Mesa de contratación. Aclaración a ofertas presentadas

Otros Documentos Ver licitación
ÁREA DE GOBERNO DE CONCELLO SEGURIDADE, AREA DE CONTRATACIÓN E NOVOS PROXECTOS CONTRATACIÓN, FESTAS E DE VIGO XESTIÓN MUNICIPAL Expediente 19688 -306 A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión do 26 de novembro de 2026, realizou entre outras, as seguintes actuacións: 9.- Entrega e, no seu caso, aceptación dos informes de valoración dos criterios avaliables mediante fórmula c) Procedemento aberto para a contratación do subministro de vehículos para o servizo de Medio Ambiente e Cemiterios (19688-306) A secretaria pregunta aos membros asistentes se teñen algún conflito de intereses cos licitadores admitidos. Ningún dos asistentes manifesta ter conflito de intereses con eles. A continuación entrégase o informe asinado polo xefe do servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo e o enxeñeiro de camiños, canais e portos o 23 de novembro de 2026 de valoración do sobre C “proposición avaliable mediante fórmula” coa proposta de clasificación que é aceptado por unanimidade dos/as membros presentes e que será publicado no perfil do contratante. En base ao devandito informe, a Mesa de Contratación acorda, por unanimidade dos/as membros presentes, outorgar un prazo de tres días naturais a BAYSAN QUALITY PRO, SL para que aclare o seguinte: ➢ A licitadora, no seu modelo de proposición oferta un incremento das categorías de seguridade de catro estrelas e/ou gold do sistema Euro-NCAP ou semellantes, esixidas como mínimas no PPTP (punto 5 do modelo). Como se indica no informe de valoración dos criterios avaliables mediante fórmula, “Isto implica que os vehículos a subministrar por BAYSAN QUALITY PRO, S.L., en caso de resultar adxudicataria, deben ter unha categoría de seguridade de 5 ESTRELAS e/ou categoría de seguridade PLATINUM do sistema Euro-NCAP e que supera, por tanto, categoría de 4 estrelas e/ou categoría gold esixidas como mínimas no PPTP deste contrato.” No entanto, e sen estar esixido no PCAP do procedemento, a licitadora achega documentación das características técnicas dun vehículo Citroën Jumpy Furgón M Diesel 150cv Manual no que se sinala que o mesmo ten a categoría de seguridade catro estrelas e/ou Gold do sistema EuroNcap. Tendo en conta o anterior, existe unha contradición entre o indicado no modelo de proposición (que tal e como establece a cláusula 1.2 do PCAP ten carácter contractual sendo de obrigado cumprimento) e as características do vehículo sinalado na documentación técnica achegada polo que sería necesario que a licitadora aclarase se este vehículo é o que subministrarían en caso de resultar adxudicataria xa que, de ser así, estarían incumprindo o ofertado no modelo de proposición e, polo tanto, non poderían executar o contrato nos termos da oferta presentada. 70:82:41 6202/11/62 ) OGELLAG OLETOS SEROLOD AÍRAM ( - LAREX NOICARTSINIMDA ED ACINCÉT :ROP ODANISA odanisa otnemucoD Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 26/11/2026 14:42 Páxina 1 de 2 19688-306 CSV: A6B324-D7E5C9-8HCF21-3PJB4Q-BB4M7J-FD Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.