que o empresario adopte se baseen no incumprimento, interpretación ou resolución do contrato.
- 28.3.- O contratista comprométese a retribuír adecuadamente ao persoal destinado ao servizo con cargo ao prezo da adxudicación do contrato, cun salario igual ou superior ao fixado no convenio colectivo que resulte de aplicación ao sector. O contratista asume de forma directa e non trasladable á Administración contratante o custo de calquera mellora nas condicións de traballo e/ou nas súas retribucións, xa sexa como consecuencia de convenios colectivos, pactos ou acordo de calquera índole; de xeito que, en ningún caso, poderá repercutir ditas modificacións sobre o importe a facturar polo servizo.
- 28.4.- O contratista queda obrigado, respecto ao seu persoal destinado ao servizo, ao cumprimento da normativa laboral, da Seguridade Social e de seguridade e saúde laboral que se atope vixente en cada momento.
- 28.5.- En caso de accidente ou prexuízo de calquera índole ocorrido aos traballadores con ocasión do exercicio dos seus cometidos, o contratista será o único responsable das consecuencias que se deriven ao abeiro da lexislación vixente.
- 28.6.- Será obriga do contratista uniformar e identificar convenientemente a todo o persoal durante o tempo que desenvolva o servizo, facilitándolles a roupa de traballo e elementos de protección adecuados en cada caso seguindo as directrices que ao respecto lle dite o órgano de contratación. Este persoal deberá dispor dalgún elemento distintivo que acredite a súa relación coa empresa contratista.
- 28.7.- Unha vez adxudicado o contrato e, en todo caso, previamente ao inicio da súa execución, o contratista comunicará ao Concello de Vigo a relación de persoal que adscriba ao servizo, con indicación do nome, categoría, antigüidade e demais datos necesarios. Así mesmo, se durante a execución do contrato se desenvolven actividades que impliquen contacto con menores, o contratista deberá achegar a certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais relativa aos seus traballadores.
Durante a execución do contrato, comunicará calquera variación que poida producirse con relación ao persoal.
- 28.8.O contratista estará obrigado a presentar mensualmente unha declaración responsable de estar ao corrente do pagamento das cotas á Seguridade Social do persoal adscrito á prestación do servizo, así como de todas as súas obrigas salariais co mesmo, de acordo cos seus contratos e os convenios colectivos de aplicación, agás dos que se atopen suspendidos pola xurisdición laboral competente. O responsable do contrato poderá requirirlle en calquera momento os documentos acreditativos destes extremos, concedéndolle un prazo de cinco días hábiles para a súa presentación.
- 28.9.- O contratista estará obrigado a responder dos salarios non pagados aos traballadores afectados por subrogación, así como das cotizacións á Seguridade social
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 34 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
devindicadas, aínda no caso de que se resolva o contrato e aqueles sexan subrogados polo novo contratista, sen que en ningún caso dita obriga corresponda a este último, nos termos establecidos no artigo 130 da LCSP.
- 28.10.- Antes do inicio dos traballos o contratista terá que acreditar, por escrito, ante o servizo xestor do expediente, as seguintes circunstancias de acordo co artigo 10 do Real decreto 171/2004, de coordinación de actividades empresariais:
- a) Que o contratista e as súas subcontratas realizaron para o servizo obxecto do contrato a avaliación dos riscos e a planificación da súa actividade preventiva.
- b) Que o contratista e as súas subcontratas cumpriron coas súas obrigas en materia de información e formación respecto dos traballadores que vaian a executar os traballos.
- 28.11.- O delegado do contrato (designado antes da adxudicación no Anexo IV deste prego) será o único interlocutor entre a empresa e o Concello e velará pola correcta execución das prestacións obxecto do contrato, e a través do cal se canalizarán as posibles incidencias que xurdan na execución do contrato. Agás casos excepcionais debidamente xustificados, o responsable municipal do contrato unicamente manterá relación por razón da execución do mesmo co responsable designado pola empresa, sen prexuízo da debida relación de cordialidade e colaboración co resto do persoal do contratista no desenvolvemento do seu traballo.
- 28.12.- Á extinción do contrato de servizos, non poderá producirse en ningún caso a consolidación das persoas que realicen os traballos obxecto do mesmo como persoal do Concello de Vigo.
- 28.13.- Con independencia de que os pregos inclúan ou non o listado do persoal que presta o servizo a contratar no momento da licitación, a obriga da empresa contratista de subrogarse nas relacións de traballo preexistentes producirase, ou non, consonte ao dereito laboral.
A subrogación prodúcese ou ben por imperativo legal ou ben por establecelo así o convenio colectivo aplicable aos traballadores que prestan o servizo.
- 28.14.- O contratista, na última anualidade do contrato, a requirimento do responsable deste, deberá achegar o listado do persoal que puidera ter dereito a subrogación, facendo constar que tal información se facilita en cumprimento do previsto no artigo 130 da LCSP. No listado de persoal indicaranse, como mínimo, os seguintes datos: o convenio colectivo de aplicación e os detalles de categoría profesional, tipo de contrato, xornada, data de antigüidade, vencemento do contrato, salario bruto anual de cada traballador, así como todos os pactos en vigor aplicables aos traballadores aos que afecte a subrogación, os cales serán identificados unicamente polas iniciais do seu nome.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 35 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
O contratista presentará no Rexistro Xeral do Concello o citado listado de persoal, asinado polo representante da empresa, que constará identificado na mesma, no prazo dos quince días seguintes ao requirimento.
O contratista responderá da veracidade destes datos. No caso de que unha vez producida a subrogación os custos laborais fosen superiores aos que se desprendesen da información facilitada polo antigo contratista ao órgano de contratación, o contratista terá acción directa contra o antigo contratista, de acordo co disposto no artigo 130.5 LCSP.
- 28.15.- O disposto no apartado anterior respecto da subrogación de traballadores resultará igualmente de aplicación aos socios traballadores das cooperativas cando estes estivesen adscritos ao servizo ou actividade obxecto da subrogación ou cando a empresa que viñese efectuando a prestación obxecto do contrato a adxudicar fose un Centro Especial de Emprego, respecto das persoas con discapacidade que viñesen desenvolvendo a súa actividade na execución do referido contrato e tivesen dereito de subrogación.
## CLÁUSULA 29.- CUMPRIMENTO DA NORMATIVA RELATIVA Á PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
- 29.1.- O contratista deberá respectar nas súas actuacións o Regulamento (UE) 2016/679 Europeo de Protección de Datos, a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD), o Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, no que non se opoña a lei e o regulamento europeo.
- 29.2.- O acceso aos datos de carácter persoal, necesarios para a prestación do servizo, non se considerará comunicación de datos.
- 29.3.- O contratista terá a consideración de encargado do tratamento (artigo 28 da LOPDGDD), obrigándose especialmente a:
- a) Circunscribir o tratamento de datos de carácter persoal exclusivamente ás actuacións necesarias para satisfacer o obxecto do contrato e as necesidades administrativas. Queda prohibido utilizar a información á que se teña acceso para finalidades diferentes, así como a revelación ou comunicación de datos a terceiros, nin sequera para a súa conservación; respondendo persoalmente, en caso contrario, das infraccións en que tivera incorrido, quedando exonerado expresamente o responsable do tratamento de calquera responsabilidade.
- b) Gardar a debida confidencialidade e segredo sobre todas as informacións, documentos e asuntos aos que teña acceso con motivo da prestación do servizo. Igualmente deberá informar aos seus empregados de que só poden tratar a información á que accedan en virtude do contrato para cumprir o servizo obxecto deste prego e tamén da obriga de non facelos públicos, ceder ou allear cantos datos coñezan.
- c) Adoptar as medidas de índole técnica e organizativa necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal aos que teña acceso en virtude deste contrato, en función do nivel de seguridade que sexa aplicable, e que eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado. O contratista deberá dispoñer dun documento de seguridade actualizado, ter definido perfís de usuarios e establecido os correspondentes controis para o acceso aos datos de carácter
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 36 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
persoal e medidas suficientes para a identificación e autenticación de ditos usuarios, así como dispoñer dos preceptivos procedementos de xestión de incidencias, xestión de soportes e documentación (incluídos criterios de arquivo, almacenamento e custodia de ficheiros non automatizados), realización de copias de respaldo, e recuperación de datos.
- d) Entregar ao Concello de Vigo, unha vez finalizado o prazo de vixencia do contrato, toda a documentación, tanto en soporte material como informático, referente ás persoas usuarias do servizo que se atopen no seu poder como consecuencia deste contrato, así como garantir o borrado de todos os ficheiros que poidan existir nos seus equipos informáticos con datos relativos ás mesmas persoas, agás no caso de que exista a obriga do encargado de conservar os datos para atender posibles responsabilidades legais, en cuxo caso, poderá mantelos bloqueados exclusivamente coa indicada finalidade.
2. 29.4.- Se un terceiro trata datos persoais en nome do contratista encargado do tratamento, debe cumprir os seguintes requisitos:
- a) Dito tratamento deberá especificarse no contrato asinado polo terceiro e o contratista.
- b) Que o tratamento de datos persoais estea de acordo coas instrucións do responsable do tratamento.
- c) Que o contratista encargado do tratamento e o terceiro formalicen un contrato nos termos previstos na LOPDGDD.
Nestes casos, o terceiro tamén será considerado encargado do tratamento.
- 29.5.- O contratista ten a obriga de comunicar calquera cambio que se produza ao longo da vida do contrato na información contida na declaración relativa á ubicación dos servidores e localización do lugar de prestación dos servizos asociados aos mesmos.
## CLÁUSULA 30.- RÉXIME DE PAGAMENTO
- 30.1.- O pagamento efectuarase no prazo dos 30 días seguintes á data da acta de recepción de conformidade, xa sexa parcial ou total, ou a certificación que a substitúa, tras a execución polo contratista da prestación obxecto do contrato.
- 30.2.- O contratista terá dereito a percibir tamén abonos a conta nos termos establecidos no artigo 198.3 LCSP. Neste caso, esixiráselle a constitución de garantía en calquera das formas legalmente admitidas, cando os abonos a conta excedan dun 30%.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 37 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- 30.3.- As facturas electrónicas a emitir deberán axustarse ao establecido na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.
- 30.4.- Na factura deberán constar os seguintes aspectos:
- a) A identificación do órgano administrativo con competencias en materia de contabilidade pública: Servizo de Contabilidade/Fiscalización
- b) A identificación do órgano de contratación: Xunta de Goberno local do Concello de Vigo
- c) A identificación do destinatario: o servizo xestor do contrato mencionado no apartado 1.B das FEC
- 30.5.- Os códigos solicitados pola plataforma FACe - Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración Xeral do Estado - ao que se atopa adherido o Concello de Vigo, son os identificados nos apartados D), E) e F) do apartado primeiro das FEC.
- 30.6.- En todo caso, o réxime concreto de pagamento do contrato fixarase no apartado 11 das FEC.
## CLÁUSULA 31.- REVISIÓN DE PREZOS
Os prezos deste contrato non poderán ser obxecto de revisión.
## CLÁUSULA 32.- SUSPENSIÓN DO CONTRATO
- 32.1.O órgano de contratación poderá acordar a suspensión da execución nos seguintes supostos:
- a) Cando circunstancias sobrevidas o aconsellen e así o decidan de mutuo acordo ambas partes.
- b) A instancia do contratista cando o Concello se demore no pagamento do prezo máis de catro meses conforme o disposto no artigo 198.5 da LCSP.
- c) Por razóns de interese público.
- 32.2.- Se a suspensión se produce por algunha das causas previstas nos dous últimos supostos do apartado anterior, o Concello deberá aboar ao contratista os danos e perdas que efectivamente se lle teñan causado por mor da suspensión, con suxeición ás regras contidas no artigo 208.2 da LCSP.
- 32.3.- Se a Administración acorda a suspensión do contrato ou se producise pola mora no pago do prezo do contrato pola Administración, expedirase un acta, de oficio ou a instancia do contratista, consignando as circunstancias que motivaron a suspensión do contrato e a situación de feito na súa execución.
## CLÁUSULA 33.- MODIFICACIÓN DO CONTRATO
38
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 38 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- 33.1.- O órgano de contratación só poderá modificar o contrato no caso de que así se teña especificado no apartado 15.A das FEC, de conformidade co disposto no artigo 204 da LCSP ou sobreveña algunha das circunstancias especificadas no artigo 205 da LCSP, dentro, en todo caso, dos límites e con suxeición aos requisitos e efectos sinalados na normativa de contratación, consonte ao procedemento previsto no artigo 207 da LCSP. En particular será de aplicación o disposto nos artigos 191, 203, 206 e 207 da LCSP.
- 33.2.- As modificacións acordadas terán, no seu caso, a correspondente repercusión -en máis ou en menos- sobre o prezo do contrato, que se calculará atendendo aos importes ofertados polo contratista e que serviron de base para a adxudicación. Así mesmo, deberán reaxustarse as garantías definitivas e a complementaria no seu caso.
- 33.3.- A modificación, no caso de que se prevexa nas FEC deste PCAP, non poderá supoñer o establecemento de novos prezos unitarios non previstos no contrato.
- 33.4.- Cando a determinación do prezo do contrato se teña realizado con prezos unitarios, poderase incrementar o número de unidades a executar ata a porcentaxe do 10% do prezo do contrato, sen que sexa preciso tramitar expediente de modificación.
## CLÁUSULA 34.- INCUMPRIMENTOS CONTRACTUAIS
- 34.1.- Considerarase incumprimento contractual calquera acción ou omisión por parte do contratista que supoña a vulneración das obrigas establecidas neste prego,e nas demais normas de xeral aplicación por causas que lle resultan imputables.
- 34.2.- Os incumprimentos contractuais clasifícanse en leves, graves ou moi graves, atendendo ás circunstancias concorrentes e ao maior ou menor prexuízo que se cause á Administración ou aos usuarios.
- 34.3.- Imporanse penalidades ao contratista cando incorra nalgún dos incumprimentos contractuais ou cumprimentos defectuosos previstos a continuación:
- a) Incumprimento das condicións especiais de execución
- b) Incumprimento de criterios de adxudicación. Para considerar que o incumprimento afecta a un criterio de adxudicación será preciso que ao descontarse un 25 por 100 da puntuación obtida polo contratista no criterio de adxudicación incumprido, resultase que a súa oferta non sería a mellor valorada.
- c) Mora no cumprimento do prazo total ou dos prazos parciais
- d) Cumprimento defectuoso ou incumprimento das prestacións obxecto do contrato . Nos apartados 4, 5 e 6 desta cláusula relaciónanse algúns supostos de cumprimentos defectuosos. Estas enumeracións non teñen carácter exhaustivo, e poden presentarse outros supostos non previstos.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 39 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
## 34.4.Terán a consideración de supostos de incumprimento ou cumprimento defectuoso MOI GRAVES:
- a) A paralización total e absoluta da execución das prestacións obxecto deste contrato imputable ao contratista, por un prazo que exceda de 24 horas, agás no suposto de folga legal.
- b) A prestación manifestamente irregular do servizo.
- c) A cesión, subarrendo ou traspaso en todo ou en parte do servizo contratado, baixo calquera modalidade ou título, sen previa autorización expresa da Xunta de Goberno local, sen prexuízo das prestacións de carácter accesorio que autoriza a normativa vixente de aplicación.
- d) O incumprimento da normativa laboral, de Seguridade Social e de seguridade e saúde laboral, ou da Guía de Coordinación de Actividades Empresariais do Concello de Vigo, aprobada por acordo plenario de data 29 de novembro de 2010 e publicada no BOP do 29 de marzo de 2011.
- e) O incumprimento das obrigas aplicables en materia ambiental, social ou laboral establecidas no dereito da Unión Europea, o dereito nacional, os convenios colectivos ou polas disposicións de dereito internacional ambiental, social e laboral que vinculen ao Estado e en particular as establecidas nos convenios que se recollen no Anexo V da LCSP.
- f) Por incumprimento da obriga de subrogarse como empregador en determinadas relacións laborais, cando así o impoña unha norma legal, un convenio colectivo ou un acordo de negociación colectiva de eficacia xeral.
- g) O incumprimento da obriga de información relativa ao persoal con dereito a subrogación prevista no artigo 130 da LCSP ou que a facilitada non sexa veraz.
- h) A percepción polo contratista ou polo persoal ao seu servizo de calquera remuneración ou contraprestación dos usuarios pola prestación do servizo, sempre que neste último caso apercibido o contratista, non adopte as medidas necesarias para evitalo.
- i) O incumprimento polo contratista ou polas persoas del dependentes da obriga de gardar sixilo e garantir a confidencialidade das actuacións practicadas con motivo da prestación do servizo, así como o incumprimento do disposto na lexislación de protección de datos. Considerarase confidencial toda a información que sexa presentada polo Concello de Vigo, agás que este expresamente, mediante acordo do órgano de contratación, autorice a súa divulgación. A información recibida será utilizada unicamente para o fin polo que o Concello de Vigo contrata, non podéndose facer uso dela para ningún outro.
- j) A utilización de sistemas de traballo, elementos, materiais, máquinas ou persoal diferentes aos previstos nos pregos e na oferta do contratista.
- k) O incumprimento de compromisos ofertados polo adxudicatario na súa proposición e que tiñan sido valorados como criterios de adxudicación do contrato.
- l) A falta de renovación das pólizas de seguro obrigatorias ou a súa renovación con coberturas inferiores as esixidas.
- m) A non emenda ao primeiro requirimento do Concello en caso de incumprimento das condicións especiais de execución consignadas na cláusula 27 e no apartado 16.A da FEC.
- n) Calquera modificación na prestación do servizo adoptada sen previa autorización municipal.
- o) O ter incorrido en dous ou máis supostos de cumprimento defectuoso grave dos previstos neste prego, nun período dun ano, polos que se lle impuxese unha penalidade.
40
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 40 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- p) Os supostos de cumprimento defectuoso que se inclúan con esta cualificación no apartado 16.C das FEC.
## 34.5.- Terán a consideración de supostos de incumprimento ou cumprimento defectuoso GRAVES :
- a) O atraso na prestación do servizo de forma non reiterada nin sistemática.
- b) A interrupción do servizo por calquera causa por prazo non superior a 24 horas, agás en caso de folga legal ou o atraso no comezo do servizo en máis dunha hora sobre o horario estabelecido.
- c) A incorrección e descortesía do persoal do servizo co público.
- d) A inobservancia das prestacións sanitarias ou incumprimento de ordes sobre evitación de situacións insalubres, perigosas ou que provoquen incomodidades.
- e) O incumprimento das ordes ou instrucións referentes á prestación do servizo impartidas pola Administración municipal ao contratista e no prazo que para o efecto outorgue.
- f) A falta de decoro ou aseo persoal ou do uso do uniforme regulamentario polo persoal ao servizo do contratista cando este fose esixido.
- g) A falta de presentación da documentación necesaria para o cumprimento das obrigas de información recollidas na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
- h) O atraso superior a 15 días naturais en facilitar a información prevista na cláusula 28.14 deste prego, tras o requirimento da mesma efectuado polo responsable do contrato.
- i) Ter incorrido en dous ou máis supostos de cumprimento defectuoso leve dos previstos neste prego, nun período dun ano, polos que se lle impuxese unha penalidade.
- j) Os supostos de cumprimento defectuoso que se inclúan con esta cualificación no apartado 16.C das FEC.
## 34.6.- Terán a consideración de supostos de cumprimento defectuoso LEVES :
- a) O atraso inxustificado respecto ao horario de comezo do servizo que non exceda dunha hora, cando estivese estipulado un horario para o seu comezo.
- b) A imperfección non reiterada na prestación dos servizos.
- c) Falta de respecto ao público, aos inspectores dos servizos técnicos municipais ou axentes da autoridade que legalmente non teña a consideración de grave o moi grave.
- d) Os altercados ou disputas entre persoal do servizo durante a prestación.
- e) Calquera outro suposto de cumprimento defectuoso non cualificado como grave ou moi grave neste prego.
- f) Os supostos de cumprimento defectuoso que se inclúan con esta cualificación no apartado 16.C das FEC.
Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
## CLÁUSULA 35.- CRITERIOS DE GRADACIÓN DOS INCUMPRIMENTOS
Para determinar a gravidade dos incumprimentos contractuais atenderase aos seguintes criterios de gradación :
- a) A existencia de intencionalidade ou reiteración.
- b) A relevancia dos prexuízos causados, atendendo ao seu valor económico.
3. c)A reincidencia, por ter incorrido no termo dun ano en máis dun incumprimento contractual polo que se lle impuxese unha penalidade polo órgano de contratación.
- d) Proceder voluntariamente, antes da imposición dunha penalidade polo órgano de contratación, ao cumprimento da obriga ou deber infrinxido e a reparación do dano causado.
## CLÁUSULA 36.- PENALIDADES
- 36.1.- Cando o contratista, por causas que lle fosen imputables, incorrese en mora no cumprimento, tanto do prazo total como cos prazos parciais establecidos, para a imposición de penalidades estarase ao disposto no artigo 193 da LCSP.
- 36.2.- No resto dos supostos de incumprimento contractual ou cumprimento defectuoso previstos na cláusula 34, a contía das penalidades será:
- a) Ata un 1% do prezo do contrato sen IVE se o incumprimento ou o cumprimento defectuoso fose leve.
- b) Ata un 5% do prezo do contrato sen IVE se o incumprimento ou o cumprimento defectuoso fose grave.
- c) Ata un 10% do prezo do contrato sen IVE se o incumprimento ou o cumprimento defectuoso fose moi grave.
36.3.- A imposición de calquera das penalidades previstas nos apartados anteriores será compatible coa esixencia ao contratista da reposición da situación alterada ao seu estado orixinario, así como coa indemnización dos danos e perdas causados, os cales serán determinados polo órgano de contratación, debendo fixarse na resolución correspondente á súa contía e o prazo que se determine para a súa satisfacción.
## CLÁUSULA 37.- PROCEDEMENTO PARA A IMPOSICIÓN DE PENALIDADES
## 37.1.- Órgano competente
As penalidades por incumprimento contractual ou cumprimento defectuoso, calquera que sexa a súa gravidade, imporanse pola Xunta de Goberno local.
## 37.2.- Procedemento
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 42 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
As penalidades impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptado a proposta do responsable do contrato, previa audiencia do contratista, por un prazo de quince días. Este acordo será inmediatamente executivo.
Se o incumprimento puidera conlevar á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 213 da LCSP.
## 37.3.- Pagamento das penalidades
As penalidades faranse efectivas mediante dedución das cantidades que, en concepto de pagamento total ou parcial, deban abonarse ao contratista. Se non fose posible, sobre o importe da garantía definitiva. No seu defecto, o contratista deberá aboalas ingresando o seu importe na Caixa do Concello, dentro do prazo de trinta días hábiles seguintes á notificación.
Se transcorrese o prazo fixado sen que se aboase o seu importe, esixirase o pagamento pola vía de constrinximento administrativo.
## CLÁUSULA 38.- SUBCONTRATACIÓN
- 38.1.- O contratista poderá subcontratar execución do contrato, se ben o Órgano de Contratación poderá establecer no apartado 14.A das FEC determinadas tarefas críticas que non poderán ser obxecto de subcontratación, debendo estas ser executadas directamente polo contratista principal.
- 38.2.- O contratista deberá comunicarlle por escrito ao órgano de contratación, logo da adxudicación do contrato e, como moi tarde, cando inicie a súa execución, a súa intención de subcontratar, indicando:
- a) A parte do servizo que se pretende subcontratar.
- b) A identidade, os datos de contacto e o representante legal do/s subcontratista/s.
- c) A xustificación da aptitude do subcontratista/s por referencia aos elementos técnicos e humanos de que dispón, así como a súa experiencia técnica. Se o/s subcontratista/s posúe/n a cualificación adecuada para realizar a parte do contrato obxecto da subcontratación, a comunicación desta circunstancia será suficiente para acreditar a súa aptitude.
- d) A acreditación de que o/s subcontratista/s non está suxeito a prohibición de contratar conforme o artigo 71.
- e) A DACI do Anexo V relativo aos mesmos, de non telo presentado unha vez clasificado.
No entanto, se a celebración do subcontrato é necesaria para responder a unha situación de emerxencia ou que requira a adopción de medidas urxentes e estea suficientemente xustificada, a idoneidade do subcontratista poderá acreditarse inmediatamente despois da súa celebración.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 43 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- O contratista principal deberá comunicar por escrito ao órgano de contratación calquera modificación desta información durante a execución do contrato principal, así como toda a información necesaria sobre novos subcontratistas (artigo 215.2 da LCSP).
- 38.3.- Cando o contratista incumpra as condicións para a subcontratación establecidas no apartado anterior, se produza unha falta de acreditación da aptitude do contratista ou das situacións determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, imporase ao contratista algunha das seguintes consecuencias:
- a) Unha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato, que se fará efectiva mediante dedución das cantidades que, en concepto de pagamento total ou parcial, deban aboarse ao contratista, ou sobre a garantía definitiva, conforme ao previsto no artigo 194.2 da LCSP.
- b) A resolución, en caso de incumprimento da obriga principal do contrato.
- 38.4.- Nos contratos de carácter secreto ou reservado, ou naqueles cuxa execución deba ir acompañada de medidas especiais de seguridade de acordo coas disposicións legais ou regulamentarias, a subcontratación requirirá sempre a autorización expresa do órgano de contratación.
## CLÁUSULA 39.- CESIÓN
- 39.1.- Os dereitos e obrigas dimanantes do contrato poderán ser cedidos polo contratista a un terceiro sempre que as calidades técnicas ou persoais do cedente non sexan razón determinante da adxudicación do contrato e da cesión non resulte unha restrición efectiva da competencia no mercado. Sen prexuízo do establecido no apartado 2.b desta cláusula, non poderá autorizarse a cesión a un terceiro cando esta supoña unha alteración substancial das características do contratista se estas constitúen un elemento esencial do contrato.
- 39.2.- Deberán cumprirse os seguintes requisitos:
- a) Que o órgano de contratación autorice, de forma previa e expresa, a cesión.
- b) Que o cedente teña executado cando menos un 20 % do importe do contrato. Non será de aplicación este requisito se a cesión se produce atopándose o contratista en concurso aínda que se abrise a fase de liquidación, ou se puxo en coñecemento do xulgado competente para a declaración do concurso que iniciou negociacións para alcanzar un acordo de refinanciamento, ou para obter adhesións a unha proposta anticipada de convenio, nos termos previstos na lexislación concursal.
- c) Que o cesionario teña capacidade para contratar coa Administración e a solvencia que resulte esixible debendo estar debidamente clasificado se tal requisito foi esixido ao cedente, e non estar incurso en ningunha causa de prohibición para contratar.
- d) Que a cesión se formalice en escritura pública.
- 39.3.- O cesionario quedará subrogado en todos os dereitos e obrigas que corresponderían ao cedente.
## IV. CUMPRIMENTO E EXTINCIÓN
44
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 44 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## CLÁUSULA 40.- CUMPRIMENTO DO CONTRATO
- 40.1.- O contrato entenderase cumprido polo contratista cando este realice, de acordo cos seus termos e a satisfacción da Administración, a totalidade da prestación contratada.
## 40.2.Recepción do obxecto do contrato
No caso de que o servizo sexa susceptible de recepción, realizarase no prazo dun mes contado desde a súa finalización. Se procedese establecer un prazo especial de recepción ou fose necesaria unha forma particular de facela, especificaranse no apartado 16.L das FEC.
Ao tempo da recepción comprobarase, en particular, o cumprimento polo contratista das seguintes obrigas:
- a) O cumprimento do contrato nos seus propios termos
- b) O cumprimento dos criterios de adxudicación
- c) O cumprimento das condicións de execución
Se a prestación obxecto do contrato reúne as condicións debidas procederase á súa recepción, estendéndose para o efecto acta de conformidade polo responsable do contrato.
Se a prestación do contratista non reunise as condicións necesarias para proceder á súa recepción, o responsable do contrato comunicará por escrito ao contratista as instrucións oportunas para que emende os defectos observados e cumpra as súas obrigas no prazo que estime oportuno, non procedendo a recepción ata que as devanditas instrucións sexan cumprimentadas polo contratista, levantándose entón a acta correspondente.
A falta de acta de conformidade terá a mesma consideración a certificación acreditativa da prestación do servizo estendida polo responsable do contrato que se achegue xunto coa última factura.
## 40.3.Propiedade dos traballos realizados
Se no obxecto do contrato se incluíse a redacción de proxectos, estudos ou similares, estes serán propiedade da Administración, correspondéndolle os dereitos de explotación. Non poderán ser reproducidos total ou parcialmente sen previa e expresa autorización do órgano de contratación.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 45 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
De conformidade co artigo 308 da LCSP os contratos de servizos que teñan por obxecto o desenvolvemento e a posta a disposición de produtos protexidos por un dereito de propiedade intelectual ou industrial levarán aparellada a cesión íntegra deste dereito ao Concello de Vigo.
Igualmente, os traballos que constitúan obxecto de propiedade intelectual entenderanse expresamente cedidos en exclusiva ao Concello de Vigo, agás no caso de dereitos preexistentes, nos que a cesión pode non ser con carácter de exclusividade.
## CLÁUSULA 41.- PRAZO DE GARANTÍA
- 41.1.Cando a natureza da prestación o requira ou a lexislación pertinente o esixa, establecerase un prazo de garantía daquela que será o sinalado no apartado 10 das FEC ou o que resulte da oferta presentada polo adxudicatario se o seu incremento se configurase como criterio de adxudicación.
- 41.2.- O seu cómputo comezará a partir da data da recepción da prestación obxecto do contrato, sendo de aplicación o disposto no artigo 311 da LCSP.
## CLÁUSULA 42.- LIQUIDACIÓN E DEVOLUCIÓN DA GARANTÍA DEFINITIVA
- 42.1.- Finalizado o contrato e transcorrido o prazo de garantía, no seu caso, practicarase a liquidación do contrato procedendo, no seu caso, á devolución da garantía definitiva e da complementaria se se esixira, se non resultaren responsabilidades do contratista. A estes efectos, a área de Contratación solicitará informe ao responsable do contrato con carácter previo á formulación da proposta de acordo de devolución.
- 42.2.- O acordo de devolución deberá adoptarse e notificarse ao interesado no prazo de dos meses desde a finalización do prazo de garantía (artigo 111 LCSP).
- 42.3.- Transcorrido un ano desde a data de terminación do contrato, e vencido o prazo de garantía, sen que a recepción formal e a liquidación tivesen lugar por causas non imputables ao contratista, procederase, á devolución ou cancelación das garantías unha vez depuradas as responsabilidades a que se refire o artigo 110.
Cando o valor estimado do contrato sexa inferior a 100.000 euros ou cando as empresas licitadoras reúnan os requisitos de pequena ou mediana empresa, definida segundo o establecido no Regulamento (CE) nº 800/2008, da Comisión, do 6 de agosto de 2008, e non estean controladas directa ou indirectamente por outra empresa que non cumpra tales requisitos, o prazo reducirase a seis meses.
## CLÁUSULA 43.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO
43.1.- A resolución do contrato rexerase polo establecido con carácter xeral nos artigos 211 a 213 da LCSP e especificamente para o contrato de servizos no artigo 313 de devandita Lei.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 46 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
Expediente 10.287-336
## 43.2.- Serán causas de resolución:
- a) As previstas nos artigos 211 e 313 da LCSP.
- b) O incumprimento reiterado da normativa laboral, de Seguridade Social e de seguridade e saúde laboral, ou da Guía de Coordinación de Actividades Empresariais do Concello de Vigo, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 61 do 29 de marzo de 2011.
- c) O incumprimento reiterado das obrigas aplicables en materia ambiental, social ou laboral establecidas no dereito da Unión Europea, o dereito nacional, os convenios colectivos ou polas disposicións de dereito internacional ambiental, social e laboral que vinculen ao Estado e, en particular, as establecidas nos convenios que se recollen no Anexo V da LCSP.
- d) A paralización total e absoluta da execución das prestacións obxecto deste contrato imputable ao contratista, por un prazo que exceda de 48 horas.
- e) A falsidade dos datos declarados polo contratista na súa oferta.
- f) O incumprimento do código ético recollido na cláusula 23.1 deste prego durante a execución do contrato.
7. 43.3.- No caso de incumprimento de algunha obriga de carácter esencial, o órgano de contratación se así o estima conveniente para o interese público, poderá optar por resolver o contrato ou ben requirirlle ao contratista o cumprimento desta obriga e imporlle as penalidades previstas na cláusula 38. Esta opción só poderá exercitarse unha vez.
8. 43.4.- No apartado 16.D das FEC poderán establecerse outras causas específicas de resolución do contrato.
9. 43.5.- En caso de resolución do contrato por causa imputable ao contratista estarase ao disposto no artigo 213.3 e 213.5 da LCSP.
10. 43.6.- En caso de resolución do contrato sen culpa do contratista, procederá a devolución da garantía definitiva e no seu caso da complementaria.
## V. XURISDICIÓN E RECURSOS
## CLÁUSULA 44.- XURISDICIÓN
- 44.1.- As cuestións que poidan xurdir durante o desenvolvemento do contrato relativas á preparación, adxudicación, efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos serán resoltas polo órgano de contratación (artigos 190 e 191 LCSP). Os acordos
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 47 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
adoptados para a súa resolución porán fin á vía administrativa e poderán ser impugnados ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, conforme ao disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo.
- 44.2.- O recurso contencioso-administrativo será interposto no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa notificación, someténdose, tanto os licitadores como posteriormente os adxudicatarios e os contratistas, aos Xulgados desta Orde que exerzan a súa xurisdición na Cidade de Vigo, con renuncia expresa a calquera outro foro ou privilexio que lles corresponda.
## CLÁUSULA 45.- RECURSO DE REPOSICIÓN
Os interesados poderán interpor, con carácter previo ao recurso contenciosoadministrativo, recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto recorrido, no prazo dun mes computado a partir do día seguinte á súa notificación ou en calquera momento se a resolución é presunta, a contar neste último caso desde o día seguinte a aquel no que se produza o citado acto presunto. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo en tanto non recaia resolución, expresa ou presunta, ao abeiro do previsto nos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
## CLÁUSULA 46.- RECURSO DE ALZADA CONTRA OS ACORDOS DA MESA DE CONTRATACIÓN
- 46.1.- Os actos da Mesa de Contratación, dado que non esgotan a vía administrativa, poderán ser recorridos en alzada perante o órgano de contratación, a Xunta de Goberno local, conforme ao previsto no artigo 121 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPAC).
- 46.2.- O prazo para a interposición do recurso será dun mes.
- 46.3.- A Xunta de Goberno local deberá ditar e notificar a resolución no prazo máximo de tres meses. Transcorrido este prazo sen que recaia resolución, entenderase desestimado o recurso.
- 46.4.- Contra a resolución dun recurso de alzada non caberá ningún outro recurso administrativo, agás o recurso extraordinario de revisión nos casos establecidos no artigo 125.1 da LPAC.
## CLÁUSULA 47.- RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN
- 47.1.- Serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación os seguintes actos, sempre e cando se trate de contratos de servizos que teñan un valor estimado superior a 100.000 euros.
- a) Os anuncios de licitación, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a licitación
48
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 48 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- b) Os actos de trámite adoptados no procedemento de adxudicación, sempre que estes decidan directa ou indirectamente sobre a adxudicación, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos
- c) Os acordos de adxudicación
- d) As modificacións baseadas no incumprimento do establecido nos artigos 204 e 205 da LCSP
- e) A formalización de encargos a medios propios nos casos en que estes non cumpran os requisitos legais
5. 47.2.- No apartado 1.J das FEC farase constar se o contrato obxecto deste prego está suxeito ou non a recurso especial en materia de contratación, que terá sempre carácter potestativo.
6. 47.3.- A tramitación deste recurso axustarase ao disposto nos artigos 44 a 60 da LCSP.
7. 47.4.- Contra a resolución do citado recurso só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
Copia do documento - Concello de Vigo
10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
## ANEXO I
## FOLLAS DE ESPECIFICACIÓN DO CONTRATO (FEC)
## 1. DATOS DO EXPEDIENTE
- A) NÚMERO DE EXPEDIENTE: 10.287-336
- B) SERVIZO XESTOR: Servizo de Xuventude
- C) RESPONSABLE DO CONTRATO: a xefa do Servizo de Xuventude ou, na súa ausencia, a técnica de Xuventude
- D) UNIDADE TRAMITADORA: GE0000659 XUVENTUDE
- E) OFICINA CONTABLE: GE0000575 SERVIZOS ECONÓMICOS / INTERVENCIÓN
- F) ÓRGANO XESTOR: L01360577 CONCELLO DE VIGO
- G) TRAMITACIÓN: ordinaria
- H) TIPO DE PROCEDEMENTO: aberto
- I) TRÁTASE DUN CONTRATO DE REGULACIÓN HARMONIZADA: non
- J) TRÁTASE DUN CONTRATO SOMETIDO A RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN: si
- K) TRÁTASE DUN CONTRATO RESERVADO AO ABEIRO DO PREVISTO NA DISPOSICIÓN ADICIONAL 4ª DA LCSP: non
## 2. OBXECTO:
- A) OBXECTO DO CONTRATO: a xestión do centro de usos múltiples Vigosónico e o desenvolvemento das accións relacionadas coa actividade musical e outras disciplinas artísticas e actividades de dinamización xuvenil
- B) CODIFICACIÓN DO OBXECTO DO CONTRATO:
- CATEGORÍA DO SERVIZO NO ANEXO IV DA LCSP: servizos sociais e de saúde e servizos conexos; e servizos administrativos sociais, educativos, sanitarios e culturais
- CPV: 79952100-3 Servizos de organización de eventos culturais
- C) NECESIDADES A SATISFACER POLA ADMINISTRACIÓN: ofrecer un espazo especialmente pensado para integrar a mocidade en actividades de ocio e tempo libre a través da creatividade e o desenvolvemento de servizos ao servizo da música e, en xeral, das manifestacións artísticas. Estes servizos poden encadrase dentro das competencias municipais recollidas no artigo 1 da Lei 6/2012 de 19 de xuño, de xuventude de Galicia ('as políticas públicas dirixidas á xuventude terán como finalidade mellorar a calidade de vida da xente nova, especialmente a través do acceso á información en materia xuvenil e mediante a participación activa dos e das xoves no desenvolvemento sostible, económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia', e letras l) e m) do artigo 25.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local (Promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre e promoción da cultura e equipamentos culturais) e artigo 80.2.n da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia
- D) LOTES: non
## 3. CONTIDO ECONÓMICO
- A) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN (IVE incluído): 328.356,82 euros
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 50 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- B) IVE A SOPORTAR POLA ADMINISTRACIÓN (10%): 29.850,62 euros
- C) DESAGREGACIÓN DOS CUSTES DIRECTOS E INDIRECTOS DO ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN:
| | Persoal | Nº horas | SS (34%) | Importe total (12 meses) | |
|----------------------------------|------------------------------------------------------------|------------------------------------------------------------|------------------------------------------------------------|----------------------------------|----------------------------------|
| CUSTES DIRECTOS | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | 104.372,80€ | |
| CUSTES DIRECTOS | Custe reparación/reposición medios aux. e materiais | Custe reparación/reposición medios aux. e materiais | 15,00% | 15.655,92 € | |
| CUSTES DIRECTOS | Absentismo | Absentismo | 7,00% | 7.306,10€ | |
| CUSTES DIRECTOS | Total custes directos | Total custes directos | 127.334,82 | 127.334,82 | |
| | Gastos xerais | Gastos xerais | 13,00% | 13.568,46 € | |
| | Beneficio Industrial | Beneficio Industrial | 8,00% | 8.349,82 € | |
| | IVE | IVE | 10% | 14.925,31€ | |
| | Total custes indirectos | Total custes indirectos | 36.843,59 | 36.843,59 | |
| Total prezo con IVE 164.178,41 € | Total prezo con IVE 164.178,41 € | Total prezo con IVE 164.178,41 € | Total prezo con IVE 164.178,41 € | Total prezo con IVE 164.178,41 € | Total prezo con IVE 164.178,41 € |
## D) DESAGREGACIÓN DOS CUSTES SALARIAIS POR XÉNERO E CATEGORÍA PROFESIONAL:
| Persoal | Nº horas | Nº horas | Prezo/ hora | SS (34%) | Importe total (12 meses) |
|---------------------------------|------------------------------|------------------------------|------------------------------|------------------------------|------------------------------|
| 1 auxiliar conserxe/ porteiro/a | Parte fixa 30h semanais | 1560hs | 12,02 € | 16,10€ | 25.116 € |
| 1 auxiliar conserxe/ porteiro/a | Cobertura costes vacacións | 120hs | 12,02 € | 16,10€ | 1.932 € |
| 1 coordinador/a | 30 h semanais | 1560hs | 16,08€ | 21,54 € | 33.602,40 € |
| 1 coordinador/a | Cobertura costes vacacións | 120hs | 16,08€ | 21,54 € | 2.584,80 € |
| 1 técnico/a de son | 30 h semanais | 1560hs | 13,24 € | 17,74 € | 27.674,40 € |
| 1 técnico/a de son | Cobertura costes vacacións | 120hs | 13,24 € | 17,74 € | 2.128,80 € |
| Docentes obradoiros musicais | Docentes obradoiros musicais | Docentes obradoiros musicais | Docentes obradoiros musicais | Docentes obradoiros musicais | Docentes obradoiros musicais |
| Baixo | 176hs | | | | 2.833,60 € |
| Batería | 176hs | | | | 2.833,60 € |
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 51 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
| Técnica Vocal | 176hs | 12,02 € | 16,10 € | 2.833,60 € |
|------------------------------------------------------------|------------------------------------------------------------|------------------------------------------------------------|------------------------------------------------------------|--------------------------------------------------|
| Guitarra | 176hs | 12,02 € | 16,10 € | 2.833,60 € |
| SUBTOTAL docentes obradoiros musicais 11.334,40€ | SUBTOTAL docentes obradoiros musicais 11.334,40€ | SUBTOTAL docentes obradoiros musicais 11.334,40€ | SUBTOTAL docentes obradoiros musicais 11.334,40€ | SUBTOTAL docentes obradoiros musicais 11.334,40€ |
| Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | Custe persoal (auxiliar+coordinación+técnico son+docentes) | 104.372,80 € |
| Custe reparación/reposición medios aux e materiais | Custe reparación/reposición medios aux e materiais | Custe reparación/reposición medios aux e materiais | 15,00% | 15.655,92 € |
| Absentismo | Absentismo | Absentismo | 7,00% | 7.306,10 € |
Non procede a desagregación dos custos salariais por xénero por mor da inexistencia de diferenzas no convenio de aplicación e a imposibilidade de coñecer o xénero do persoal que se adscribirá á execución do contrato.
- E) VALOR ESTIMADO DO CONTRATO: 447.759,30 euros
- F) MÉTODO DE CÁLCULO DO VALOR ESTIMADO E CONCEPTOS QUE COMPRENDE: o valor estimado determinouse descontando o importe do IVE do orzamento base de licitación, no que se inclúen todos os conceptos relacionados no artigo 101 da LCSP, así como os custos laborais, máis a posible prórroga de 1 ano, sen incluír modificacións por non estar previstas neste contrato
- G) ANUALIDADES CON IVE:
- H) ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN E VALOR ESTIMADO DE CADA LOTE: non procede
- I) PREZOS UNITARIOS (con IVE): non se fixan
- J) APLICACIÓN ORZAMENTARIA: 3370.227.99.01 'GASTOS DE XESTIÓN E MANTEMENTO DE VIGOSÓNICO'
- K) ANTICIPADO DE GASTO: non
- L) FINANCIADO/COFINANCIADO POR OUTRAS INSTITUCIÓNS (en caso afirmativo, indicar cal): non
9. M)TRÁTASE DUN CONTRATO DE SERVIZOS EN FUNCIÓN DAS NECESIDADES DA ADMINISTRACIÓN CON ORZAMENTO MÁXIMO (DISPOSICIÓN ADICIONAL 33ª DA LCSP): non
| Anualidade | Prezo sen IVE | IVE | Importe con IVE |
|--------------------------|-----------------|-------------|-------------------|
| 2026 (7 meses + 22 días) | 96.912,29 € | 9.691,23 € | 106.603,52 € |
| 2027 | 149.253,10 € | 14.925,31 € | 164.178,41 € |
| 2028 ( 4 meses + 8 días) | 52.340,81 € | 5.234,08 € | 57.574,89 € |
## 4. PRAZO DE EXECUCIÓN
- A) PRAZO INICIAL: 2 anos
- B) PRAZOS PARCIAIS: non se fixan
- C) PRÓRROGA DO CONTRATO E, EN CASO AFIRMATIVO, DURACIÓN: si, 1 prórroga dun ano de duración
- D) DATA PREVISTA PARA O INICIO DO CONTRATO: 9 de maio de 2026
5. SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA E PROFESIONAL
Copia do documento - Concello de Vigo
10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026
Data impresión: 07/04/2026 08:05
Páxina 52 de 69
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- A) CLASIFICACIÓN ALTERNATIVA QUE ACREDITE A SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA E TÉCNICA E PROFESIONAL: non procede
- B) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA ECONÓMICA E FINANCEIRA: os consignados na cláusula 18.3.3 deste PCAP (114.924,89 euros)
- C) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL: os consignados na cláusula 18.3.4 deste PCAP (114.924,89 euros)
- D) MEDIOS DE ACREDITAR A SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL AS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN: os previstos na cláusula 18.3.5 deste PCAP para este tipo de empresas
- E) TAREFAS OU TRABALLOS QUE DEBERÁ REALIZAR DIRECTAMENTE O LICITADOR NO CASO DE QUE INTEGRE A SÚA SOLVENCIA CON MEDIOS EXTERNOS: non se fixan
- F) MEDIOS PERSOAIS E MATERIAIS A ADSCRIBIR Á EXECUCIÓN DO CONTRATO: non se esixen
- G) HABILITACIÓN PROFESIONAL: non se esixe
- H) CONDICIÓNS ESPECIAIS DE COMPATIBILIDADE: non se contemplan
## 6. CONTIDO DA DOCUMENTACIÓN DOS SOBRES B E C
- A) CONTIDO SOBRE B: incluirá o Plan de organización e prestación do servizo segundo o esixido no apartado 7.A.1 destas FEC
- Requisitos para a presentación do Plan de organización e prestación do servizo :
- Deberá ser un único arquivo dixital
- Terá un máximo de 50 páxinas, en formato A4. Na cuantificación deste documento teranse en conta as carátulas, anexos, gráficos, imaxes e calquera páxina incorporada
- Non debe superar os 5 MB de tamaño.
## B) CONTIDO SOBRE C:
- D./Dª. ......................, con DNI nº .........., en nome propio (ou en representación de ........), informado/a da licitación para a contratación por procedemento aberto do SERVIZO PARA A XESTIÓN DO CENTRO DE USOS MÚLTIPLES VIGOSÓNICO, expediente nº 10.287-336, manifesta:
- 1.- Que acepta integramente os pregos de prescricións técnicas e condicións administrativas que rexen esta contratación.
- 2.- Que a proposta foi elaborada conforme ás obrigas relativas á fiscalidade, protección do medio ambiente, emprego, condicións laborais, sociais e a obriga de contratar unha porcentaxe específica de persoas con discapacidade, ás que se refire o punto 5 da cláusula 11 do PCAP.
Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
- 3.- Propón como prezo sen IVE do contrato o de ............ euros, sendo a cota correspondente ao IVE a de ....... euros, o que supón un prezo total do contrato de ........... euros.
- 4.- Incrementa a experiencia do persoal, por riba da esixida no punto 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares, en:
- Coordinador/a do programa: ....... (nº) anos
- Técnico/a de son: ....... (nº) anos
- 5.- Incrementa a formación do persoal, por riba da esixida no punto 6.2 do prego de prescricións técnicas particulares, en:
- Coordinador/a do programa (cursos de como mínimo 20 horas de duración):
- Posúe .... (nº) cursos en animación xuvenil ou monitor/a de tempo libre, ou coordinador/a de tempo libre, xestión cultural con mozos/as.
- Posúe .... (nº) cursos en informática, en especial en bases de datos, follas de cálculo, deseño de páxinas web, así como noutro tipo de aplicacións e soportes para a xeración de contidos e o seu mantemento na Internet.
- Técnico/a de son:
- Posúe .... (nº) horas de formación en vídeo son DJ produción musical.
- Posúe .... (nº) horas de formación en produción musical, de audio e MIDI con software Pro Tools
- Posúe .... (nº) horas de formación en sonorización en directo.
- Posúe .... (nº) horas de formación en especialista en vídeo son DJ.
- Posúe .... (nº) horas de formación en microfonía.
- 6.- Comprométese a adscribir ao contrato a persoal que realizou cursos de formación en menores con NEE (necesidades especiais) de como mínimo 20 horas:
- Monitor 1 (1 curso): ..... (si/non)
- Monitor 2 (1 curso): ..... (si/non)
Lugar, data e sinatura do licitador.
## 7. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN
- A) CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE XUÍZO DE VALOR: valoraranse con ata 40 puntos
2. 7.A.1.- Plan de organización e prestación do servizo: valorarase con ata 40 puntos
Incluirá os seguintes contidos e apartados:
- A) Memoria de execución: valorarase con ata 35 puntos , distribuídos da seguinte forma:
Data impresión: 07/04/2026 08:05
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
- a) Descrición das accións previstas dirixidas a dinamizar a utilización dos espazos atendendo ás necesidades das persoas usuarias: máximo 10 puntos
- b) Estratexias para a consecución dos obxectivos propostos tendo en conta o colectivo diana do servizo: máximo 8 puntos
- c) Actividades novidosas, creativas e alternativas, que fomenten a participación e que manteñan o interese: 6 puntos
- d) Metodoloxía a empregar en cada actividade proposta: valorarase a programación, organización, temporalización e funcionamento das actividades e do persoal en relación aos dous espazos: 3 puntos
- e) Metodoloxía utilizada no traballo para desenvolver desde a atención directa coas persoas usuarias e, por outro, nunha importante cantidade de tarefas englobadas no que se denomina traballo interno (planificación, coordinación, avaliación e formación): 3 puntos
- f) Actividades que teñan en conta a promoción de valores de respecto á igualdade, coeducación, integración e solidaridade: 3 puntos
- g) Actuacións ou actividades tendentes a fomentar un maior coñecemento da lingua e cultura galega, axeitadas ás idades dos/as participantes: 2 puntos
- B) Materiais, recursos económicos e equipos técnicos cos cales vai executar o o plan de organización e de prestación de servizos: valorarase con ata 5 puntos , distribuídos da seguinte forma:
- a) Materiais e equipos que achegue o/a contratista/a. Valorarase a funcionalidade e o carácter actual dos mesmos: 3 puntos
- b) Número, características e calidades dos materiais a empregar: 2 puntos
- Regras de puntuación deste criterio:
- A calidade e claridade narrativa e expositiva dos contidos do Plan de organización e da prestación de servizos para obter unha comprensión global dos diferentes contidos e apartados a valorar do mesmo.
- A calidade da organización e estrutura da exposición de contidos do Plan de organización e da prestación de servizos.
- Grao de detalle e especificidade dos obxectivos do Plan de organización e da prestación de servizos en concordancia coa actividade do contrato.
- O grao de detalle adecuado, a xustificación e coherencia da metodoloxía indicada para a execución dos traballos.
- A calidade dos medios, recursos ou procesos propostos en relación ao obxecto do contrato.
- A coherencia e idoneidade dos contidos expostos de acordo aos medios e procesos propostos en relación cos requisitos mínimos obrigatorios descritos no PPTT.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 55 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
- O interese das estratexias propostas pensadas para o colectivo mozo. Deben ser coherentes cos parámetros sociais que caracterizan a este colectivo.
- Valorarase así mesmo a orixinalidade e a capacidade transversal das accións propostas.
Da avaliación destes aspectos, procederase á asignación da puntuación en cada un dos apartados.
A puntuación será de 0 puntos, cando a descrición do apartado a avaliar conteña aspectos contraditorios internos ou en relación co obxecto do contrato ou, conteña propostas incoherentes entre o ofertado e os recursos propostos.
As propostas que non cumpran cos requisitos de presentación do Plan de organización e da prestación de servizos (tamaño de arquivo, nº de páxinas máximas e formato A4) serán obxecto de valoración técnica pero a puntuación reducirase nun 10% dos puntos asignados ao citado criterio.
## B) CRITERIOS AVALIABLES A TRAVÉS DE FÓRMULA: valoraranse con ata 60 puntos
## 7.B.1. Redución do prezo: valorarase con ata 40 puntos
Para valorar este criterio utilizaranse as fórmula recollidas na cláusula 15 deste prego.
## 7.B.2.Experiencia do persoal: valorarase con ata 10 puntos
- Coordinador/a do programa: valorarase con ata 5 puntos pola experiencia demostrada superior á esixida no punto 6.2 do PPTP (3 anos).
Asignarase 1 punto por cada ano a maiores de experiencia demostrada relacionada co traballo no eido da música con xoves dende calquera perspectiva artística.
- Técnico/a de son: valorarase con ata 5 puntos pola experiencia demostrada superior a tres anos en traballos relacionados coa imaxe e son, animación, lecer e tempo libre e dinamización de grupos e, en especial, en organización de actividades musicais e culturais dirixidas a mocidade.
Asignarase 1 punto por cada ano de experiencia que se propoña a maiores.
## 7.B.3.- Formación do persoal: valoraranse con ata 8 puntos
- A) Coordinador/a do programa: valoraranse con ata 6 puntos pola formación complementaria nalgunha das seguintes áreas:
- a) Animación xuvenil ou monitor/a de tempo libre, ou coordinador/a de tempo libre, xestión cultural con mozos/as (4 puntos)
- b) Informática, en especial en bases de datos, follas de cálculo, deseño de páxinas web, así como noutro tipo de aplicacións e soportes para a xeración de contidos e o seu mantemento na Internet (2 puntos),
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 56 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
Valorarase con 0,5 puntos por cada curso de 20h de duración en cada un dos contidos sinalados.
- B) Técnico/a de son: valorarase con ata 2 puntos pola formación complementaria
Valorarase con 1 punto por cada 100 horas de formación relacionada con calquera das seguintes materias:
- Vídeo Son DJ Produción Musical
- Produción Musical, de audio e MIDI con software Pro Tools
- Sonorización en Directo
- Especialista en Vídeo Son DJ
- Microfonía
## 7.B.4.Pola achega a maiores, por parte do persoal adscrito, de formación en menores con NEE (Necesidades Especiais): valorarase con ata 2 puntos
Outorgarase 1 punto por cada curso de mínimo 20 horas realizado por parte do persoal requirido. Non se valorará máis dun curso por monitor/a.
- C) COMITÉ DE EXPERTOS (en caso afirmativo, COMPOSICIÓN): non
- D) CRITERIOS PARA DETERMINAR QUE A OFERTA CONTÉN VALORES ANORMAIS: os recollidos na cláusula 16.1.2 deste prego
## 8. VARIANTES
- A) ADMÍTENSE VARIANTES: non
- B) REQUISITOS MÍNIMOS:
- C) MODALIDADES:
- D) CARACTERÍSTICAS:
## 9. GARANTÍAS
- A) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA PROVISIONAL (en caso afirmativo, importe): non
- B) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA COMPLEMENTARIA (en caso afirmativo, importe): non
- C) PROCEDE CONSTITUÍR GARANTÍA DEFINITIVA: si (5% do importe de adxudicación sen IVE)
## 10.PRAZO DE GARANTÍA
Non se fixa pola natureza das prestacións.
## 11.RÉXIME DE PAGAMENTO
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
<!-- image -->
O pagamento realizarase por meses naturais vencidos (ou fracción no caso de non corresponderse cun mes completo), mediante a presentación mensual das facturas polo importe correspondente ao período a facturar, conformadas polo Servizo de Xuventude, tras a realización dos traballos, que consistirán no importe resultante de dividir o importe anual do importe de adxudicación por 12 meses.
## 12.LUGAR DE ENTREGA DAS PRESTACIÓNS
As actividades previstas neste contrato desenvolveranse basicamente nos espazos integrados no denominado Vigosónico ubicado no Polígono de Valadares en Vigo, ou naquel outro espazo ou lugar que fixe o Servizo de Xuventude por necesidades de programación.
## 13.ASEGURAMENTO
## A) PROCEDE CONSTITUÍR SEGURO ESPECÍFICO (en caso afirmativo, clase e contía): si, os seguintes:
1.- Seguro de Responsabilidade Civil con entidade aseguradora legalmente autorizada, co obxecto de cubrir as obrigas derivadas do obxecto do contrato. Dito seguro de Responsabilidade Civil deberá ter un límite de indemnización non inferior a 600.000 euros por sinistro e ano para cubrir os danos materiais e/ou persoais ocasionados a terceiros. - As garantías mínimas esixidas para este seguro de Responsabilidade Civil serán: RCivil Explotación - incluíndo a garantía de RCivil Subsidiaria no caso de subcontratar algún servizo do contrato. RCivil Patronal - cun sublímite por vítima nunca inferior a 300.000 €
- RCivil Profesional de técnicos en plantilla (se é o caso)
- RCivil Locativa que non poderá ser nunca inferior a 150.000 €
- RCivil Post-traballos / Servizos
- RC por danos a bens confiados cun sublímite nunca inferior a 15.000 € por sinistro e ano
- Defensa xurídica e Fianzas
A póliza deberá prestar cobertura durante todo o período da execución do contrato e ata a conclusión da mesma e polas reclamacións acontecidas durante este período de execución e que sexan reclamados tras 24 meses despois da súa finalización.
2.- Seguro de Accidentes con entidade aseguradora legalmente autorizada, co obxecto de cubrir os accidentes que poidan sufrir os/as participantes nas actividades/talleres organizados.
As garantías e capitais mínimos esixidos para este seguro de accidentes serán:
- Morte por Accidente - 3.000 €/asegurados
- Asistencia sanitaria por accidente: Ilimitada en centros concertados
- Invalidez Permanente Parcial segundo baremo por accidente - 3.000 €/asegurado
A garantía da asistencia sanitaria deberá garantir o pagamento dos gastos da asistencia Sanitaria en que incorran os/as participantes como asegurados, e comprende os gastos de asistencia urxente ou primeiros auxilios, asistencia médica, ambulancia e traslados de carácter urxente, hospitalización e rehabilitación.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 58 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
Por centro concertado entenderase un establecemento público ou privado, hospital, centro sanitario ou clínica, legalmente autorizado para o tratamento médico de enfermidades ou lesións corporais cos medios materiais e persoais necesarios para facer diagnósticos ou intervencións cirúrxicas.
- 3.- Calquera outro seguro de contratación obrigatoria conforme á lexislación en vigor durante o período de duración do contrato.
Antes do comenzo do inicio do contrato, o Concello de Vigo disporá de copia das pólizas subscritas, así como tamén dos correspondentes xustificantes dos recibos liquidados, sendo obrigación do contratista o pago dos recibos xerados polas pólizas, tanto no momento da súa contratación como na súa renovación ou calquera outro que se devindique durante a vida das pólizas, sendo da súa exclusiva responsabilidade calquera defecto de cobertura orixinada pola falta de pagamento.
En caso de sinistro, calquera diferencia que xurda no pagamento das indemnizacións, xa sexa por aplicación de franquías ou outro tipo de descuberto dos seguros contratados, deberá ser soportada pola contratista.
A contratista obrígase a reparar os danos e responder por aqueles riscos que non queden garantidos nas pólizas de seguro descritas anteriormente, a fin de levar a bo término o obxecto do contrato, conforme as obrigas e responsabilidades asumidas. A contratación das pólizas descritas non eximirá nin limitarán as obrigas e responsabilidades derivadas do obxecto do contrato.
## 14. SUBCONTRATACIÓN
- A) TAREFAS CRÍTICAS NON OBXECTO DE SUBCONTRATACIÓN: non se fixan
## 15. MODIFICACIÓN DO CONTRATO
- A) ESTÁ PREVISTA A MODIFICACIÓN DO CONTRATO: non
- B) ASPECTOS A MODIFICAR:
- C) CIRCUNSTANCIAS QUE DETERMINAN A MODIFICACIÓN:
- D) LÍMITES DA MODIFICACIÓN:
- E) ESPECIALIDADES, NO SEU CASO, DO PROCEDEMENTO DE MODIFICACIÓN:
## 16.OUTROS ASPECTOS DO CONTRATO
## A) OUTRAS CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN:
- De carácter social: toda a documentación, publicidade, imaxes ou materiais deberán empregar un uso non sexista da linguaxe. Non se poderán empregar imaxes que discriminen ás mulleres ou que favorezan estereotipos sexistas. Usarán unha linguaxe inclusiva e fomentarán unha imaxe con valores de igualdade, presenza equilibrada, diversidade, corresponsabilidade e pluralidade de roles e identidades de xénero.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 59 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
- De tipo medioambiental: no deseño e produción das actividades deberán ter en conta o uso recorrente de material reciclable, normas de uso dentro dentro e fora dos espazos utilizados, elaboración de recursos con material reciclado ou reciclaxe do material utilizado nas actividades diarias.
As medidas a adoptar deberán ser comunicadas polo contratista no prazo dun mes dende a formalización do contrato ao responsable do contrato.
## B) OUTROS DEREITOS E/OU OBRIGAS DO CONTRATISTA:
## - OBRIGAS DO CONTRATISTA:
## a) Obrigas xerais:
- Deseño calendarizado da programación a medio prazo do espazo Vigosónico.
- Participar nas reunións de coordinación.
- Xestionar correctamente as necesidades concretas e puntuais que poidan xurdir no desenvolvemento diario das distintas actividades.
- Realizar as labores de información individualizada a familiares e/ou educadores que o soliciten sobre o colectivo usuario, tendo en conta a LOPD.
## b) Obrigas respecto ao persoal:
- A contratista nomeará a unha persoa responsable que será o/a interlocutor/a entre a empresa e o Servizo de Xuventude, que velará pola correcta execución das prestacións obxecto do contrato. Terá que ter capacidade de decisión e resolución e estar sempre localizable en horario laboral para asistir ao Concello en todo o relacionado coas prestacións do contrato, e deberá estar dispoñible para calquera convocatoria de reunión presencial por parte do Servizo de Xuventude.
- C) OUTROS SUPOSTOS DE INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL E/OU PENALIDADES: non se fixan
- D) OUTRAS CAUSAS DE RESOLUCIÓN DO CONTRATO: non se fixan
- E) OUTRAS PRESTACIÓNS ESENCIAIS OBXECTO DO CONTRATO IDENTIFICADAS COMO OBRIGAS DE CARÁCTER ESENCIAL: non se fixan
- F) INFORMACIÓN ESIXIDA POLO ARTIGO 130 DA LCSP: en base ao indicado no artigo 22 do IV Convenio colectivo autonómico de eventos, servizos e producións culturais de Galicia (resolución do 27 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Relacións Laborais publicada no DOG nº 227 do 29 de novembro de 2023), no anexo I do PPT consta a información facilitada pola contratista actual sobre as condicións dos contratos dos traballadores, necesaria para permitir a avaliación dos custes laborais que implique, no seu caso, dita medida
- G) ESÍXESE INFORME DE PROBAS OU UN CERTIFICADO COMO MEDIO DE PROBA DO CUMPRIMENTO DAS PRESCRICIÓNS TÉCNICAS ESIXIDAS, DOS CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN OU DAS CONDICIÓNS ESPECIAIS DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: non
- H) CESIÓN DE DATOS AO CONTRATISTA: non
- I) CESIÓN DE DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL OU INDUSTRIAL: si, os datos e información dos/das menores e dos pais/nais e titores/as, coa finalidade exclusiva de poder realizar de xeito óptimo as prestacións obxecto do contrato
- J) EXCEPTÚASE A OBRIGA DE PRESENTAR PROGRAMA DE TRABALLO: non
- K) VISITA ÁS INSTALACIÓNS: non procede
- L) OBSERVACIÓNS:
Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## ANEXO II
## DECLARACIÓN RESPONSABLE (A PRESENTAR POLOS LICITADORES NO SOBRE A)
D./Dª. ..................., con DNI .................. con enderezo en ....................
No caso de ser persoa xurídica:
En representación da empresa ........ constituída ......... (referencia escritura). Acreditando a súa representación a través do poder ....... (referencia escritura)
## DECLARA baixo a súa responsabilidade:
## a) COMPROMISO DE CUMPRIMENTO DO CÓDIGO ÉTICO
Manifesta que se compromete a cumprir o código ético regulado na cláusula 23.1 do prego que rexe esta contratación.
- b) COMPROMISO DE CONSTITUCIÓN DE UTE (cubrir só en caso afirmativo)
Que concorre a esta licitación en UTE coas seguintes mercantís: ............. De resultar adxudicatarias participarán no capital da UTE que se constitúa cada unha delas nas seguintes porcentaxes ............., nomeando como representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do con100trato se deriven ata a súa extinción a .............
- c) INTEGRACIÓN DA SOLVENCIA CON MEDIOS EXTERNOS:
Que se basea na solvencia e medios doutras entidades: ..... (si/non)
## d) DECLARACIÓN RESPONSABLE DE SOMETEMENTO Á XURISDICIÓN ESPAÑOLA NO CASO DE QUE O LICITADOR SEXA ESTRANXEIRO (cubrir só en caso afirmativo)
Que se compromete a someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que lle puidese corresponder ...... (si/non).
- e) COMPROMISO DE ADSCRICIÓN DE MEDIOS (cubrir só en caso afirmativo)
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
Que se compromete a adscribir á execución do contrato os medios persoais ou materiais esixidos no apartado 5.F do Anexo I -FEC- do PCAP (expte. nº .....) ...... (si/non).
## f) GRUPO DE EMPRESAS
A empresa á que represento (elixir opción):
- [ ] Non pertence a un grupo de empresas.
- [ ] Si pertence a un grupo de empresas pero ningunha delas concorre a esta licitación.
- [ ] Si pertence a un grupo de empresas e relaciónanse a continuación as outras empresas do grupo que participan nesta licitación: ..........
## g) TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS: SUBCONTRATACIÓN SERVIDORES
A empresa á que represento (elixir opción):
- [ ] Ten a intención de subcontratar os servidores ou os servizos asociados a estes.
- [ ] Nome ou perfil empresarial da empresa a subcontratar, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas: .................... Ubicación dos servidores e localización do lugar de prestación dos servizos relativos a estes: ....................
- [ ] Non ten a intención de subcontratar os servidores ou os servizos a eles asociados.
## h) EMPREGO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE E IGUALDADE DE MULLERES E HOMES
A empresa á que represento (elixir opción):
- [ ] Que se trata dunha empresa de menos de 50 traballadores.
- [ ] Que se trata dunha empresa de 50 ou máis traballadores e:
1. Conta cun plan de igualdade debidamente inscrito (artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes).
2. Ten empregados traballadores con discapacidade nun 2 por 100, cando menos, do cadro de persoal da empresa (artigo 42 do Texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro), ou adoptou as medidas alternativas establecidas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril.
## i) AUTORIZACIÓN PARA A CONSULTA DE DATOS POR MEDIOS ELECTRÓNICOS
- [ ] Que AUTORIZO ao Concello de Vigo, neste procedemento, a utilizar medios electrónicos para consultar os rexistros públicos para comprobar os requisitos de aptitude para contratar.
- [ ] Que SE OPÓN a que o Concello de Vigo consulte neste procedemento, os seguintes datos ou rexistros públicos: .................... (cubrir unicamente cando se opoña á consulta)
Data impresión: 07/04/2026 08:05
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
## j) DECLARACIÓN DE AUSENCIA DE CONFLITO DE INTERESES (DACI)
Primeiro.- Declara estar informado do seguinte:
- 1.- Que o artigo 61.3 «Conflito de intereses» do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo (Regulamento financeiro da UE) establece que "existirá un conflito de intereses cando o exercicio imparcial e obxectivo das funcións estea comprometido por razóns familiares, afectivas, de afinidade política ou nacional, de interese económico ou por calquera outro motivo directo ou indirecto de interese persoal'.
- 2.- Que o artigo 64 'Loita contra a corrupción e prevención dos conflitos de intereses" da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, define o conflito de intereses como 'calquera situación na que o persoal ao servizo do órgano de contratación, que ademais participe no desenvolvemento do procedemento de licitación ou poida influír no resultado do mesmo, ten directa ou indirectamente un interese financeiro, económico ou persoal que puidera parecer que compromete a súa imparcialidade e independencia no marco do procedemento de licitación'.
Segundo.- Que porá en coñecemento do Servizo de Contratación do Concello de Vigo, sen dilación, calquera situación de conflito de intereses que xurda, ou que poida dar lugar ao devandito conflito, para a súa tramitación perante o órgano de contratación, deixando de tomar parte no procedemento e actividades relacionadas.
## k) DECLARACIÓN DE NON ESTAR INCURSO EN PROHIBICIÓN PARA CONTRATAR
Declara que non está incurso, nin o empresario persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, nin o representante nin a empresa que representa, en ningún dos supostos legais de incapacidade nin incompatibilidade para contratar previstas no artigo 71 da LCSP, nin por si mesmos nin por extensión consonte ao previsto no artigo 71.3 da citada lei.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 63 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
## ANEXO III
## COMPROMISO DE POSTA A DISPOSICIÓN DE MEDIOS POR UN TERCEIRO
(A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR CANDO PROCEDA)
O LICITADOR:
D./Dª. ..................., con DNI .................. con enderezo en ....................
No caso de ser persoa xurídica:
En representación da empresa ........ constituída ......... (referencia escritura). Acreditando a súa representación a través do poder ....... (referencia escritura)
## DECLARA
Que para a acreditación da solvencia esixida para a presente licitación vai basear nas capacidades e medios da entidade ....... (nome) en virtude de contrato/acordo/convenio/ou calquera outro negocio xurídico a celebrar/celebrado coa citada entidade, e que permitirá a comprobación de que dispón dos medios da mesma.
A ENTIDADE:
D./Dª. ..................., con DNI .................. con enderezo en ....................
No caso de ser persoa xurídica:
En representación da empresa ........ constituída ......... (referencia escritura). Acreditando a súa representación a través do poder ....... (referencia escritura)
## DECLARA
- Para o caso de integración de solvencia económica e financeira:
1. Que coñece o Prego de Prescricións Técnicas, o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares, e demais documentación que debe rexer o presente contrato.
2. Que cumpre as condicións de solvencia económica financeira esixida neste prego e comprométese a achegar os documentos acreditativos do cumprimento dos devanditos requisitos en calquera momento que así o solicite o órgano de contratación e en todo caso, no caso de que a proposta de clasificación recaia a favor do licitador arriba indicado.
3. Que se compromete a poñer a disposición do licitador arriba indicado, os medios económicos financeiros necesarios para garantir a execución do contrato, respondendo solidariamente fronte ao Concello.
- Para o caso de integración de solvencia técnica e profesional:
Copia do documento - Concello de Vigo
10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026
Data impresión: 07/04/2026 08:05
Páxina 64 de 69
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
1. Que coñece o Prego de Prescricións Técnicas, o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e demais documentación que debe rexer o presente contrato.
2. Que cumpre as condicións de solvencia técnica profesional esixida neste prego e comprométese a achegar os documentos acreditativos do cumprimento dos devanditos requisitos en calquera momento que así o solicite o órgano de contratación e en todo caso, no caso de que a proposta de clasificación recaia a favor do licitador arriba indicado.
3. Que se compromete a poñer a disposición do licitador arriba indicado, os seguintes medios técnicos e profesionais necesarios para garantir a execución do contrato fronte ao Concello: ....... (enumerar os medios).
Este documento deberá ser asinado dixitalmente polo representante do licitador e polo representante da entidade que se compromete a integrar a solvencia de aquel.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 65 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## CONCELLO DE VIGO
<!-- image -->
<!-- image -->
## ANEXO IV
## NOMEAMENTO DO DELEGADO DO CONTRATO E ACORDO DE CONFIDENCIALIDADE E PARA A AUTORIZACIÓN DO ACCESO Á REDE DO CONCELLO DE VIGO
(A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR)
## a) NOMEAMENTO DO/A DELEGADO/A DO CONTRATO
D./Dª. ..................., con DNI .................. e con enderezo en ....................
No caso de ser persoa xurídica:
En representación da empresa ........ constituída ......... (referencia escritura). Acreditando a súa representación a través do poder ....... (referencia escritura)
DESIGNA a D./Dª. ................... como delegado/a deste contrato, que será o/a único/a interlocutor/a entre a empresa e o Concello. Velará pola correcta execución das prestacións obxecto do contrato a través del canalizaranse as posibles incidencias que xurdan na execución.
## b) ACORDO DE CONFIDENCIALIDADE E PARA A AUTORIZACIÓN DO ACCESO Á REDE DO CONCELLO DE VIGO
- O Concello de Vigo, por medio deste documento, pon en coñecemento e informa a ................... (Nome/Apelidos) con DNI ..................., administrador/a ou representante da empresa ..................., das condicións e obrigas seguintes:
1. O contratista deberá respectar o carácter confidencial daquela información á que teña acceso con ocasión da execución do contrato á que se lle dera o referido carácter nos pregos, no contrato ou que pola súa natureza deba ser tratada como tal.
- O deber de segredo e confidencialidade respecto de toda información reservada á que, directa ou indirectamente, o contratista acceda e/ou poida ter coñecemento ou acceso como consecuencia da realización dos traballos de (asunto), núm. expte: (nº expte), obxecto de contratación polo Concello de Vigo, comprende tamén o acceso e utilización da rede corporativa do Concello de Vigo á cal teña aceso para o cumprimento das obrigas dimanantes do contrato administrativo formalizado, con suxeición á lexislación que resulte de aplicación.
2. Para os efectos desta cláusula, terá a consideración de información confidencial , toda información de carácter económico, financeiro, técnico, comercial, estratéxico, administrativo ou de outro tipo á que se teña acceso con motivo da execución do obxecto do contrato, en especial a relativa a informes, expedientes administrativos, documentación municipal, coñecementos técnicos, compoñentes software, instalacións, metodoloxías, produtos, know how , servizos, usuarios de servizos, boas prácticas , técnicas de management público, políticas públicas e documentos derivados da planificación estratéxica na xestión pública municipal .... Así como datos e información de carácter persoal, recollida en calquera soporte, tanto papel como informático, e documentación de calquera outro tipo, que teña sido clasificada como de propiedade exclusiva ou confidencial ou que, pola súa natureza ou polas circunstancias nas que se produza a revelación ou creación, debe de boa fe estimarse como tal.
Data impresión: 07/04/2026 08:05
Páxina 66 de 69
CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
3. En cumprimento co deber de segredo e confidencialidade, o contratista queda suxeito ás seguintes obrigas:
- Seguir as instrucións fixadas polo Concello de Vigo, en todo o que respecta ao tratamento da información confidencial; non a poderá utilizar e/ou tratar para fins distintos dos expresamente indicados.
- Tratar e utilizar a información confidencial que sexa necesaria para o desenvolvemento das funcións referidas aos traballos de diagnóstico previo á elaboración do obxecto do contrato inherentes a este último e que lle fosen encomendadas.
- Tratar a dita información confidencialmente. Queda expresamente prohibida calquera tipo de comunicación, cesión, transferencia, almacenamento, envío ou entrega non autorizadas expresamente, de calquera información confidencial, xa sexa a outras persoas vinculadas ao Concello de Vigo non autorizadas para acceder a dita información, xa sexa a terceiros alleos ao Cocelo de Vigo. Tampouco poderá gravar información confidencial en calquera soporte electrónico ou dixital, nin imprimilos ou extraelos fóra das dependencias físicas onde desenvolva as funcións profesionais e/ou de colaboración, agás que o propio desenvolvemento das ditas funcións así o esixa ou fosen expresamente autorizado para o efecto polo Concello de Vigo.
- Actuar coa maior dilixencia posible para evitar a publicación ou revelación de calquera información confidencial.
- Observar as políticas adoptadas polo Concello de Vigo respecto do arquivo, conservación custodia e destrución da información confidencial en soporte papel.
- Devolverlle ao Concello de Vigo toda información confidencial que, no momento de terminar a realización dos servizos se atope en poder da empresa, renunciando expresamente a calquera dereito de a reter ou conservar.
- Cumprir as obrigas derivadas da lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, efectuando o tratamento e arquivo dos datos consonte aos protocolos e sistemas e observando as garantías establecidas na normativa indicada.
4. Cando o contratista desenvolva as funcións profesionais nas dependencias físicas de terceiras entidades, deberá observar e seguir as instrucións que, en materia de confidencialidade e segredo, foran fixadas pola entidade e das que fora informada. Na medida en que non resulten incompatibles coas ditas normas ou cando a terceira entidade non establecese nada ao respecto, tamén deberá observar as obrigas previstas no número anterior.
5. O deber de segredo e confidencialidade, que se deriva desta cláusula, obriga ao contratista durante un prazo de cinco anos dende o coñecemento da información obxecto de segredo, agás que nestes pregos ou no contrato se estableza un prazo maior que, en todo caso, deberá ser definido e limitado no tempo, en base ao artigo 133.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público.
6. No caso de que os pregos establezan dereitos e obrigas dimanantes do contrato que poidan ser cedidos polo contratista a un terceiro en base ao disposto no artigo 214 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público, ou este decida subcontratar ao
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 67 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
<!-- image -->
<!-- image -->
abeiro do artigo 215 da citada lei, o contratista deberá establecer co cesionario ou subcontratista unha relación de confidencialidade por medio deste documento no momento de formalizar a cesión en escritura pública descrito no artigo 214.2.d) da Lei 9/2017, ou no momento de establecer a subcontratación.
7. O contratista queda obrigado a observar e cumprir a normativa de seguridade implantada no Concello de Vigo, que sexa posta en coñecemento entre as e os empregados públicos municipais. Igualmente a aquelas medidas de seguridade que, respecto da información confidencial en soporte físico, electrónico ou dixital, sexan adoptadas polo Concello de Vigo, de conformidade coa normativa que resulte de aplicación.
8. O contratista queda obrigado a observar e cumprir todas as medidas de seguridade necesaria e exixidas polo Concello de Vigo respecto do tratamento da información confidencial no desenvolvemento das actividades profesionais, sendo irrelevante o soporte que a conteña. En concreto, comprométese a non facilitar baixo ningún concepto a outras persoas e/ou empresas, as claves e/ou contrasinais de acceso aos sistemas de información do Concello de Vigo, no suposto de que eventualmente lle fosen facilitadas. Comprométese, igualmente, a utilizar os ditos sistemas coa debida autorización e para fins exclusivamente relacionados coa execución das actividades relacionadas co obxecto do contrato.
3. O incumprimento das obrigas previstas anteriormente poderá levar consigo, para o contratista, a asunción das responsabilidades derivadas as infraccións realizadas.
E para que produza os efectos oportunos, mediante a sinatura deste documento declaro expresamente o compromiso de cumprir coas obrigas de segredo e confidencialidade, nos termos expresados anteriormente.
## c) DECLARACIÓN DE NON ESTAR INCURSO EN PROHIBICIÓN PARA CONTRATAR
Declara que non está incurso, nin o empresario persoa física ou, no caso das persoas xurídicas, nin o representante nin a empresa que representa, en ningún dos supostos legais de incapacidade nin incompatibilidade para contratar previstas no artigo 71 da LCSP, nin por si mesmos nin por extensión consonte ao previsto no artigo 71.3 da citada lei.
## d) DECLARACIÓN DE VIXENCIA DOS DATOS DO REXISTRO DE CONTRATISTAS
No suposto de estar inscrito nun rexistro de contratistas, declara que está inscrito no Rexistro .............. co número ...... e os datos que nel figuran son certos e non experimentaron variación.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 68 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
## Área de CONTRATACIÓN e NOVOS PROXECTOS
Expediente 10.287-336
<!-- image -->
## ÁREA DE GOBERNO DE SEGURIDADE, CONTRATACIÓN, FESTAS E XESTIÓN MUNICIPAL
## ANEXO V
## DECLARACIÓN DE AUSENCIA DE CONFLITO DE INTERESES (DACI) PARA OS CONTRATISTAS E SUBCONTRATISTAS
(A PRESENTAR POLO LICITADOR QUE RESULTE CLASIFICADO EN PRIMEIRO LUGAR)
Don/Dona ………………………………………………., con DNI …………………….., no seu propio nome e dereito/en calidade de representante legal da mercantil ……………………………. con CIF ………………….…., declara:
Primeiro.- Estar informado/a dos compromisos adquiridos en relación co cumprimento do Plan Antifraude do Concello de Vigo.
Segundo.- Que, de conformidade co establecido no citado Plan, manifesta non estar incurso en ningunha das situacións que se identificaron no mesmo como susceptibles de motivar un posible conflito de interese coa/s persoa/s responsable/s do contrato licitado polo Concello e do que resultou adxudicatario. Entre elas:
- Ter un vínculo matrimonial ou situación de feito asimilable e o parentesco de consanguinidade dentro do cuarto grao ou de afinidade dentro do segundo.
- Compartir despacho profesional ou estar asociado con estes para o asesoramento, a representación ou o mandato.
- Ter amizade íntima ou inimizade manifesta.
- Intervir como perito ou como testemuña no procedemento de que se trate.
- Ter relación de servizo, ou prestar nos dous últimos anos servizos profesionais de calquera tipo e en calquera circunstancia ou lugar.
Terceiro.- Que se compromete a poñer en coñecemento da Comisión de Integridade Contractual do Concello de Vigo, sen dilación, calquera risco de posible conflito de intereses ou calquera outras circunstancias dirixidas a previr e detectar a fraude, e a corrupción.
Cuarto.Que coñece que unha declaración de ausencia de conflito de intereses que se demostre que sexa falsa, estará sometida ás previsións e consecuencias establecidas polo Concello de Vigo no seu Plan Antifraude e que poden concluír coa esixencia de responsabilidades penais.
| Copia do documento - Concello de Vigo | Data impresión: 07/04/2026 08:05 Páxina 69 de 69 |
|-----------------------------------------|----------------------------------------------------|
| 10287-336 Aprobado por XGL 06/04/2026 | CSV: AABEA7-CB35E5-3FCA8B-ATWEJ1-5YRB5U-FD |
<!-- image -->