Decreto licitacion.pdf

Documento Adicional Ver licitación
CONTRATACIÓN E PATRIMONIO PFPD/edl Ref: Decreto licitación sacos cemento gris Asunto: Contratación da subministración de sacos de cemento gris de 25 quilogramos. Exp. ref. 2026/C004/000041. DECRETO Ilmo. Sr. Don Antonio Ameijide Osorio, tenente de alcaldesa delegado da Área de Mobilidade e Obras. P.D da Xunta de Goberno Local (acordo 40/607 de 26.07.2023) Instruído o expediente relativo á CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE SACOS DE CEMENTO GRIS DE 25 QUILOGRAMOS. APROBACIÓN DOS PREGOS DE PRESCRICIÓNS TÉCNICAS E DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS ASÍ COMO DO GASTO, ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO SIMPLIFICADO ABREVIADO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN. EXP. REF. 2026/C004/000041. Examinado o expediente de referencia e vistos: I.- Informe proposta do Servizo de Contratación e Patrimonio do 23 de novembro de 2026, co seguinte teor literal na parte expositiva: "ANTECEDENTES 1.- Prego de prescricións técnicas para a contratación de referencia asinado polo enxeñeiro municipal, Alberto Cardama Cid o 17 de novembro de 2026. 2.- Informe de necesidade e da repercusión na estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira asinado polo enxeñeiro municipal, Alberto Cardama Cid, o xefe do Servizo de Enxeñería mailo tenente de alcaldesa delegado da Área de Mobilidade e Obras do 20 de novembro de 2026. 3.- Mandamento contable da Tesourería Municipal do 23 de novembro de 2026, de consignación con cargo á aplicación orzamentaria 15300. 21000, por importe total de 30.218,85 euros (RC FUT 69368). 4.- Prego de cláusulas administrativas asinado polo xefe do Servizo de Contratación e Patrimonio o 23 de novembro de 2026. LEXISLACIÓN APLICABLE - Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Real Decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local (TRRL). - Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia (LALG). - Lei 9/2017 do 9 de novembro de 2017 de contratos do sector público (LCSP) 1 CONTRATACIÓN E PATRIMONIO PFPD/edl Ref: Decreto licitación sacos cemento gris Asunto: Contratación da subministración de sacos de cemento gris de 25 quilogramos. Exp. ref. 2026/C004/000041. - Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). - Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a lei 30/2007 do 30 de outubro de Contratos do Sector Público. - Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. - Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais (LPRL) e os seus regulamentos. - Real Decreto 39/97 do 17 de xaneiro sobre regulamentación dos servizos de Prevención. Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europea e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD). - Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais - Calquera outras disposicións legais vixentes que lles sexan de aplicación ás corporacións locais, así como toda a normativa e lexislación, relativos á protección de datos, que estea vixente ou entre en vigor durante a execución do contrato. CONSIDERACIÓNS XURÍDICAS Primeira.- Este contrato pode ser cualificado como un contrato de subministro

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.