Mesa de contratación. Acta xustificación de baixas anormais

Otros Documentos Ver licitación
ÁREA DE GOBERNO DE CONCELLO SEGURIDADE, AREA DE CONTRATACIÓN E NOVOS PROXECTOS CONTRATACIÓN, FESTAS E DE VIGO XESTIÓN MUNICIPAL Expediente 19688 -306 A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión do 19 de novembro de 2026, realizou entre outras, as seguintes actuacións: 8.- Estudo e, no seu caso, aceptación dos informes sobre a valoración das xustificacións das ofertas anormalmente baixas a) Procedemento aberto para a contratación do subministro de vehículos para o servizo de Medio Ambiente e Cemiterios (19688-306) A secretaria pregunta aos membros da Mesa se teñen conflito de intereses cos licitadores admitidos. Ningún dos asistentes manifesta ter conflito de intereses con eles. A continuación lembra que o 5 de novembro de 2026, en cumprimento do acordado na sesión do mesmo día, iniciouse o procedemento previsto no artigo 149 da LCSP con STELLANTIS & YOU ESPAÑA, SAU. O licitador presentou documentación dentro do prazo concedido da que se deu traslado ao servizo xestor. O 13 de novembro de 2026 o xefe do Servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo e o xefe da Área de Servizos Xerais emitiron informe sobre a xustificación presentada no que conclúen “que se cumpren os requisitos establecidos no artigo 149 do LCSP para considerar xustificada a baixa da oferta presentada pola empresa STELLANTIS & YOU ESPAÑA, S.A.U. e polo tanto ser viable”. A Mesa, por unanimidade dos membros presentes, acepta o anterior informe e acorda propoñer ao órgano de contratación: • Aceptar a xustificación da baixa con valores anormais ou desproporcionados presentada por STELLANTIS & YOU ESPAÑA, SAU neste procedemento. O que publicamos para coñecemento xeral e demais efectos. O contido íntegro da acta da sesión da Mesa de Contratación da que se publica este extracto pode consultalo no seguinte enderezo WEB: https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/actasmesacontratacion.jsp? lang=gal A secretaria da Mesa de Contratación (sinatura dixital) 71:63:31 6202/11/91 ) ZEPÓL ZEDNÁNREF ALEGNÁ ( - NÓICATARTNOC ED OZIVRES OD AFEX :ROP ODANISA odanisa otnemucoD Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 19/11/2026 13:45 Páxina 1 de 1 19688-306 CSV: A6BH2E-DCAA45-EED5E1-CZ6VQH-SGXMDJ-FD Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv