Mesa de Contratación. Incio de procemento para a xustificación de ofertas con valores anormais

Otros Documentos Ver licitación
ÁREA DE GOBERNO DE CONCELLO SEGURIDADE, AREA DE CONTRATACIÓN E NOVOS PROXECTOS CONTRATACIÓN, FESTAS E DE VIGO XESTIÓN MUNICIPAL Expediente 19688 -306 A Mesa de Contratación do Concello de Vigo, na súa sesión do 5 de novembro de 2026, realizou entre outras, as seguintes actuacións: 7.- Dar conta da existencia de ofertas anormalmente baixas a) Procedemento aberto para a contratación do subministro de vehículos para o servizo de Medio Ambiente e Cemiterios (19688-306) A secretaria pregunta aos membros da Mesa se teñen conflito de intereses cos licitadores admitidos. Ningún dos asistentes manifesta ter conflito de intereses con eles. Entrégase o informe asinado polo xefe do servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo do 30 de outubro de 2026, sobre as ofertas incursas en presunción de anormalidade. Á vista deste informe, a Mesa de Contratación, acorda por unanimidade dos/as membros presentes, aceptar o informe e iniciar o procedemento previsto no artigo 149 da LCSP con STELLANTIS & YOU ESPAÑA, SAU por canto a súa oferta está incursa en presunción de anormalidade, concedéndolle un prazo de tres días hábiles para xustificar a súa oferta. O que publicamos para coñecemento xeral e demais efectos. O contido íntegro da acta da sesión da Mesa de Contratación da que se publica este extracto pode consultalo no seguinte enderezo WEB: https://sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante/actasmesacontratacion.jsp?lang=gal A secretaria da Mesa de Contratación (sinatura dixital) 83:23:31 6202/11/50 ) OGELLAG OLETOS SEROLOD AÍRAM ( - LAREX NOICARTSINIMDA ED ACINCÉT :ROP ODANISA odanisa otnemucoD Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 05/11/2026 13:37 Páxina 1 de 1 19688-306 CSV: ACB625-E74428-D8DEC7-G2MHGX-X8KYB2-FD Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv