Documento de aprobación del expediente

Otros Documentos Ver licitación
CONCELLO DE VIGO Secretaría de Goberno Local Dª. PATRICIA RODRIGUEZ CALVIÑO, CONCELLEIRA-SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO CONCELLO DE VIGO C E R T I F I C O: Que a Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 2 de outubro de 2026, adoptou o seguinte acordo: 8.- EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DO SUBMINISTRO DE VEHÍCULOS PARA O SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE E CEMITERIOS. EXPTE. 19688/306. Visto o informe xurídico de data 21/09/2026 e o informe de fiscalización do 22/09/2026, sométese a aprobación o informe-proposta do 16/09/2026, asinado polo xefe do Servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo e o enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos e conformado pola concelleira-delegada, a concelleira da Área de Goberno e polo concelleiro da Área de Goberno de Orzamentos e Facenda, que di o seguinte: I.- Antecedentes de feito Tralo o informe xustificativo asinado polo xefe do Servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo e polo enxeñeiro municipal de Camiños, Canles e Portos da Área de Servizos Xerais, a terceira tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Goberno de Fondos Europeos, Medio Ambiente, Educación e Normalización Lingüística, ao abeiro do establecido no artigo 116.1., Disposición adicional segunda, apartado 4, da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014 (en adiante, LCSP), acordo de delegación de competencia da Xunta de Goberno Local de 07/11/2025 (BOPPO, 12/11/2025), resolveu o 24/08/2026, iniciar o procedemento administrativo para a contratación do subministro, na modalidade de adquisición, de dúas unidades de vehículo furgón novo de menos de 3.500 kg para os Servizos de Medio Ambiente e Cemiterios da Área de Medio Ambiente do Concello de Vigo, e ordenar a redacción e incorporación ao expediente dos documentos que sinala o artigo 116 da LCSP e demais que legalmente proceda de conformidade coa citada norma (expte. 19688/306). A memoria económica do contrato foi redactada polo xefe do Servizo de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo e polo enxeñeiro municipal de Camiños, Canles e Portos da Área de Servizos Xerais e conformado pola concelleira delegada de Medio Ambiente, concelleiro delegado da dita Área e polo concelleiro delegado da Área de Orzamentos e Facenda, sendo asinada dixitalmente o 25/08/2026. A técnica de contabilidade emitiu: - Documento contable RC núm. 12026000095432, o 26/08/2026, por importe de 37.647,26 €, con cargo á aplicación orzamentaria 1721.624.00.00, proxecto 26172110, Adquisición vehículo furgoneta Medio Ambiente do orzamento de 2026. AICIRTAP ( - LACOL ONREBOG ED ATNUX AD AIRATERCES-ARIELLECNOC | 75:75:90 6202/01/20 ) ZAÍD ODIROBAS NEMRAC LED RALIP ( - LAPICINUM NÓICARTSINIMDA ED AIRATERCES :ROP ODANISA odanisa otnemucoD 63:54:12 6202/01/20 ) ZERAVLÁ ORELLABAC NÓMAR LEBA ( - EDLACLA | 02:71:01 6202/01/20 ) OÑIVLAC ZEUGÍRDOR Copia do documento - Concello de Vigo Data impresión: 05/10/2026 Páxina 1 de 5 19688-306 CSV: A2B726-3EE7D6-8AAB55-V6142U- Pode validar e/ou obter copia electrónica do documento utilizando o código QR da esquerda ou o código de verificación na dirección http://www.vigo.org/csv

Sigue leyendo el documento completo

Crea una cuenta gratuita para leer el resto del texto y consultar el PDF original.