Actos públicos informativos o de aperturas de ofertas

Otros Documentos Ver licitación
ACTO PÚBLICO DE APERTURA DAS PROPOSICIÓNS AVALIABLES A TRAVÉS DE FÓRMULA A sesión da Mesa de Contratación na que terá lugar o acto público de apertura das proposicións avaliables a través de fórmula do expediente para a contratación das obras de “Instalación dun pavimento deportivo area-elástico no pavillón polideportivo de Lavadores” (2583-441) comezará ás 10:30 horas do día 5 de novembro de 2026 en sesión virtual da Mesa de Contratación do Concello de Vigo a través da canle Cisco Webex Mettings. Aqueles/as interesados/as en asistir á sesión, deberán cumprimentar o escrito que se recolle a continuación, e presentalo asinado dixitalmente a través do Rexistro da sede electrónica do Concello de Vigo, cumprimentando no apartado correspondente do formulario o número de expediente do contrato, no seguinte enderezo web: versión galego: https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=ga versión castellano: https://sede.vigo.org/expedientes/usuarios/login.jsp?lang=cas Os escritos deberán enviarse con antelación suficiente para a planificación da correspondente videoconferencia, fixándose como data límite o día previo ao que terá lugar a sesión. No mesmo día da sesión recibirá un correo electrónico a través do cal poderá unirse á videoconferencia. Indícaselle que só poderá asistir ao acto público que indicou na súa comunicación, polo que a Secretaría da Mesa daralle paso no momento no que se trate o correspondente asunto. Está previsto que a sesión comece á hora indicada pero están incluídos máis asuntos, polo que se prega que estea pendente da recepción do correo electrónico a partir desa hora. Así mesmo, agradécese que se identifique ao acceder á sesión co seu nome e o da empresa que representa, de ser o caso. Guía rápida da aplicación: https://sede.vigo.org/nube/index.php/s/zr5bW8T6EYFZwkn COMUNICACIÓN DE ASISTENCIA Á SESIÓN DA MESA DE CONTRATACIÓN (ASISTENTE CON SINATURA DIXITAL) D./Dª. .......................................................... con DNI ......................., en representación de ............................................................ enterado/a da convocatoria da sesión virtual da Mesa de Contratación do Concello de Vigo que terá lugar o ................., segundo anuncio publicado no perfil de contratante, comunico que teño intención de asistir ao acto público da referida sesión ao/s punto/s da orde do día relativo/s ao/ expediente/s ............................. Para os efectos de que me inviten á sesión que terá lugar a través de videoconferencia, indico o seguinte correo electrónico ..................................... e teléfono ........................ (Sinatura electrónica) (ASISTENTE SEN SINATURA DIXITAL, ASINADO POR REPRESENTANTE E ACHEGANDO COPIA DO DNI) D./Dª. .......................................................... con DNI ......................., en representación de ............................................................ enterado/a da convocatoria da sesión virtual da Mesa de Contratación do Concello de Vigo que terá lugar o ................., segundo anuncio publicado no perfil de contratante, comunico que D/Dª. .......................................................... con DNI ....................... ten intención de asistir ao acto público da referida sesión ao/s punto/s da orde do día relativo/s ao/ expediente/s ............................. A invitación será enviada ao seguinte correo electrónico ..................................... (teléfono ........................)

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.